Stevie Ray Vaughan
(1983, Ritz (en) ) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1954 Dallas, Estados Unidos de América |
Morte | 27 de agosto de 1990 (35 anos) East Troy, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación |
Lugar de sepultura | Laurel Land Memorial Park (en) |
Educación | Justin F. Kimball High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantautor, compositor |
Período de actividade | 1965 - 1990 |
Membro de | |
Xénero artístico | Blues, Blues rock, Funk e música rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Epic Records |
Familia | |
Irmáns | Jimmie Vaughan |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | srvofficial.com |
Stephen Ray Vaughan, nado o 3 de outubro de 1954 e finado o 27 de agosto de 1990) foi un guitarrista estadounidense, cantante, compositor, e produtor de música. A pesar da súa curta carreira de apenas sete anos, foi un dos guitarristas máis influentes no rexurdimento do blues nos anos 80.[1]
Nado e criado en Dallas, Vaughan comezou a tocar a guitarra con sete anos, inspirado polo seu irmán máis vello, Jimmie. En 1971 deixou o instituto e o ano seguinte mudouse a Austin. Tocou con numerosas bandas, e gañou un oco na banda de Marc Benno, The Nightcrawlers, e máis tarde con Denny Freeman en The Cobras, con quen continuou traballando ata finais de 1977. Entón formou o seu grupo propio, Triple Threat Revue, antes de rebautizar a banda como Double Trouble despois de contratar ao batería Chris Layton e ao baixista Tommy Shannon. A fama chegoulle tras actuar no Festival de jazz de Montreux en 1982, e en 1983 o seu álbum de debut, Texas Flood, posicionouse no número 38 nas listas de vendas. Composto por dez cancións, o álbum foi un éxito comercial que vendeu máis de medio millón de copias. Despois de rehabilitarse das súas adiccións a finais de 1986, encabezou xiras de concertos con Jeff Beck en 1989 e Joe Cocker en 1990, antes de morrer nun accidente de helicóptero o 27 de agosto de 1990, á idade de 35 anos.
Vaughan foi inspirado musicalmente polo blues rock americano e británico. Preferiu amplificadores limpos con volume alto e contribuíu á popularidade do equipamento musical clásico. A miúdo combinou varios amplificadores diferentes xuntos e utilizou poucos pedais de efectos. Chris Gill de Guitar World comentou: "O son de guitarra de Stevie era tan seco coma un verán de San Antonio e tan brillante como unha debutante en Dallas, o produto do son natural de amplificadores con amplo espazo libre. Con todo, Vaughan utilizou ocasionalmente pedais para aumentar o seu son, principalmente para potenciar o sinal, a pesar de que ás veces empregou un altofalante Leslie e pedais wah para engadir un toque de estilo".[2]
Vaughan recibiu varios premios de música durante a súa vida e de xeito póstumo. En 1983, os lectores de Guitar Player votárono como o Mellor novo talento e como Mellor guitarrista de blues eléctrico.En 1984, a Blues Foundation nomeouno Artista do ano e Instrumentista de blues do ano, e en 1987, a revista Performance Magazine deulle o premio á Actuación de rythm and blues do ano. Gañou seis Premios Grammy e dez Premios da Música de Austin, e entrou, despois da súa morte, no Salón da Fama do Blues, no ano 2000, e no Salón e Museo da Fama de Músicos no 2014. Rolling Stone clasificou a Vaughan no duodécimo posto de guitarristas máis grandes de todos os tempos.[3] En 2015, Vaughan e Double Trouble entraron no Salón da Fama do Rock.[4][5]
Familia e primeiros anos
[editar | editar a fonte]O pai de Steve, Jim Vaughan, tamén coñecido como Big Jim, abandonou a escola aos dezaseis anos e ingresou na Armada dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial. Despois de ser despedido, casou con Martha Cook o 13 de xaneiro de 1950.[6] Stephen Ray Vaughan naceu o 3 de outubro de 1954 en Dallas, Texas. Era tres anos e medio máis novo que o seu irmán Jimmie (nado en 1951). Big Jim conseguiu un traballo como traballador do amianto, unha ocupación que implicaba un duro esforzo manual. A familia mudouse con frecuencia, vivindo en varios estados como Arkansas, Luisiana, Mississippi e Oklahoma antes de pasar á sección de Oak Cliff en Dallas. Neno tímido e inseguro, a Vaughan afectáronlle profundamente as experiencias da súa infancia. O seu pai loitou contra o alcoholismo e aterrorizaba frecuentemente á súa familia e amigos por culpa do seu forte carácter. En anos posteriores, Vaughan recordou que fora vítima da violencia do seu pai.[7] O seu pai morreu o 27 de agosto de 1986, exactamente catro anos antes da morte de Vaughan.[8]
Primeiros instrumentos
[editar | editar a fonte]A principios da década de 1960, a admiración de Vaughan polo seu irmán Jimmie levouno a probar diferentes instrumentos como a batería e o saxofón.[9] En 1961, como regalo do seu sétimo aniversario, Vaughan recibiu a súa primeira guitarra, un xoguete de Sears.[10] Aprendendo de oído, apaixonouse el mesmo, tocando temas de The Nightcaps, particularmente "Wine, Wine, Wine" e "Thunderbird".[11] Escoitou artistas de blues como Albert King, Otis Rush, e Muddy Waters, e guitarristas de rock como Jimi Hendrix e Lonnie Mack, así como guitarristas de jazz, entre eles Kenny Burrell.[12] En 1963, adquiriu a súa primeira guitarra eléctrica, unha Gibson ES-125T, cunha pastilla de seu irmán Jimmie.[13]
Pouco despois de adquirir a guitarra eléctrica, Vaughan uniuse á súa primeira banda, The Chantons, en 1965.[14] A seu primeira actuación foi nun concerto de talentos realizado no Hill Theater de Dallas, pero despois de darse conta de que non podían tocar unha canción de Jimmy Reed na súa totalidade, Vaughan deixou a banda e uniuse a Brooklyn Underground, tocando profesionalmente en bares e clubs locais.[14] Recibiu unha Fender Telecaster de Jimmie, que máis tarde intercambiou por unha Epiphone Riviera.[15] Cando Jimmie marchou da casa aos dezaseis anos, a aparente obsesión de Vaughan co instrumento ocasionou unha falta de apoio dos seus pais.[16] Ruín na casa, tomou un emprego nunha hamburguesería local, onde lavaba pratos e tiraba o lixo por setenta centavos á hora. Logo de caer nun barril de graxa, fartouse do traballo e deixouno para dedicar a súa vida á carreira musical.[17]
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Os inicios
[editar | editar a fonte]En maio de 1969, despois de deixar Brooklyn Underground, Vaughan uniuse a unha banda chamada Southern Distributor.[18] Aprendera "Jeff's Boogie" de The Yardbirds e tocouna na audición. Mike Steinbach, o batería do grupo, comentou: "O neno tiña catorce anos. Probámolo con "Jeff Boogie", cunha guitarra instrumental moi rápida e tocouna nota por nota".[19] Aínda que interpretaban versións de pop rock, Vaughan transmitiu o seu interese por engadir cancións de blues ao repertorio do grupo, pero dixéronlle que non se gañaría a vida tocando blues e a banda desfíxose.[20] Máis tarde ese ano, o baixista Tommy Shannon entrou nun club de Dallas e escoitou a Vaughan tocar a guitarra. Fascinado pola súa técnica, que describiu como "incrible xa daquela", Shannon colleu un baixo e os dous comezaron a improvisar.[21] Nuns poucos anos comezarían a tocar xuntos nunha banda chamada Krackerjack.[22]
En febreiro de 1970, Vaughan uniuse a unha banda chamada Liberation, que era un grupo de nove, cunha sección de vento. Despois de pasar o último mes tocando o baixo con Jimmie en Texas Storm, inicialmente realizou a audición para baixista. Impresionado pola guitarra de Vaughan, Scott Phares, o guitarrista orixinal do grupo, converteuse modestamente no baixista.[23] A mediados da década de 1970, actuaron no Hotel Adolphus no centro de Dallas, onde ZZ Top lles pediu que actuasen. Durante a pausa de Liberación, Vaughan improvisou con ZZ Top a canción de The Nightcaps "Thunderbird". Máis tarde, Phares describiu así: "Tiraron a casa abaixo, foi incrible, foi unha desas noites máxicas, Stevie encaixou como unha luva".[24]
Asistindo ao Justin F. Kimball High School a principios dos anos 70, os concertos nocturnos de Vaughan contribuíron ao seu descoido dos seus estudos, incluíndo a teoría musical. Adoitaba durmir durante as clases.[25] A súa carreira musical profesional foi desaprobada por moitos dos administradores da escola, pero moitas persoas tamén o animaron a loitar pola súa carreira artística, incluíndo o seu mestre de arte. No seu segundo ano, asistiu a clases nocturnas de arte experimental na Southern Methodist University, pero deixouno cando entrou en conflito cos ensaios.[26]
Primeiras gravacións
[editar | editar a fonte]En setembro de 1970, Vaughan fixo as súas primeiras gravacións de estudo co grupo Cast of Thousands, no que estaba o futuro actor Stephen Tobolowsky. Gravaron dúas cancións: "Red, White and Blue" e "I Heard a Voice Last Night", para un álbum de compilacións, A New Hi, que contou con varias bandas adolescentes de Dallas.[27] A finais de xaneiro de 1971, sentíndose atrapado nos hits pop con Liberation, Vaughan formou a súa propia banda, Blackbird. Logo de cansarse da escena musical de Dallas, abandonou a escola e mudouse coa banda a Austin, que tiña un público máis liberal e tolerante. Alí, Vaughan comezou tocando inicialmente no Rolling Hills Country Club, un lugar que máis tarde se convertería no Soap Creek Saloon. Blackbird tocou en varios clubs de Austin e abriu concertos para bandas como Sugarloaf, Wishbone Ash e Zephyr, pero non puido manter unha formación consistente.[28] A principios de decembro de 1972, Vaughan deixou Blackbird e uniuse a unha banda de rock chamada Krackerjack. Actuou con eles menos de tres meses.[29]
En marzo de 1973, Vaughan uniuse á banda de Marc Benno, The Nightcrawlers, a Benno coñecérao nunha sesión de improvisación anos antes.[21] A banda contou co vocalista Doyle Bramhall, que coñeceu a Vaughan aos doce anos.[30] O mes seguinte, The Nightcrawlers gravou un álbum en Sunset Sound Recorders en Hollywood para A & M Records. O álbum, que foi rexeitado por A & M, incluía os primeiros traballos de composición de Vaughan, "Dirty Pool" e "Crawlin".[31][32] Pouco tempo despois, el e The Nightcrawlers viaxaron de volta a Austin sen Benno.[33] A mediados de 1973, asinaron un contrato con Bill Ham, axente de ZZ Top, e realizaron varios concertos polo sur, moitos deles desastrosos.[34] Ham deixou a banda tirada en Mississippi sen ningún medio para regresar a casa e esixiu o reembolso dos gastos de equipamento a Vaughan, os cales nunca foron reembolsados.[35]
En 1975, Vaughan uniuse a unha banda de seis membros chamada Paul Ray and the Cobras, que incluía ao guitarrista Val Swierczewski e ao saxofonista Joe Sublett.[36] Durante os seguintes dous anos e medio, gañáronse a vida semanalmente nun popular local da cidade, o Soap Creek Saloon e, finalmente, o recentemente inaugurado Antone's, coñecido como "a casa do blues" de Austin.[37] A finais de 1976, Vaughan gravou un sinxelo con eles, "Other Days" como a cara A e "Texas Clover" como cara B. O sinxelo, no que Vaughan tocaba a guitarra en ambos temas, foi lanzado o 7 de febreiro de 1977.[38] En marzo, os lectores do Austin Sun votáronos como a "Banda do Ano".[39] Ademais de tocar cos Cobras, Vaughan improvisou con moitas das súas influencias no Antone's, incluíndo a Buddy Guy, Hubert Sumlin, Jimmy Rogers, Lightnin 'Hopkins e Albert King.[40]
Vaughan estivo de xira cos Cobras durante gran parte do ano 1977, pero a finais de setembro, cando decidiron tomar unha dirección musical máis comercial, deixou a banda e formou Triple Threat Revue, que incluía a cantante Lou Ann Barton, o baixista WC Clark , e o batería Fredde Pharaoh.[41] En xaneiro de 1978 gravaron catro cancións en Austin, incluíndo a composición de Vaughan "I'm Cryin". A gravación de trinta minutos é a única gravación de estudio da banda.[42]
Double Trouble
[editar | editar a fonte]A mediados de maio de 1978, Clark marchou para formar o seu propio grupo e Vaughan cambiou o nome da banda a Double Trouble, tomado do título dunha canción de Otis Rush.[43] Logo do reclutamiento do baixista Jackie Newhouse, Pharaoh deixou o grupo en xullo e foi substituído brevemente por Jack Moore, que se trasladou a Texas dende Boston. Tocou coa banda durante aproximadamente dous meses.[44] Logo Vaughan comezou a buscar un batería e pouco despois coñeceu a Chris Layton a través de Sublett, que era o seu compañeiro de cuarto. Layton, recentemente separado de Greezy Wheels, foi instruído por Vaughan para tocar a ritmo de "shuffle". Cando Vaughan lle ofreceu o posto a Layton, este aceptou.[45] A principios de xullo, Vaughan fixo amizade con Lenora Bailey, coñecida como "Lenny", quen se converteu na súa noiva e, finalmente, na súa esposa. O matrimonio duraría seis anos e medio.[46]
A principios de outubro de 1978, Vaughan e Double Trouble conseguiron un posto como grupo residente nun dos locais nocturnos máis populares de Austin, o Rome Inn. Durante unha actuación, Edi Johnson, unha contable do hipódromo Manor Downs, fixouse en Vaughan.[47] Recomendouno ao propietario de Manor Downs, Frances Carr, e o director xeral Chesley Millikin, que estaba interesado en representar a artistas, e viron o potencial musical de Vaughan. Despois de que Barton abandonase Double Trouble a mediados de novembro de 1979, Millikin firmou con Vaughan un contrato de representación.[48] Vaughan tamén contratou a Robert "Cutter" Brandenburg como director de xiras, a quen coñeceu en 1969. Dirixíndose a el como Stevie Ray, Brandenburg convenceuno de usar o seu segundo nome artisticamente.[49]
En outubro de 1980, o baixista Tommy Shannon participou na presentación de Double Trouble en Rockefeller's en Houston. Shannon, que estaba a tocar con Alan Haynes naquel momento, participou nunha sesión de improvisación con Vaughan e Layton na metade dunha das súas actuacións. Shannon dixo máis tarde: "Eu estaba alí aquela noite, e nunca o vou esquecer foi como, cando entrei pola porta e os oín tocar, foi como unha revelación. Aí é onde quero estar, aí é a onde pertenzo, xusto aí. Durante o descanso, achegueime a Stevie e díxenlle iso. Non me tentei ocultar do baixista [Jackie Newhouse]. Non sabía se el estaba escoitando ou non. Realmente quería estar nesa banda. Senteime aquela noite e soaba moi ben".[50] Case tres meses despois, cando Vaughan lle ofreceu o posto a Bannon, aceptou de bo grado.[51]
Cargos por drogas e xuízo
[editar | editar a fonte]O 5 de decembro de 1979, mentres Vaughan estaba nun camerino, antes dunha actuación en Houston, un policía fóra de servizo arrestouno despois de velo consumindo cocaína a través dunha ventá aberta.[52] Foi acusado de posesión de cocaína e máis tarde liberado baixo fianza de 1.000 dólares.[53] Double Trouble foron abreconcertos de Muddy Waters, que observou o abuso de substancias de Vaughan: "Stevie talvez podería ser o máis grande guitarrista de todos os tempos, pero non vai vivir ata os 40 anos, se non deixa ese po branco".[54] Ao ano seguinte, tivo que regresar o 16 de xaneiro e o 29 de febreiro para comparecer perante o tribunal.[55]
Durante a última sesión do xuízo, que tivo lugar o 17 de abril de 1980, Vaughan foi condenado a dous anos de liberdade condicional e prohibíuselle saír de Texas.[53] Xunto cunha orde para iniciar un tratamento para a súa adición ás drogas, foi obrigado a "evitar persoas ou lugares de coñecido carácter infame ou prexudicial". Rexeitou cumprir ningunha das dúas ordes.[56] Despois de contratar un avogado, o seu axente da condicional fixo que se revisara a sentenza para que puidese traballar fóra do estado. O incidente levouno a que máis tarde rexeitase o servizo de limpeza dos hoteis cando estaba de xira.[57]
Festival de Jazz de Montreux
[editar | editar a fonte]Aínda que era popular en Texas nese momento, Double Trouble non conseguiu atraer atención nacional. A sorte do grupo cambiou cando o produtor de discos Jerry Wexler os recomendou a Claude Nobs, organizador do Festival de Jazz de Montreux. Este insistiu en que a noite de blues do festival sería xenial con Vaughan, a quen chamou "unha xoia, unha desas rarezas que aparece unha vez na vida". Nobs estivo de acordo en programar a Double Trouble para o 17 de xullo.[58]
Vaughan abriu cunha mestura da canción de Freddie King "Hide Away" e a súa propia composición instrumental rápida, "Rude Mood". Logo Double Trouble tocou "Texas Flood" de Larry Davis, "Give Me Back My Wig" de Hound Dog Taylor e "Collins Shuffle" de Albert Collins, e tres composicións orixinais: "Pride and Joy", "Love Struck Baby" e "Dirty Pool". O set terminou con apupos dos espectadores.[59] James McBride, de People, escribiu:
"Parecía saído da nada, un enmascarado con sombreiro berrando no Festival de Montreux 82 cunha Stratocaster do 59 na cadeira e dous amigos lanzachamas aos que chamaba Double Trouble. Non tiña disco, nin contrato para gravar, nin nome, pero reduciu o escenario a unha morea de cinzas fumeantes e entón todo o mundo quería saber quen era".[60]
Segundo o director de xiras Don Opperman. "Tal como eu o lembro, as aclamacións e os apupos estaban mesturados, pero Stevie estaba bastante decepcionado. Deume a súa guitarra e foise afastando do escenario, e eu quedeime como: "Vas volver?" Había unha porta traseira, o público non podía velos, pero eu si, volveu ao vestiario coa cabeza nas mans, finalmente achegueime alí e ese foi o final do concerto".[59] Segundo Vaughan: "Non era todo o público [o que apupaba] Foron só algunhas persoas sentadas na parte de diante. A sala fora construída para o jazz acústico e cando cinco ou seis persoas apupan, uau, parece que o mundo enteiro te odia. Pensaban que eramos moi ruidosos, pero veña, tiña catro mantas militares postas sobre o meu amplificador, e o nivel de volume estaba no 2. Estou acostumado a tocar no 10!"[59] A actuación foi filmada e despois lanzada en DVD en setembro de 2004.
A noite seguinte, Double Trouble tiña actuación na sala do Casino de Montreux, con Jackson Browne presente. Browne improvisou con Double Trouble ata o amencer e ofreceulles o uso gratuíto do seu estudo de gravación persoal no centro dos Ánxeles. A finais de novembro, a banda aceptou a súa oferta e gravou dez cancións en dous días.[61] Mentres estaba no estudio, Vaughan recibiu unha chamada de David Bowie, a quen coñecera logo do concerto de Montreux e invitouno a participar nunha sesión de gravación para o seu próximo disco de estudio, Let's Dance.[62] En xaneiro de 1983, a guitarra de Vaughan soou en seis das oito cancións do álbum, incluíndo a canción principal e "China Girl".[63] O álbum foi lanzado o 14 de abril de 1983 e vendeu tres veces máis copias que o anterior álbum de Bowie.[64]
Éxito nacional
[editar | editar a fonte]A mediados de marzo de 1983, Gregg Geller, vicepresidente de Artists and repertoire en Epic Records, asinou a Double Trouble para o selo por recomendación do produtor John Hammond.[65] Pouco despois, Epic financiou un videoclip para "Love Struck Baby", que foi filmado en Cherry Tavern en Nova York. Vaughan recordou: "Cambiamos o nome do lugar no vídeo. Hai catro anos casei nun club onde tocabamos chamado Rome Inn. Cando pechou, o propietario deume o letreiro, entón no vídeo puxémolo detrás do escenario.[66]
Co éxito de Let's Dance, Bowie pediu a Vaughan ser o principal instrumentista na súa seguinte xira, o Serious Moonlight Tour, entendendo que el foi unha parte esencial do éxito do disco.[63] A finais de abril, Vaughan comezou os ensaios para a xira en Las Colinas, Texas.[67] Cando as renegociacións do contrato para os seus honorarios fracasaron, Vaughan deixou a xira días antes do seu comezo, e foi substituído por Earl Slick.[68][17] Vaughan dixo: "Eu non podía centrar todo en algo que realmente non me interesaba demasiado. Foi un pouco arriscado, pero realmente non precisaba de todas esas dores de cabeza".[69] Aínda que os motivos foron amplamente discutidos, Vaughan pronto gañou gran publicidade por abandonar a xira.[70]
O 9 de maio, a banda actuou en The Bottom Line, en Nova York, onde tocaron antes de Bryan Adams, con Hammond, Mick Jagger, John McEnroe, Rick Nielsen, Billy Gibbons e Johnny Winter no público.[71][72] Brandenburg describiu o concerto como "impío": "Creo que Stevie tocou cada nota tan alta e forte, e cunha intensidade que eu non oíra nunca".[72] A exitosa actuación gañou unha crítica positiva publicada no New York Post, afirmando que Double Trouble superou a Adams.[71] "Por sorte, Bryan Adams, o rockeiro canadense que está abrindo concertos para Journey non é cabeza de cartel moi a miúdo", escribiu Martin Porter, que dixo tras a actuación da banda, o escenario foi "reducido a cinzas polo talento orixinal máis explosivo que viu o escenario neoiorquino en bastante tempo".[72]
Texas Flood
[editar | editar a fonte]Despois de adquirir as gravacións do estudio de Browne, Double Trouble comezou a editar o material para un LP. O álbum, Texas Flood, ábrese coa canción "Love Struck Baby", que foi escrita para Lenny nos seus "días de namoramento".[44] Compuxo "Pride and Joy" e "I'm Cryin" para unha das súas ex-noivas, Lindi Bethel, e ambas son musicalmente similares, pero as súas letras son dúas perspectivas diferentes da súa relación anterior.[42] Xunto coas versións de Howlin 'Wolf, The Isley Brothers e Buddy Guy, o álbum incluíu a versión de Vaughan de "Texas Flood" de Larry Davis, unha canción coa que estaba fortemente asociado. "Lenny", canción composta ao pé da súa cama, serviu como homenaxe á súa muller.[73]
Texas Flood contou cunha portada do ilustrador Brad Holland, coñecido polos seus traballos para Playboy e The New York Times.[74] Orixinalmente pensada para aparecer Vaughan a cabalo, Holland pintouno apoiado nunha parede cunha guitarra, usando unha fotografía como referencia.[75] Posto á venda o 13 de xaneiro de 1983, Texas Flood chegou ao posto n.º 38 e acabou vendendo medio millón de copias.[74] Mentres o editor da Rolling Stone, Kurt Loder, afirmaba que Vaughan non posuía unha voz distintiva, o editor xeral de Allmusic, Stephen Thomas Erlewine, dicía que o lanzamento tivera un "impacto monumental".[76] Billboard describiuno como "unha delicia para os amantes da guitarra".[77] Alex Hodges comentou: "Ninguén sabía o que grande sería ese disco, porque os guitarristas non estaban necesariamente en voga, excepto algúns cuxa importancia era innegábel...[] foi un dos poucos artistas que se recuperou en cada disco nun curto período de tempo".[78]
O 16 de xuño, Vaughan actuou no club Tango de Dallas, presentado o novo álbum. Varios VIP asistiron á presentación, incluídos Ted Nugent, Sammy Hagar e membros de The Kinks e Uriah Heep.[79] Jack Chase, vicepresidente de mercadotecnia de Epic, recordou. "A festa na Tango foi moi importante, foi absolutamente enorme. Todas as personalidades de estacións de radio, DJs, directores de programas, todos os propietarios de discográficas e importantes axentes, prensa, todos os executivos de Nova York, asistiron preto de 700 persoas. Nós aterramos en Dallas con Q102-FM e [DJ] Redbeard. Tiñamos a festa na Tango, foi tremendo". O The Dallas Morning News fíxose eco da actuación comezando coa pregunta retórica: "E se Stevie Ray Vaughan dese unha festa de lanzamento do álbum e todo o mundo asistise? Foi o que pasou o xoves á noite na Tango... [] A adrenalina debía estar fluíndo a través das veas dos músicos pois tocaron cunha rara delicadeza e habilidade ".[79]
Tras unha breve xira por Europa, Hodges arranxou un compromiso para que Double Trouble abrise as actuacións de The Moody Blues durante xira de dous meses por América. Hodges dixo que a moitas persoas non lles gustou a idea de que Double Trouble foran abreconcertos de The Moody Blues, pero dixo que un fío común con ambas as bandas sería "album-oriented rock".[80] Shannon describiu a xira como "gloriosa": "O noso disco aínda era tan exitoso, pero estabamos tocando fronte a coliseos cheos de xente. Simplemente saïamos e tocabamos, e encaixabamos coma unha luva. O son atronou neses coliseos coma un monstro. A xente volvíase tola e non tiñan nin idea de quen eramos!".[80] Despois de aparecer na serie de televisión Austin City Limits, a banda colgou o cartel de completo no Beacon Theater de Nova York. Variety escribiu que o set de 90 minutos no Beacon "non deixou ningunha dúbida de que este mozo músico de Texas é verdaderamente o "heroe da guitarra da época actual".[81]
Couldn't Stand the Weather
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1984, Double Trouble comezou a gravar o seu segundo álbum de estudio, "Couldn't Stand the Weather" na Power Station, con John Hammond como produtor executivo e o enxeñeiro Richard Mullen. Máis tarde, Layton recordou traballar con Hammond: "era como unha man amable no teu ombreiro, o oposto a alguén que se levante e diga: 'Refagamos isto, vamos facer isto outro'. Non se involucraba dese xeito para nada. Era unha persoa positiva". Cando comezaron as sesións, a versión de Vaughan de "Tin Pan Alley" de Bob Geddins gravouse mentres se controlaban os niveis de son. Layton recordou: "probablemente fixemos a versión máis silenciosa ata aquel momento. Ao rematar [Hammond] dixo: 'isto é o mellor que esta canción vai soar nunca', e marchamos; 'nin sequera obtivemos sons, non?', e el dicía 'non importa, isto é o mellor que conseguirás tocar esta canción'. Intentámolo outra vez cinco, seis, sete veces, nin me lembro. Pero nunca volveu a soar como aquela primeira vez".[82]
Durante as sesións de gravación, Vaughan comezou a experimentar con outras combinacións de músicos, entre eles Fran Christina e Stan Harrison, que tocaron a batería e o saxofón respectivamente no tema de jazz instrumental "Stang's Swang".[83] Jimmie Vaughan tocou a guitarra rítmica na súa versión de "The Things That I Used to Do" de Guitar Slim e na canción que deu o título ao disco, e na que Vaughan imprimiu unha letra cunha mensaxe mundana.[84]
Couldn't Stand the Weather saíu á venda o 15 de maio de 1984 e dúas semanas máis tarde xa superara as vendas de Texas Flood.[85] Chegou ao número 31 e pasou 38 semanas nas listas.[86] O álbum inclúe a versión de Vaughan da canción de Jimi Hendrix, "Voodoo Child (Slight Return)", que causou comparacións inevitables con Hendrix.[84] Segundo o editor de Allmusic, Stephen Thomas Erlewine, Couldn't Stand the Weather confirmou que o aclamado debut non fora casualidade, igualando, senón superando, as vendas do seu antecesor e consolidando así o status de Vaughan como un xigante do blues moderno.[87] Segundo os autores Joe Nick Patoski e Bill Crawford, o álbum "foi un gran punto de inflexión no desenvolvemento de Stevie Ray Vaughan" e a técnica vocal de Vaughan mellorou.[83]
Carnegie Hall
[editar | editar a fonte]O 4 de outubro de 1984, Vaughan encabezou unha actuación no Carnegie Hall que incluía a moitos músicos invitados.[88] Para a segunda metade do concerto, engadiu a Jimmie como guitarrista rítmico, George Rains como batería, Dr John de tecladista, Roomful of Blues como sección de vento, e a voz de Angela Strehli.[89] O grupo ensaiou menos de dúas semanas antes da presentación, e a pesar do sólido dinamismo de Double Trouble na primeira metade da actuación, segundo Patoski e Crawford, o concepto de gran banda nunca tomou forma completamente.[90] Antes de chegar ao compromiso, as entradas esgotáronse, o que emocionou e puxo extremadamente nervioso a Vaughan, que non acougou ata a metade da terceira canción.[91] Parte dos beneficios foron para os traballos de investigación contra a leucemia e o cancro da fundación de T.J. Martell, o que foi un grande atractivo para o evento.[92]
Presentado por Hammond como "un dos mellores guitarristas de todos os tempos", Vaughan abriu con "Scuttle Buttin", vestindo cun traxe de mariachi adaptado que el describiu como un "esmoquin mexicano".[93][94][91] Double Trouble continuou interprentando "Testify" de The Isley Brothers, "Voodoo Child (Slight Return)" de The Jimi Hendrix Experience, "Tin Pan Alley", "The Sky Is Crying" de Elmore James e "Cold Shot" de W.C. Clark, xunto con catro composicións orixinais que inclúen "Love Struck Baby", "Honey Bee", "Couldn't Stand the Weather" e "Rude Mood". Durante a segunda metade da actuación, Vaughan tocou versións de Larry Davis, Buddy Guy, Guitar Slim, Albert King, Jackie Wilson e Albert Collins. O set acabou con Vaughan só tocando "Lenny" e "Rude Mood".[94]
A actuación foi gravada e posteriormente posta á venda como LP en vivo o 29 de xullo de 1997 por Epic Records. Chegou a ser disco de ouro.[95] Inmediatamente despois do concerto, Vaughan asistiu a unha festa privada nun céntrico club de Nova York, que foi patrocinado por MTV, e onde foi recibido durante unha hora por simpatizantes.[96][90] Ao día seguinte, Double Trouble fixo unha aparición nunha tenda de discos en Greenwich Village, onde asinaron autógrafos para os fans.[97] A finais de outubro de 1984, a banda fixo unha xira por Australia e Nova Zelandia. Os días 5 e 9 de novembro, tocaron na Ópera de Sidney, onde colgaron o cartel de completo.[98] Ao regresar aos Estados Unidos de América, Double Trouble realizou unha breve xira por California. Pouco despois, Vaughan e Lenny dirixíronse á illa de Saint Croix, nas Illas Virxes dos Estados Unidos, no Caribe, onde quedaron a pasar un tempo de vacacións.[99] O seguinte mes, Double Trouble voou ao Xapón onde deron cinco concertos, un deles no Osaka Kōsei Nenkin Kaikan de Osaka.[100]
Soul to Soul
[editar | editar a fonte]En marzo de 1985, comezou a gravación do terceiro álbum de estudio de Double Trouble, Soul to Soul, en Dallas.[101] Segundo ía avanzando a sesión, Vaughan tornouse cada vez máis frustrado coa súa propia falta de inspiración . Tamén se permitiu un relaxado ritmo de gravación, o que contribuíu a unha falta de concentración debido a os excesos de alcohol e doutras drogas.[102][103] Máis tarde Roadie Byron Barr lembrou aquel episodio: "a rutina era ir ao estudo, drogarse e xogar ao tenis de mesa". Vaughan, que atopaba cada vez máis difícil ser capaz de tocar as partes rítmicas de e cantar ao mesmo tempo, quixo engadir outra dimensión á banda, polo que contratou ao tecladista Reese Wynans para gravar o álbum. Este uniuse á banda pouco despois.[101][104]
Durante a produción do álbum, Vaughan apareceu no Astrodome de Houston o 10 de abril de 1985, onde tocou unha versión do himno dos Estados Unidos cunha guitarra coa técnica slide. A actuación foi recibida con apupos.[105] Ao saír do escenario, Vaughan conseguiu un autógrafo do ex xogador dos New York Yankees Mickey Mantle.[106] O publicista do Astrodome, Molly Glentzer, escribiu no Houston Press: "Cando Vaughan saíu de detrás da lanzadeira, estaba só o suficientemente lúcido como para saber que quería un autógrafo de Mickey Mantle. Mantle sentiuse obrigado. 'Nunca antes firmara unha guitarra'. "Ninguén lle pediu a Vaughan un autógrafo. Eu estaba seguro de que non chegaría a cumprir 30 anos".[105] Os críticos asociaron a súa versión coa que fixera Jimi Hendrix en Woodstock en 1969, a pesar de que a Vaughan non lle gustou esta comparación: "Oín que incluso escribiron sobre isto en revistas musicais e intentaron comparar as dúas versións paso a paso. Odio iso. A súa versión é xenial".[107]
Posto á venda o 30 de setembro de 1985, Soul to Soul alcanzou o número 34 e permaneceu na Billboard 200 ata mediados de 1986, sendo certificado finalmente como disco de ouro.[108][109] Segundo Patoski e Crawford, as vendas do álbum "non chegaron ao nivel das de "Couldn't Stand the Weather", suxerindo que Stevie Ray e Double Trouble se estaban estancando".[109] Vaughan comentou: "En canto ao tema das cancións, o álbum gústame moito. Significou moito para nós o que pasamos para conseguir este disco. Tivemos moitos obstáculos e aínda así fomos fortes. Medramos moito coa xente da banda e os amigos íntimos que nos rodean. Aprendemos moito e crecemos moito máis unidos. Isto ten moito que ver co porqué do título".[110]
Live Alive
[editar | editar a fonte]Despois de estar de xira durante nove meses e medio, Epic solicitou un cuarto álbum de Double Trouble como parte da súa obrigación contractual.[111] En xullo de 1986, Vaughan decidiu gravar o LP, Live Alive, durante tres concertos en Austin e Dallas.[112] Os días 17 e 18 de xullo, a banda realizou concertos, con todas as entradas vendidas, na Ópera de Austin e o 19 de xullo no Dallas Starfest.[112] Usaron gravacións destes concertos para montar o LP, que foi producido por Vaughan.[113] Shannon estivo nos camerinos antes do concerto de Austin e predixo fronte ao novo xestor, Alex Hodges, que tanto Vaughan como el se estaban "dirixindo cara unha parede de ladrillos". O guitarrista Denny Freeman asistiu ás actuacións de Austin e chamou aos espectáculos unha "lea musical, porque ían a estas caóticas improvisacións fóra de control. Non sabía exactamente o que estaba a suceder, pero preocupoume". Tanto Layton como Shannon comentaron que o seu calendario de traballo e as drogas estaban facendo que a banda perdera o rumbo. Segundo Wynans: "Todo se estaba volvendo ilóxico e unha loucura".[114]
Live Alive saíu ao mercado o 17 de novembro de 1986 e foi o único LP oficial en directo de Double Trouble que saíu á venda durante a vida de Vaughan, aínda que nunca chegou á Billboard 200.[115][116] A pesar de que moitos críticos afirmaron que a maior parte do álbum estaba sobreenderezado, o enxeñeiro Gary Olazabal, que mesturou o álbum, afirmou que a maior parte do material gravouse mal.[117] Máis tarde, Vaughan admitiu que non era un dos seus mellores traballos e recordou: "Non estaba en moi boa forma cando gravamos Live Alive. Naquel momento non me decatei da mala forma en que estaba. O disco precisaba máis arranxos dos que me gustaría. Parte do traballo soan como o traballo de persoas medio mortas. Saíron algunhas notas fantásticas, pero eu non tiña control, ninguén o tiña". [114][118]
Drogas e alcol
[editar | editar a fonte]En 1960, cando Vaughan tiña seis anos, comezou a roubar as bebidas do seu pai. Afectado por estas, comezou a facer as súas propias bebidas e iso provocoulle unha dependencia do alcohol. El explicou: "Aí foi cando comecei a roubar as bebidas de papá. Ou cando os meus pais marchaban, atopaba unha botella e facíame unha. Pensaba que era xenial, pensaba que os nenos do centro pensarían que era xenial. Aí é onde comezou, e fun dependente dende entón".[119]
Mentres que Vaughan afirmou que experimentou por primeira vez os efectos da cocaína cando un médico lle prescribiu unha solución líquida do estimulante como un spray nasal, segundo Patoski e Crawford o primeiro consumo de cocaína coñecido de Vaughan foi en 1975, mentres tocaba cos Cobras.[120][121] Antes diso, Vaughan consumira brevemente outras drogas como o cánnabis, a metanfetamina e Quaaludes, o nome comercial da metacualona.[122] Despois de 1975, bebía whisky habitualmente e consumía cocaína, concretamente mesturando as dúas substancias.[122] Segundo Hopkins, no momento da xira europea de Double Trouble en setembro de 1986, "o seu estilo de vida de abuso de substancias alcanzara o máximo, probablemente mellor definido como o fondo dun abismo profundo".[123]
Nos momentos de máis abuso de substancias, Vaughan bebía sobre un litro de whisky e consumía uns 7 gramos de cocaína ao día.[124] O asistente persoal Tim Duckworth explicou: "Eu asegurábame de que almorzara no canto de espertar bebendo todas as mañás, o que probablemente era o peor que estaba facendo".[125] Segundo Vaughan: "Cheguei ao punto no que se con intentara dicir "ola" a alguén, tiña que marchar chorando. Era como unha desgraza sólida".[126]
En setembro de 1986, Double Trouble viaxaron a Dinamarca para unha xira dun mes por Europa.[127] Durante as horas da noite do 28 de setembro, Vaughan enfermou logo dunha actuación en Ludwigshafen, Alemaña, padecendo unha deshidratación case mortal, para a que recibiu tratamento médico.[124] O incidente obrigouno a unha revisión nunha clínica de Londres baixo o coidado do doutor Victor Bloom, quen o advertiu de que estaba a un mes da morte.[128][129] Despois de permanecer en Londres máis dunha semana, volveu aos Estados Unidos e entrou no hospital Peachford en Atlanta, onde pasou catro semanas en rehabilitación. Shannon ingresou en rehabilitación en Austin.[130]
Xira Live Alive
[editar | editar a fonte]En novembro de 1986, tras a súa saída da rehabilitación, Vaughan mudouse de novo á casa da súa nai na avenida Glenfield en Dallas, onde pasou gran parte da súa infancia.[131] Durante este tempo, Double Trouble comezou os ensaio para a xira Live Alive. Aínda que Vaughan estaba nervioso por tocar despois de alcanzar a sobriedade, foi tranquilizado.[132] Máis tarde, Wynans recordou: "Stevie estaba realmente preocupado por tocar tras conseguir estar sobrio. Non sabía se lle quedaba algo por ofrecer. Unha vez que volvemos á estrada, estaba moi inspirado e motivado".[133] A xira comezou o 23 de novembro na Universidade Estatal de Towson, e foi a primeira actuación de Vaughan con Double Trouble tras a rehabilitación. O 31 de decembro de 1986, deron un concerto no Fox Theater de Atlanta, que contou coa colaboración de Lonnie Mack.[134]
Cando a xira avanzou, Vaughan púxose ansioso por traballar no material do seu seguinte LP, pero en xaneiro de 1987, comezou un proceso de divorcio de Lenny, que restrinxiu calquera proxecto ata que finalizara.[135] Isto impediu que escribise e gravase cancións durante case dous anos, pero Double Trouble escribiu a canción "Crossfire" con Bill Carter e Ruth Ellsworth. Layton recordou: "escribimos a música e tiveron que escribir a letra. Acabábamos de nos xuntar, Stevie non puido estar alí nese momento. Estaba en Dallas facendo algunhas cousas e nós reunímonos e comezamos a escribir algúns temas. Ese foi o primeiro que escribimos".[136] O 6 de agosto de 1987, Double Trouble apareceu no Austin Aqua Festival, onde tocaron fronte a unha das maiores multitudes da súa carreira.[137] Tras unha longa xira como abreconcertos de Robert Plant en maio de 1988, que incluíu un concerto no Maple Leaf Gardens de Toronto, a banda tiña planeada unha fase europea, que incluía 22 actuacións e terminou en Oulu, Finlandia o 17 de xullo. Esta sería a última aparición de Vaughan en Europa.[138]
In Step
[editar | editar a fonte]Despois de que o divorcio de Vaughan de Lenora "Lenny" Darlene Bailey fora definitivo, a gravación do cuarto e último álbum de estudio de Double Trouble, In Step, comezou nos estudos Kiva de Memphis, traballando co produtor Jim Gaines e co-compositor Doyle Bramhall.[114][139] Inicialmente, tiña dúbidas sobre as súas habilidades musicais e creativas logo de alcanzar a sobriedade, pero gañou confianza ao avanzar as sesións. Shannon máis tarde recordou: "In Step foi, para el, unha gran experiencia de madurez. Na miña opinión, é o noso mellor álbum de estudo, e creo que el tamén o sentiu así".[133] Bramhall, que tamén entrara en rehabilitación, escribiu cancións con Vaughan sobre adicción e redención.[140] Segundo Vaughan, o álbum titulouse In Step porque "estou finalmente ao paso da vida, ao meu paso, ao paso coa miña música". As notas do álbum inclúen a cita: "Grazas a Deus que o ascensor está roto", unha referencia ao programa de doce pasos proposto por Alcohólicos Anónimos.[141]
Despois de que as sesións de gravación de In Step se trasladasen a Os Ánxeles, Vaughan agregou aos trompetistas Joe Sublett e Darrell Leonard, quen tocaron o saxofón e a trompeta respectivamente tanto en "Crossfire" como en "Love Me Darlin".[139] Pouco antes de que se completase a produción do álbum, Vaughan e Double Trouble apareceron na festa presidencial inaugural de George W. Bush en Washington, D.C..[142] In Step saíu ao mercado o 13 de xuño de 1989 e oito meses despois, conseguiu a certificación de ouro.[143] O álbum foi o lanzamento máis exitoso de Vaughan e o seu primeiro premio Grammy.[144][2] Chegou ao número 33 no Billboard 200, permanecendo 47 semanas na lista. In Step incluíua a canción "Crossfire", escrita por Double Trouble, Bill Carter e Ruth Ellsworth e que se converteu no seu único número un.[133]
Morte
[editar | editar a fonte]O luns 27 de agosto de 1990, ás 12:50 a.m., Vaughan e os membros do equipo da xira de Eric Clapton subiron a un helicóptero Bell 206B no Alpine Valley Resort en East Troy, Wisconsin, para viaxar ao Aeroporto Internacional Midway en Chicago, despois de concluír unha sesión de improvisación no Alpine Valley Music Theatre. Tiñan programado un voo de regreso para máis tarde aquela noite, pero cando terminou a sesión, Vaughan estaba ansioso por volver a Chicago e tomou a decisión de saír de inmediato. O helicóptero designado orixinalmente tiña tres asentos dispoñibles, pero Vaughan finalmente tomou o último asento restante. O helicóptero caeu nun outeiro de esquí pouco despois da engalaxe, a uns 900 metros dun campo de golf.
Vaughan e os outros catro a bordo (o piloto Jeff Brown, o axente Bobby Brooks, o gardacostas Nigel Browne e o director de turismo Colin Smythe) faleceron. A maioría dos fans da zona non se decataron do impacto inicial, pero segundo unha directora de catering no recurso, escoitouse un forte ruído e sentiu que o seu coche tremeu. O helicóptero foi identificado como propiedade da compañía baseada en Chicago Omniflight Helicopters. Os informes iniciais do accidente afirmaron falsamente que Clapton tamén morrera no accidente.
Segundo os resultados dunha investigación do xuíz de instrución en Elkhorn, Vaughan sufriu "lesións internas e de cranio masivas", ademais de traumas severos e fracturas de nervios. O xuíz teorizou que as cinco vítimas morreron ao instante, dada a gravidade das súas feridas. Os corpos foron levados á morgue do Centro Médico de Lakeland en Elkhorn, onde foron gardados para que os familiares e amigos puideran axudar na identificación.
A investigación determinou que cando a aeronave partiu, esta foi operada en condicións meteorolóxicas brumosas e cunha visibilidade inferior a dúas millas, segundo unha previsión local. O informe da Xunta Nacional de Seguridade do Transporte afirmou: "Cando o terceiro helicóptero engalou, permaneceu a unha altitude máis baixa que os outros, e o piloto virou cara ao sueste cara a un terreo alto. Posteriormente, o helicóptero caeu nun terreo montañoso a un quilómetro do punto de engalaxe". Indicou que o piloto non estaba habilitado para levar o helicóptero en condicións meteorolóxicas brumosas pola noite. Os rexistros da Administración Federal de Aviación de Brown demostraron que estaba habilitado para voar por instrumentos nun avión, pero non nun helicóptero. As probas de toxicidade realizadas sobre as vítimas non revelaron trazas de drogas nin alcohol nos seus corpos.
Os servizos funerarios de Vaughan realizáronse o 31 de agosto de 1990 no cemiterio Laurel Land en Dallas. Estímase que 3.000 persoas asistiron ao funeral. Entre os asistentes á cerimonia pública estaban Jeff Healey, Charlie Sexton, ZZ Top, Colin James e Buddy Guy. Vaughan foi enterrado baixo unha lápida que di: "Grazas... por todo o amor que trouxeches ao noso camiño".
Estilo musical
[editar | editar a fonte]A música de Vaughan inspirouse no blues, rock e jazz. Foi influenciado polo traballo de artistas como Jimi Hendrix, Albert King, B.B. King, Freddie King, Albert Collins, Johnny "Guitar" Watson, Buddy Guy, Howlin 'Wolf, Otis Rush, Guitar Slim, Chuck Berry e Muddy Waters. Segundo o propietario de clubs nocturnos Clifford Antone, que abriu Antone's en 1975, Vaughan improvisou con Albert King en Antone's en xullo de 1977 e case o "asustou de morte", dicindo que "foi o mellor que vin de Albert ou o mellor que eu vin de Stevie".[145] Tamén foi influenciado por guitarristas de jazz como Django Reinhardt, Wes Montgomery, Kenny Burrell e George Benson.[146] Mentres Albert King foi unha influencia substancial para Vaughan, Jimi Hendrix foi a súa maior inspiración. Vaughan declarou: "Adoro a Hendrix por moitos motivos. Foi moito máis que un guitarrista de blues, tocaba ben calquera tipo de guitarra que quería. De feito, non estou seguro nin de se tocaba a guitarra: el tocaba música".[147]
Vaughan debía gran parte da súa técnica de guitarra a Lonnie Mack. Vaughan dixo: "Moita da miña técnica rápida ven de Lonnie"[148] e observou en directo que Mack estaba "adiantado ao seu tempo".[147] En 1987, Vaughan puxo a Mack o primeiro entre os guitarristas que el escoitaba, tanto de novo como de adulto.[149] Mack recordou a súa primeira reunión con Vaughan en 1978: "Estabamos en Texas buscando pastillas de guitarra e saímos a ver os Thunderbirds. Jimmie dicía: 'Home, tes que escoitar ao meu irmán pequeno. Toca todas as túas cancións.' Tocaba nun pequeno lugar chamado Rome Inn, e fomos alí a verificalo. Cando entrei pola porta, estaba tocando 'Wham!' E dixen: 'Xesús'. Estaba tocando ben. Eu estivéraa tocando mal un tempo e necesitaba volver e escoitar o meu rexistro orixinal. Isto foi no '78, creo".[150] Vaughan debía parte do seu estilo duradeiro, especialmente o seu uso do trémolo e vibrato, a Mack. Recoñeceu que Mack lle ensinou a "tocar a guitarra dende o corazón". A relación de Vaughan con outra lenda do blues de Texas, Johnny Winter, era un pouco máis complexa. Aínda que se encontraron varias veces, e moitas veces tocaron sesións cos mesmos músicos ou incluso interpretaron o mesmo material, como no caso de Boot Hill, Vaughan sempre se abstivo de recoñecer a Winter de calquera forma. Na súa biografía, "Raisin 'Cain", Winter di que se enervou logo de ler a Vaughan afirmando nunha entrevista que nunca coñecera ou se encontrara a Johnny Winter. "Ata tocamos xuntos na casa de Tommy Shannon unha vez". Vaughan resolveu o tema en 1988 con motivo do Festival Blues en Europa onde tanto el como Winter participaron, explicando que foi malinterpretado e que "todo músico de Texas coñece a Johnny e aprendeu algo del". Preguntado sobre as súas similitudes de estilos nunha entrevista en 2010, Winter admitiu que "o meu é un pouco máis cru, creo."
Equipamento
[editar | editar a fonte]Guitarras
[editar | editar a fonte]Vaughan posuíu e usou varias guitarras durante a súa carreira. A súa guitarra preferida e o instrumento que máis se asociou a el foi a Fender Stratocaster, sendo a súa preferida unha con corpo de 1963, mastro de 1962 e un caravilleiro de 1959. É por iso que Vaughan adoitaba referirse á seu Stratocaster como unha "Strat de 1959". El explicou por que prefería esta guitarra nunha entrevista de 1983: "Gústame a forza do seu son. Calquera guitarra que eu toque ten que ser moi versátil. Ten un ton grande e forte e poderá con todo o que lle fago".[107] Vaughan tamén se referiu a este instrumento como a súa "primeira esposa" ou "Number One".[151] Outra das súas guitarras favoritas foi outra Strat un pouco posterior á que chamou "Lenny" pola súa esposa Lenora. Mentres estaba nunha tenda de segunda man local en 1980, Vaughan viu esta guitarra particular, unha Stratocaster de 1965 rematada en vermello, cun acabado orixinal dun resplandor solar. Tamén tiña unha incrustación dunha mandolina de 1910 debaixo da ponte. O dependente da tenda pedía 300 dólares por ela, que era moito máis do que Vaughan tiña naquel momento. Lenny deuse conta de canto quería aquela guitarra, así que conseguiu que seis dos seus amigos puxeran 50 dólares cada un e comprouna para el. Regaláronlla polo seu aniversario de 1980, e esa noite, despois de traer ás "Lenny" (a guitarra e a esposa) á casa con el, escribiu a canción "Lenny". Vaughan comezou a usar unha Stratocaster prestada durante o instituto e utilizou Stratocasters case sempre nas súas presentacións e gravacións en vivo, aínda que tocou outras guitarras, incluíndo guitarras personalizadas.
Unha das guitarras personalizadas, alcumada "Main", foi construída por James Hamilton de Hamiltone Guitars en Buffalo. Foi un agasallo de Billy Gibbons de ZZ Top. Gibbons pagoulle a Hamilton para que construíse a guitarra en 1979. Houbo algúns atrasos, e incluso tivo que cambiar o nome incrustado en nácara cando Vaughan mudou o seu nome artístico de Stevie Vaughan a Stevie Ray Vaughan. Jim Hamilton entregoulle a guitarra o 29 de abril de 1984. Jim Hamilton recorda que Stevie Ray Vaughan estaba tan feliz coa guitarra que a tocou esa mesma noite no Springfest no campus da Universidade de Buffalo. Seguiu sendo unha das guitarras principais que usou tanto no escenario como no estudo. Vaughan fixo algunhas modificacións na guitarra, como a substitución dos botóns de cor de bronce de Gibson con botóns brancos de Fender xa que prefería o nervio dos botóns Fender. As pastillas tiveron que ser cambiadas despois de que a guitarra se empregase no vídeo "Couldn't Stand the Weather", no que Stevie e "Main" quedaron empapados de auga e as pastillas arruinadas. A guitarra tamén se usou no vídeo "Cold Shot".
O 24 de xuño de 2004, unha das Stratocasters de Vaughan, a mencionada "Lenny", foi vendida nunha poxa benéfica en apoio do Crossroads Centre, un centro de rehabilitación fundado coa axuda de Eric Clapton en Antiga. O instrumento foi comprado por Guitar Center por 623.500 dólares.[152] En canto ao acústico, Vaughan tocou unha guitarra Guild F-412 de 12 cordas.
Amplificadores e pedais
[editar | editar a fonte]Vaughan foi un catalizador na recuperación dos amplificadores e efectos vintage durante a década de 1980. O seu alto volume e o seu uso de cordas pesadas requirían amplificadores poderosos e robustos. Vaughan usou dous Fender Super Reverbs black-face, que eran cruciais para dar forma ao seu son claro e sobrecargado. A miúdo combinaba outros amplificadores cos Super Reverbs, como os Fender Vibroverbs black-face e marcas como Dumble e Marshall, que usaba para os seus sons limpos. Mentres os seus principais pedais foron o Ibanez Tube Screamer e un pedal wah-wah de Vox. Vaughan experimentou cunha gran variedade de pedais. Utilizou un Fender Vibratone, deseñado como un altofalante Leslie para guitarras eléctricas, que proporcionaba un efecto de trilo, que se pode escoitar na canción "Cold Shot". Usou un Fuzz Face vintage de Dallas Arbiter, que se pode escoitar en In Step, así como un Octavia.[153]
Legado
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira Vaughan reviviu o blues rock e abriu o camiño para moitos outros artistas. O traballo de Vaughan segue a influenciar numerosos artistas de blues, rock e alternativos, como John Mayer,[154] Kenny Wayne Shepherd,[155] Mike McCready,[156] Albert Cummings,[157] Los Lonely Boys e Chris Duarte, entre outros. Stephen Thomas Erlewine de Allmusic describiu a Vaughan como "o foco principal do blues americano" e desenvolveu "un estilo exclusivamente ecléctico e ardente que soou como ningún outro guitarrista, independentemente do xénero".[1] En 1983, a revista Variety chamou a Vaughan o "heroe da guitarra da actual era".
Nos meses que seguiron a súa morte, Vaughan vendeu máis de 5,5 millóns de discos nos Estados Unidos.[158] O 25 de setembro de 1990, Epic lanzou Family Style, un LP que os irmáns Vaughan gravaron nos Ardent Studios de Memphis. En novembro de 1990, CMV Enterprises lanzou Pride and Joy, unha colección de oito vídeos musicais de Double Trouble.[159] Sony asinou un acordo cos herdeiros de Vaughan para obter o control do seu catálogo anterior, así como o permiso para lanzar álbums con materiais non publicados e novas coleccións de traballos xa publicados. O 29 de outubro de 1991, The Sky Is Crying foi posto á venda como o primeiro álbum póstumo de Vaughan con Double Trouble, e estaba composto por gravacións de estudio de 1984-1985.[160] Outros discos en vivo, compilacións e películas tamén foron publicados desde a súa morte.
O 3 de outubro de 1991, o gobernador de Texas, Ann Richards, proclamou o "Día da conmemoración de Stevie Ray Vaughan", durante o cal se realizou un concerto de homenaxe no Teatro Texas.[160] En 1993, unha estatua conmemorativa de Vaughan foi inaugurada en Austin.[161] En setembro de 1994, celebrouse unha carreira popular en recordo de Stevie Ray Vaughan e cuxos beneficios foron doados á Fundación Ethel Daniels, que traballa na recuperación de alcohólicos e drogodependentes sen recursos.[162] En 2005, Martha Vaughan estableceu a Bolsa Stevie Ray Vaughan, outorgada polo W.E. Greiner Middle School aos estudantes que pretenden asistir á universidade e escoller as artes como profesión.[163]
Premios
[editar | editar a fonte]Vaughan gañou cinco premios W. C. Handy (agora chamados Blues Music Awards) e foi postumamente inscrito no Salón da Fama do Blues no ano 2000.[164] En 1985, foi nomeado almirante honorario na Mariña de Texas.[165] Vaughan tivo un único número un coa canción "Crossfire".[166] As súas vendas de discos nos Estados Unidos sitúanse en máis de 15 millóns de unidades. Family Style, lanzado pouco despois da súa morte, gañou o Premio Grammy de 1991 ao Mellor álbum de Blues Contemporáneo e converteuse no seu álbum de estudio máis vendido fóra de Double Trouble, con máis dun millón de copias vendidas nos Estados Unidos de América.[158] No 2003, Rolling Stone clasificouno o sétimo entre os "100 mellores guitarristas de todos os tempos". En 2015, xunto a Double Trouble, entrou no Salón da Fama do Rock.[5][167] A revista Guitar World clasificouno como o oitavo na súa lista de "100 guitarristas máis grandes".
Discografía
[editar | editar a fonte]- Texas Flood (1983)
- Couldn't Stand the Weather (1984)
- Soul to Soul (1985)
- In Step (1989)
- Family Style (con Jimmie Vaughan) (1990)
- The Sky Is Crying (1991)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Biografía de Stevie Ray Vaughan". www.allmusic.com (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Gill 2013.
- ↑ "Stevie Ray Vaughan - Os 100 guitarristas máis grandes". www.rollingstone.com (en inglés). 23 de novembro de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "2015 Rock Hall Of Fame Class Includes Lou Reed, Joan Jett, Green Day" (en inglés). 16 de decembro de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "Páxina de Stevie Ray Vaughan e Double Trouble no Salón da Fama do Rock". www.rockhall.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 6.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, pp. 8-9.
- ↑ "Tumba de Jimmie Lee Vaughan". www.findagrave.com. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 10.
- ↑ Hopkins 2010, p. 7.
- ↑ Hopkins 2010, p. 8.
- ↑ Hopkins 2010, p. 155.
- ↑ Gill 2010.
- ↑ 14,0 14,1 Hopkins 2010, p. 10.
- ↑ Hopkins 2011, p. 325.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 92.
- ↑ 17,0 17,1 Hopkins 2010, p. 16.
- ↑ Hopkins 2010, p. 19.
- ↑ Hopkins 2010, p. 22.
- ↑ Hopkins 2010, p. 21.
- ↑ 21,0 21,1 Hopkins 2010, p. 23.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 62.
- ↑ Hopkins 2010, p. 27.
- ↑ Hopkins 2010, p. 31.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 40.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 41.
- ↑ Hopkins 2010, pp. 36-38.
- ↑ Hopkins 2010, p. 67.
- ↑ Hopkins 2010, pp. 67-70.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 21.
- ↑ Hopkins 2010, p. 74.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 68.
- ↑ Hopkins 2010, p. 77.
- ↑ Hopkins 2010, p. 80.
- ↑ Hopkins 2010, p. 84.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 83.
- ↑ Hopkins 2010, pp. 91-92.
- ↑ Hopkins 2010, p. 99.
- ↑ Hopkins 2010, p. 103.
- ↑ Hopkins 2010, p. 92.
- ↑ Hopkins 2010, p. 109.
- ↑ 42,0 42,1 Hopkins 2010, p. 117.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 111.
- ↑ 44,0 44,1 Hopkins 2010, p. 127.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 114.
- ↑ Hopkins 2010, p. 152.
- ↑ Hopkins 2010, p. 136.
- ↑ Hopkins 2010, p. 150.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 136.
- ↑ Hopkins 2010, p. 164.
- ↑ Hopkins 2010, p. 167.
- ↑ Gregory 2003, p. 67.
- ↑ 53,0 53,1 Hopkins 2010, p. 158.
- ↑ Gregory 2003, p. 66.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 155-156.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 132.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 169.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 145.
- ↑ 59,0 59,1 59,2 Hopkins 2010, p. 200.
- ↑ McBride 1985.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 149.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 150.
- ↑ 63,0 63,1 Patoski & Crawford 1993, p. 152.
- ↑ Hopkins 2011, p. 12.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, pp. 157-158.
- ↑ Hopkins 2011, p. 11.
- ↑ Hopkins 2011, p. 14.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, pp. 154-155.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 155.
- ↑ Hopkins 2010, pp. 16-17.
- ↑ 71,0 71,1 Hopkins 2011, p. 16.
- ↑ 72,0 72,1 72,2 Patoski & Crawford 1993, p. 160.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 143.
- ↑ 74,0 74,1 Hopkins 2011, p. 21.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 159.
- ↑ Erlewine, Stephen Thomas (2014). "Allmusic 2014". Allmusic.
- ↑ Hodges, Alex (Xuño de 1983). "Bilboard de xuño de 1983". Billboard.
- ↑ Hopkins 2011, p. 24.
- ↑ 79,0 79,1 Hopkins 2011, p. 22.
- ↑ 80,0 80,1 Hopkins 2011, p. 39.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 43-44.
- ↑ Hopkins 2011, p. 46.
- ↑ 83,0 83,1 Patoski & Crawford 1993, p. 173.
- ↑ 84,0 84,1 Patoski & Crawford 1993, p. 176.
- ↑ Hopkins 2011, p. 59.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 186.
- ↑ Stephen Thomas Erlewine. "Crítica de AllMusic" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2018.
- ↑ Hopkins 2011, p. 72.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 177.
- ↑ 90,0 90,1 Patoski & Crawford 1993, p. 178.
- ↑ 91,0 91,1 Rhodes (Joe). "Even now, Stevie Ray has to pinch himself". Dallas Time Herald (en inglés) (11 de outubro de 1984).
- ↑ Hopkins 2011, p. 73.
- ↑ Prial 2006, p. 302.
- ↑ 94,0 94,1 Hopkins 2011, p. 74.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 298, 305.
- ↑ Hopkins 2011, p. 75.
- ↑ Hopkins 2011, p. 76.
- ↑ Hopkins 2011, p. 78.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 81-83.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 85-88.
- ↑ 101,0 101,1 Hopkins 2011, p. 89.
- ↑ Hopkins 2011, p. 90.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 191.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 190.
- ↑ 105,0 105,1 Patoski & Crawford 1993, p. 194.
- ↑ Hopkins 2011, p. 95.
- ↑ 107,0 107,1 Nixon 1985.
- ↑ Hopkins 2011, p. 109.
- ↑ 109,0 109,1 Patoski & Crawford 1993, p. 197.
- ↑ "Entrevista con Vaughan". www.modernguitars.com (en inglés). Archived from the original on 17 de novembro de 2006. Consultado o 6 de agosto de 2018.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 204.
- ↑ 112,0 112,1 Hopkins 2011, pp. 136-137.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 205.
- ↑ 114,0 114,1 114,2 Paul 1999.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 268.
- ↑ Hopkins 2011, p. 152.
- ↑ Hopkins 2011, p. 140.
- ↑ Hopkins 2011, p. 137.
- ↑ Milkowski 1988.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, pp. 85-86.
- ↑ Hopkins 2011, p. 232.
- ↑ 122,0 122,1 Patoski & Crawford 1993, p. 201.
- ↑ Hopkins 2011, p. 144.
- ↑ 124,0 124,1 Hopkins 2011, p. 146.
- ↑ Hopkins 2011, p. 139.
- ↑ Alan 1999.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 144-148.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 213.
- ↑ Hopkins 2011, p. 147.
- ↑ Hopkins 2011, p. 150.
- ↑ Hopkins 2011, p. 153.
- ↑ Hopkins 2011, p. 154.
- ↑ 133,0 133,1 133,2 Aledort 2000, p. 158.
- ↑ Hopkins 2011, p. 159.
- ↑ Hopkins 2011, p. 161.
- ↑ Hopkins 2011, p. 178.
- ↑ Hopkins 2011, p. 175.
- ↑ Hopkins 2011, p. 192.
- ↑ 139,0 139,1 Hopkins 2011, p. 197.
- ↑ Patoski & Crawford 1993, p. 247.
- ↑ Hopkins 2011, p. 208.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 203-204.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 208,237.
- ↑ Hopkins 2011, p. 238.
- ↑ Hopkins 2010, p. 106.
- ↑ Hopkins 2011, p. 155.
- ↑ 147,0 147,1 Joseph 1983.
- ↑ Menn, Don (1992). Secrets from the Masters (en inglés). Miller-Freeman. p. 278. ISBN 0-87930-260-7.
- ↑ "Entrevista a Vaughan en 1987". Youtube (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2018.
- ↑ Hopkins 2011, p. 128.
- ↑ "Stevie Ray Vaughan". www.kkguitar.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2018.
- ↑ Hopkins 2011, p. 324.
- ↑ Hopkins 2011, pp. 326-327.
- ↑ Fricke, David (27 de marzo de 2010). "The New Guitar Gods: John Mayer, John Frusciante and Derek Trucks". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2007. Consultado o 07 de agosto de 2018.
- ↑ Jordan, Oscar (Agosto de 2011). "Interview: Kenny Wayne Shepherd - How He Goes". Premier Guitar.
- ↑ Rotondi, James (Xaneiro de 1994). "Blood on the tracks". Guitar Player (en inglés).
- ↑ Holland (Brian D.). "Entrevista con Albert Cummings". Modern Guitars (en inglés). Archived from the original on 05 de xullo de 2008. Consultado o 7 de agosto de 2018.
- ↑ 158,0 158,1 Hopkins 2011, p. 277.
- ↑ Hopkins 2011, p. 274.
- ↑ 160,0 160,1 Hopkins 2011, p. 279.
- ↑ Hopkins 2011, p. 287.
- ↑ Hopkins 2011, p. 289.
- ↑ Hopkins 2011, p. 312.
- ↑ Hopkins 2011, p. 304.
- ↑ Hopkins 2011, p. 93.
- ↑ Hopkins 2011, p. 229.
- ↑ "El Salón de la Fama recibió a su nueva promoción" (en castelán). 20 de abril de 2005. Consultado o 7 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stevie Ray Vaughan |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Patoski, Joe Nick; Crawford, Bill (1993). Stevie Ray Vaughan: Caught in the Crossfire (en inglés). Little, Brown and Company. ISBN 978-0-316-16069-8.
- Hopkins, Craig (2010). Stevie Ray Vaughan – Day by Day, Night After Night: His Early Years, 1954–1982 (en inglés). Backbeat Books. ISBN 978-1-4234-8598-8.
- Hopkins, Craig (2011). Stevie Ray Vaughan – Day by Day, Night After Night: His Final Years, 1983–1990 (en inglés). Backbeat Books. ISBN 978-1-61774-022-0.
- Gill, Chris (Marzo de 2013). "Blues Power: An In-Depth Guide to the Amps and Effect Pedals in Stevie Ray Vaughan's Arsenal". Guitar World (en inglés).
- Gill, Chris (18 de agosto de 2010). "Stevie Ray Vaughan: Lone Star Rising". Guitar World (en inglés).
- Gregory, Hugh (2003). Roadhouse Blues: Stevie Ray Vaughan and Texas R&B (en inglés). Hal Leonard Corporation. ISBN 978-0-87930-747-9.
- McBride, James (1985). "You Can Take the Boy Out of Texas, but You Can't Take Texas Out of Blues' Golden Boy Stevie Ray Vaughan". People (en inglés).
- Prial, Dunstan (2006). The Producer: John Hammond and the Soul of American Music (en inglés). Farrar, Straus and Giroux. ISBN 978-0-312-42600-2.
- Nixon, Bruce (Novembro de 1985). "Stevie Ray Vaughan discusses fame, Hendrix and his new album, 'Soul To Soul'". Guitar World (en inglés).
- Paul, Alan (Agosto de 1999). "Blue Smoke". Guitar World (en inglés).
- Milkowski, Bill (Setembro de 1988). "A Focused Stevie Ray Vaughan Comes Clean". Guitar World (en inglés).
- Aledort, Andy (Agosto de 2000). "A Stevie Ray Vaughan: The Guitar World Tribute". Guitar World (en inglés).
- Joseph, Frank (Setembro de 1983). "Before the Flood". Guitar World (en inglés).
- Nixon, Bruce (Xuño de 1983). "Playing the Blues for Bowie". Record (en inglés).