[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Soiuz 32

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 32
Selo conmemorativo da Soiuz 32.
TipoTripulada
Data de lanzamento25 de febreiro de 1979, 11:53 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión175,02 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6]
Regreso19 de agosto de 1979, 12:30 GMT[1][6]
NSSDC ID1979-018A
Masa6600,0 kg[2][5][6]

Soiuz 32 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 25 de febreiro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que marcou un récord de permanencia no espazo cos seus 175 días de misión.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soyuz 32, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Liakhov e Valeri Riumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión de longa duración. A tripulación adicouse a facer experimentos e reparacións na estación. Un dos tanques do sistema de propulsión principal da Saliut 6 comezou a sufrir fugas de propelente (UDMH) que a tripulación solucionou baleirandoo e pasando o propelente a tanques intactos despois de facer xirar a estación sobre si mesma nunha complicada manobra para separar o propelente do nitróxeno usado como presurizante e que debido á fuga se atopaban mesturados. O tanque danado foi selado e illado do resto do sistema de propulsión.[2][3][4][5]

A Saliut 6 debía recibir a unha tripulación visitante do programa Interkosmos o 11 de abril viaxando na Soiuz 33, pero un problema no motor principal desta nave impediu que a nave chegara á estación e que a tripulación tivera que volver urxentemente a terra. O problema co motor xerou dúbidas sobre se o motor da Soiuz 32 sufriría da mesma casuística, o que comprometería a misión de Lyakhov e Ryumin, sobre tendo en conta que a súa Soiuz se atopaba cerca do fin dos 90 días que unha nave Soiuz podía permanecer con seguridade no espazo. O control de terra decidiu enviar a Soiuz 34, non tripulada e con melloras e probas adicionais do motor, para substituír a Soiuz 32. Mentres, o cargueiro Progress 6 chegou á estación o 15 de maio con subministracións e propelente para deixala o 8 de xuño e deixar o porto libre para a Soiuz 34. A Progress 7 chegou o 30 de xuño co radiotelescopio KRT-10 a bordo, desmontado en pezas, e que os cosmonautas ensamblaron ao longo de dúas semanas. A antena do radiotelescopio estaba formada por varios pétalos que debían despregarse ao final da montaxe. No momento do despregue a antena descolocouse, perforando o illante do exterior da estación, quedando atascada no porto e sendo incapaz de desacoplarse da estación, bloqueando o porto desde o que se estaba despregando e interferindo no funcionamento dos motores da estación. Decidiuse intentar desatascala a man mediante un paseo espacial de ambos cosmonautas. Con dificultade conseguiron desatascala e separala da estación, pero os danos á estación xa estaban feitos.[2][3][4][5]

Ryumin e Lyakhov volveron á Terra o 19 de agosto de 1979 ás 12:30 GMT na nave Soiuz 34 e despois de bater o récord de permanencia no espazo.[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 26 April 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-12308). 3 de maio de 1979: 3. Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 32" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]