Pangrama
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Pangrama, ou pantograma, (do grego, pan ou pantós = todos, + grama = letra) é unha frase con sentido en que son usadas todas as letras do alfabeto dunha lingua determinada.
Orixe
[editar | editar a fonte]Os pangramas xurdiron coa tipografía por seren un medio rápido de avaliar o efecto visual dunha fonte e unha forma de exercicio para novatos no oficio.
Un pangrama eficiente debe usar todas as letras do alfabeto co mínimo de palabras. Obviamente, as letras pódense repetir. A creación de pangramas pode ser un pasatempo divertido, que demanda creatividade e coñecemento da lingua.
Exemplos de pangramas
[editar | editar a fonte]- Aqueles chimpancés xogan outra vez coa fabada no baño. (45 letras)
- O verdugo do bolxevique tomou pasta, unha noz e café. (42 letras)
- Fíxate, o mesquiño bacharel pide vinganza. (35 letras)
Noutros idiomas
[editar | editar a fonte]- En inglés: The quick brown fox jumps over the lazy dog.
- En castelán: El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi.
- En portugués: Juiz faz com que whisky de malte baixe logo preço de venda.
- En francés: Portez ce vieux whisky au juge blond qui fume.
- En alemán: Zwölf Boxkämpfer jagen Viktor quer über den großen Sylter Deich.
- En catalán: Jove xef, porti whisky amb quinze glaçons d'hidrogen, coi!