Plack
½ plack de Xacobe VI (1567-1625) | |
---|---|
· IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM ·; o rei con armadura e de a cabalo. | · SPERO · MELIORA ·, escudo coroado. |
½ plack. BI. 17 mm. 0,63 g. [1] |
O plack (inglés: plack; gaélico escocés: plang), foi unha moeda escocesa de billón introducida por Xacobe III de Escocia (1460-1488), inicialmente cun valor de 4 peniques escoceses (1/60 da libra escocesa).[2][3][4]
O seu nome deriva do dunha moeda miúda francesa, a plaque[5], chamada así por estar cuñada nunha fina placa de metal.[2][6]
Historia
[editar | editar a fonte]O creador do plack dentro do sistema monetario do Reino de Escocia foi Xacobe III.[2][3][4] Tratábase dunha moeda de billón con valor de 4 peniques, cun peso de 31,41 grans (2,03 gramos) e unha lei da aliaxe de 500/1000, cuñada na casa de moeda de Edimburgo.[7]
Continuaron coa emisión desta moeda Xacobe IV (1488-1513) e Xacobe V (1513-1542), quen baixou o contido en prata ata unha lei de 250/1000, aínda que mantendo o mesmo peso e o mesmo valor.[8][9]
Baixo María Estuardo (1542-1567) rebaixouse o seu peso a 29,44 grans e a lei a 83/1000, conservando o valor de 4 peniques.[10]
En tempos de Xacobe VI (1567-1625) cuñouse entre os anos 1583 e 1590 cunha lei de 250/1000 e subíuselle o valor ata os 8 peniques.[11] No entanto, en 1594 foi substituído polo coñecido como saltire plack ("plack do sautor"), chamado así pola cruz de Santo André do seu anverso, cun peso similar, unha lei novamente abaixada a 83/1000 e o valor inicial de catro peniques.[12][13][14]
Xacobe VI cuñou tamén o valor de medio plack.[14][15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1 Rider - James VI 7th coinage". Numista.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Plack". En Frey, A. R. (1916). Páxina 184.
- ↑ 3,0 3,1 "Plack". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 395.
- ↑ 4,0 4,1 "Plack". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd.
- ↑ "Plaque de Tournai". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 397.
- ↑ Klütz, K. (2004).
- ↑ "1 Plack - James III". Numista.
- ↑ "1 Plack - James IV". Numista.
- ↑ "1 Plack - James V". Numista.
- ↑ "1 Plack - Mary I". Numista.
- ↑ "1 Plack - James VI". Numista.
- ↑ "Fourpenny Plack - James VI". Numista.
- ↑ "Coin (Obverse), saltire plack, from reign of James VI". National Museums Scotland.
- ↑ 14,0 14,1 Murray, J. K. R. (1972).
- ↑ "½ Plack - James VI". Numista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7
- Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo.
- Clarke, J. (1980). "Some Placks and Base Groats of James III of Scotland" (con M. R. Cowell). En Metcalf, D. M.; Oddy, W. A. (eds). Metallurgy in Numismatics I. Royal Numismatic Society. Páxinas 180-183. ISBN 9780901405142
- De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol.
- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50.
- Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1]
- Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7
- Holmes, N. (2006). Sylloge of Coins of the British Isles. 58. Scottish Coins in the National Museum of Scotland, Edinburg. Part I. Oxford University Press. ISBN 0-19-726328-3
- Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8
- Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd.
- Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Roma. Istituto italiano di numismatica.
- Murray, J. K. R. (1972). "The Billon Coinages of James VI of Scotland". En The Nimismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 12. Páxinas 177-182.
- Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646
- Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.