[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Coroa (ornamento)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico.

A coroa para ornamento da cabeza considerouse en todas as épocas como distintivo da autoridade real e nalgunhas das súas formas, como premio ou condecoración debida a méritos moi singulares.

  • A coroa radiante ou con puntas no bordo superior foi entre os romanos un atributo dos deuses e dos emperadores a quen se tributaron honores divinos.
  • A coroa triunfal ou de loureiro, xa natural, xa metálica, dábase polos romanos aos xenerais vitoriosos
  • A coroa cívica ou de rama de carballo concedíase en Roma aos cidadáns beneméritos.
  • A coroa obsidional ou gramínea (de grama) serviu para os valentes que obrigaran ao inimigo a levantar o cerco dalgunha praza.

Os emperadores romanos aparecen frecuentemente figurados nas moedas levando coroa triunfal e, ás veces, coroa radiante. Logo de Constantino I, e no Imperio bizantino, adoitan levar diadema pero algúns destes últimos adoptan a tiara persa modificada.

Coroa de Ferro.

Os Reis de Occidente, na Idade Media, utilizaban coroas en forma de aro cilíndrico de ouro, adornado con pedrería e, ás veces, con pendurantes; desde o século IX ao XIII adoitan montarse sobre o aro uns floróns ou puntas con bólas e desde o século XIII estréitase o aro e convértense os floróns en trifolios, o cal é moi común nos dous séculos seguintes. Desde o século XVI fíxase a distinción entre coroas de reié, príncipes e nobres. A coroa europea máis antiga aínda existente é a Coroa de Ferro do século VII.

Durante toda a Idade Media, as coroas heráldicas, moi variadas consideráronse un simple elemento decorativo. Durante o século XIV aínda adornaban a miúdo o casco e non tiñan carácter nobiliario. As primeiras coroas dos reis de Francia deriváronse destas. No século XV apareceu o costume de pechar as coroas con arcos, pero non foi apenas nos séculos XVII e XVIII cando os autores heráldicos comezaron a codificar as coroas nobiliarias, cuxa xerarquía e aspecto variaban dun país a outro. Algunhas coroas honoríficas podíanse colocar sobre o casco ou remate do escudo.Por exemplo, a circunferencia da coroa de valas é un valado de estacas, mentres que a coroa mural, que data de Napoleón Bonaparte, representa cidades, reminiscencia da Antigüidade. Segundo a importancia da cidade, ten tres, catro ou cinco torres. A heráldica urbana contemporánea utiliza a coroa naval e a de aviación para timbrar os escudos de armas das cidades dotadas de aeroporto ou porto naval.

Clases de coroas (heráldica española)

[editar | editar a fonte]
Tiara (ou tripla coroa)
Coroa do Sacro Imperio Coroa do Sacro Imperio
Antiga representación heráldica
Coroa do Sacro Imperio
Moderna representación heráldica
Coroa imperial
Imperio austríaco
Coroa imperial
Imperio Alemán
Coroa de Santo Estevo
(Hungría)
Coroa de San Venceslau
(Bohemia)
Soberano
Rey, Gran Duque ou Príncipe
Coroa real de Prusia Coroa real de Baviera
Birrete de Arquiduque
(Antiga)
Birrete de Arquiduque
(Moderna)
Birrete Electoral
(Primitiva)
Birrete Electoral
(Antiga)
Birrete Electoral
e Ducal
(Moderna)
Birrete Ducal de Estiria Coroa Ducal Birrete de Príncipe Coroa de Príncipe Coroa de Landgrave
(con forro)
Coroa de Landgrave
(sen forro)
Coroa dos Príncipes Mediatizados Coroa de Conde
(Antiga)
Coroa de Conde
(Moderna)
Coroa de Barón Freiherr
Coroa de Barón
(Antiga)
Coroa de Nobreza
(Antiga)
Coroa de Nobreza
(Moderna)
Coroa mural Coroa naval
Real Príncipe Duque Marqués
Conde Vizconde Barón Cabaleiro
Príncipe (Antiga) Conde (Primeira) Conde (Antiga) Barón (Antiga)
Real Príncipe herdeiro Príncipe Marqués Coroa de Nobreza

Reino de Francia

[editar | editar a fonte]
Real Delfín Fillo de Francia
(Fillos do rei ou do Delfín)
Príncipe de Sangue
Duque e
Par de Francia
Marqués e
Par de Francia
Vizconde e
Par de Francia
Conde e
Par de Francia
Duque Marqués Vizconde Conde Conde (Antiga)
Vidame Barón Caballero (Banneret) Burlete de cabaleiro
Emperador Príncipe
Soberano
Príncipe Duque Conde Barón Cabaleiro Birrete
de Honor

Reino de Italia (1861 - 1946)

[editar | editar a fonte]
Real Príncipe herdeiro Príncipe de
Savoia-Aosta
Príncipe de
Savoia-Xénova
Príncipe
(Familia Real)
Duque Marqués Conde
Vizconde Barón Nobre Cabaleiro
(con título hereditario)
Patricio Provincia Cidade Municipio

Estados Italianos antes de 1861

[editar | editar a fonte]
Coroa de Ferro Gran Duque de Toscana Dogo de Venecia San Marino
Real Príncipe Duque Marqués Conde
Vizconde Burggraaf Barón Caballero Ridder Coroa de Nobreza Príncipe (Antiga)
Real Real
(Escudo do monarca)
Príncipe Herdeiro Conde Barón Coroa de Nobreza
Coroa de San Eduardo Coroa do Estado Imperial Coroa de Escocia Príncipe Herdeiro
Príncipe
(Fillos do Monarca)
Príncipe
(Fillos do Herdeiro)
Príncipe
(Netos do Monarca)
Duque
Marqués Conde Vizconde Barón
Imperial Príncipe Conde Barón Coroa de Nobreza
Real Príncipe Herdeiro Duque Conde Barón Nobreza Coroa mural

Supranacionais

[editar | editar a fonte]
Coroa astral Coroa castrense Coroa celestial Coroa mural Coroa naval Coroa oriental

Outras coroas

[editar | editar a fonte]
Gran Coroa
da Vitoria
(Siam/Tailandia)
Coroa Imperial
de Qajar
(Irán)
Coroa Imperial Pahlavi
(Irán)
Coroa Férrea
Coroa de Aceiro
(Romanía)
Réplica da Coroa do rei Boleslao I
(Polonia)
Coroa do
Gran Principado de Transilvania
Coroa de Esteban Bocskay
(Transilvania)
Artigo principal: Coroa exipcia.
Coroa Branca
Hedyet
Coroa Vermella
Desheret
Coroa Dobre
Sejemty
Coroa Atef

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]