Servizo Web
Os Servizos Web, ou Web Services de acordo á nomenclatura orixinal en inglés, son unha serie de tecnoloxías, estándares e protocolos que permiten a comunicación e cooperación entre sistemas informáticos, independentemente das súas plataformas ou a linguaxe de programación na que estes sexan escritos.
Orixe
[editar | editar a fonte]A orixe dos servizos Web remóntase ó final do ano 1999 e comezos do 2000[1]. Coa expansión de Internet, surdiu a necesidade de integrar dunha maneira máis precisa, fiábel e sobre todo barata os diferentes servidores e sistemas informáticos. Esta necesidade fíxose especialmente importante no eido B2B, é dicir na comunicación entre diferentes empresas, que buscaban unha maior automatización nos seus procesos de iteracción coma maneira de millorar os tempos de resposta e acadando uns maiores beneficios económicos. Daquela a comunicación era posible, mais sempre empregando plataformas propiedade de terceiros, o cal reducía a flexibilidade (xa que todos os sistemas informáticos tiñan que poder recoñecer dita plataforma) ou aumentaba os posibles custos derivados dos prezos de licenza. A idea dos Web Services eras empregar estándares universais e abertos que permitísen a expansión das comunicacións entre negocios. Dous exemplos destes estándares son SOAP ou Rest
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VVAA (2001). Sams Indianapolis, ed. Building Web Services with Java: Making Sense of Xml, Soap, Wsdl, and Uddi. ISBN 0672321815.