[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Passer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O xénero Passer é un dos máis estendidos e coñecidos entre os das aves da orde dos paseriformes (Passerifomes), ós que lles dá o nome.

A palabra latina Passer é tamén a orixe do termo galego "paxaro" co que se coñecen, en xeral, todas as aves de pequeno tamaño. O nome común galego para os membros do xénero Passer (e outros afíns) é o de pardal contra ao sur e gorrión no resto [1].

Aínda que orixinarias das zonas despexadas das rexións temperado cálidas de África, o Mediterráneo e o sur de Asia, moitas das súas especies convertéronse en animais tipicamente urbanos, colonizando gran parte das zonas habitadas do mundo. A especie máis común, Passer domesticus, é practicamente cosmopolita; crese que este pardal foi a primeira ave que colonizou o medio urbano en Mesopotamia, desde onde se expandiu á mesma velocidade que a do establecemento de novas cidades. Este proceso fíxose na maioría dos casos de forma allea á vontade humana, pero en tempos recentes introducíronse exemplares de forma deliberada nalgunhas zonas da África subsahariana, América e Australia.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase de aves de pequeno tamaño, de entre 10 e 20 cm de envergadura, gregarios, de coloracións de tons apagados (xeralmente pardos ou grises), que poden estar acompañados por manchas de cor negra, branca ou amarela. Moi afectos a vivir a expensas do ser humano, practicamente é posíbel encontralos en calquera parte do mundo, sempre próximos ao ser humano.[3]

A súa alimentación é fundamentalmente granívora, aínda que tamén consomen insectos e outros pequenos invertebrados, especialmente durante a época de cría, en primavera. Nas áreas urbanas devoran as migallas e outros pequenos restos de comida abandonados polos viandantes.[4]

Debido á súa proximidade ao ser humano, esta pequena ave encóntrase protexida de depredadores, coas excepción dos gatos domésticos e algunhas aves de presa de pouco talle.

Os machos son máis grandes e robustos que as femias, e están dotados dunha plumaxe cun apincarado máis elaborado; por exemplo, estes caracterízanse por teren a barbela e o bico escuro, mentres que as femias carecen da guedella negra e son máis agrisadas.

Durante a época de cría forman parellas que incuban de forma conxunta unha posta de até 8 ovos durante unhas dúas semanas. Tamén se ocupan ambos os pais de criar aos polos durante un período de 14 a 24 días, normalmente até que as crías aprenden a voar.

Passer montanus.
Passer hispaniolensis.

A continuación relaciónanse as especies recoñecidas polo Handbook of the Birds of the World,[5] excepto o pardal de Abd al Kuri, cuxa separación do pardal da Socotora foi recoñecida pola BirdLife International en 2010.[6] Ademais destas especies viventes, coñécense algúns fósiles cuestionábeis do mioceno temperán,[7] e a especie fósil do plistoceno medio Passer predomesticus.

  1. "Atlas lingüístico galego". 
  2. Summers-Smith, J. D. (1990): "Changes in distribution and habitat utilisation by members of the genus Passer". In Pinowski, J. e Summers-Smith, J. D. Granivorous birds in the agricultural landscape. Warszawa: Pánstwowe Wydawnictom Naukowe. ISBN 83-01-08460-X, pp. 11–29.
  3. Clement, Peter; Harris, Alan e Davis, John (1993): Finches and Sparrows: an Identification Guide. Princeton, New Jersey (USA): Princeton University Press. ISBN 0-691-03424-9.
  4. Summers-Smith, J. Denis (2009): "Family Passeridae (Old World Sparrows)". In del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Christie, David. Handbook of the Birds of the World. Volume 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-50-7, pp. 253–255.
  5. del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Christie, David (2009): "Family Passeridae (Old World Sparrows" in Handbook of the Birds of the World. Volume 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. J. Denis, Summers-Smith (ed.). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-50-7
  6. BirdLife International (2010): "Species factsheet: Passer hemileucus". [1] Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
  7. Mlíkovský, Jiří (2002): Cenozoic Birds of the World, Part 1: Europe. PDF.
  8. A maioría dos nomes vulgares son adaptacións dos nomes en castelán, inglés e/ou francés.-

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bledsoe, A. H. e Payne, R. B. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. (Forshaw, J. ed.) Londres: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0.
  • Summers-Smith, J. Denis (2009): "Family Passeridae (Old World Sparrows)". In del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Christie, David. Handbook of the Birds of the World. Volume 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-50-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]