[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Periclasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Periclasa
Fórmula químicaMgO
Clase4.AB.25 (Strunz)
Sistema cristalinoCúbico
CorIncoloro, verde, branco gris, amarelo, amarelo parduzco
Brillotransparente, translucido
Dureza6
Exfoliacióngranular
RaiaBranca
Densidade3,79 g/cm3

A periclasa[1] ou periclasio[2] un mineral da clase 04 (óxidos), segundo a clasificación de Strunz; é unha forma natural do óxido de magnesio (MgO). Antigamente denominada magnesia.[3][4]

Foi descuberto en 1840.[4]

A magnesia da rexión de Magnesia en Tesalia contiña tanto óxido de magnesio como carbonato de magnesio hidratado, así como óxido de ferro (como a magnetita). Así as chamadas na antigüidade pedras de Magnesia, coas súas propiedades magnéticas, foron as que deron nome ao magnetismo. Trituradas son un po branco, lixeiro, pouco soluble na auga, inodoro, con lixeiro sabor alcalino, usado en medicina como antiácido. Tamén pode ser utilizado contra o estrinximento.

Formación e xacementos

[editar | editar a fonte]

A periclasa fórmase normalmente en mármore como produto do metamorfismo de rocas sedimentarias dolomíticas. Fórmase por alteración da brucita baixo certas condicións ambientais preto da superficie do terreo. Entre os xacementos deste mineral podemos destacar o que hai na provincia de León, en España.

  1. Dicionario Digalego periclasa Arquivado 16 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
  2. BUSCatermos periclasio Proposta do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
  3. "Ministerio de Educación y Ciencia - Minerales". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 02 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Mindat.org

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]