Susan Haack
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1945 (79 anos) Inglaterra, Reino Unido |
Educación | Universidade de Cambridge |
Actividade | |
Campo de traballo | Lóxica |
Ocupación | filósofa, profesora universitaria, filósofo da linguaxe |
Empregador | Universidade de Warwick Universidade de Miami |
Influencias | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Susan Haack, nada en 1945 en Inglaterra, é unha profesora de filosofía e dereito na Universidade de Miami nos Estados Unidos. Escribiu obras en diferentes eidos filosóficos, incluíndo lóxica, filosofía da linguaxe, epistemoloxía e metafísica. O seu pragmatismo despréndese do de Charles Sanders Peirce.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Susan Haack graduouse na Universidade de Oxford e a Universidade de Cambridge. En Oxford, estudou no Colexio St. Hilda's, onde a súa mestra de filosofía primeiro foi Jean Austin, viúva de J. L. Austin. Tamén estudou a Platón con Gilbert Ryle e lóxica con Michael Dummett. David Pears supervisou o seu traballo para obter un B. Phil. sobre a ambigüidade. En Cambridge, escribiu o seu doutoramento baixo a supervisión de Timothy Smiley. Ela ocupou os cargos de membro do New Hall, Cambridge e profesora de filosofía na Universidade de Warwick antes de asumir o seu posto actual na Universidade de Miami.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Susan Haack (en inglés) na páxina da Universidade de Miami.
- Entrevista a Susan Haack (en inglés)