Pachyrhinosaurus
Pachyrhinosaurus Rango fósil: Cretáceo superior | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P. perotorum montado no Museo Perot. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Pachyrhinosaurus canadensis Sternberg, 1950 | |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
P. canadensis Sternberg, 1950 |
Pachyrhinosaurus (que quere dicir en grego "lagarto de nariz groso"; de Παχυ (pachy), groso; ρινό (rinó), nariz; e σαυρος (sauros), lagarto)[1] é un xénero extinto de dinosauros da familia Ceratopsidae que viviron a finais do período Cretáceo superior en América do Norte. Os primeiros restos foron descubertos por Charles M. Sternberg en Alberta, Canadá, en 1946, e foi nomeado en 1950. Arredor dunha ducia de cabeiras parciais e unha gran variedades doutros fósiles foron atopados en Alberta e Alasca. Un gran número deles non estiveron dispoñibles para o seu estudo até a década de 1980, o que provocou un aumento no interese en Pachyrhinosaurus.