Patrice Lumumba
Patrice Émery Lumumba (2 de xullo de 1925 - 17 de xaneiro de 1961) foi un líder anticolonial e o primeiro ministro elixido en xuño de 1960 na actual República Democrática do Congo despois de axudar a conquistar a independencia do Congo Belga en relación á Bélxica.
O día en que foi concedida a independencia ao Congo, o rei Balduíno de Bélxica dixo "Cómpre agora aos señores cabaleiros nos mostrar que son dignos da nosa confianza" cun ton irónico. Patrice Lumumba respondeu. Dixo que a independencia política non era suficiente para liberar a África de seu pasado colonial, era preciso tamén que África deixase de ser controlada economicamente por Europa. Iso causou gran alarma nas potencias Occidentais. Grandes empresas americanas e belgas tiñan grandes investimentos no Congo, que era rico en moitos minerais preciosos. O peor é que non había nada que o puidese comprar. Lumumba non encontrou apoio no Occidente e así recorreu á Unión Soviética.
Pasadas só dez semanas da súa elección foi deposto xuntamente co seu goberno nun golpe de estado sendo aprisionado e asasinado en xaneiro de 1961.