[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

SARM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Moduladores do receptor de andróxenos selectivos (en inglés SARMs).
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Micrografía electrónica de varrido dunha colonia de SARM.
Micrografía electrónica de varrido coloreada de SARM.

SARM son as siglas en galego do nome da bacteria "Staphylococcus aureus resistente á meticilina" (en inglés MRSA). Esta cepa bacteriana, resistente a varios antibióticos, coñécese desde a década de 1960 pero está a causar maior preocupación nos últimos anos polo aumento de casos de infeccións graves.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A bacteria, tamén descrita como Staphylococcus aureus con resistencia múltiple ou como Staphylococcus aureus con resistencia á oxacilina, é un estafilococo causante de infeccións que acaban por ser mortais en gran número de casos. Ataca fundamentalmente individuos enfermos, con feridas profundas ou que teñen sondas ou tratamentos intravenosos, como unha infección secundaria en pacientes co sistema inmunolóxico debilitado.

A bacteria xerou unha resistencia aos antibióticos máis coñecidos: primeiro á penicilina e logo á meticilina. Foi descrita orixinariamente no Reino Unido en 1961 e na actualidade está moi espallada.

Hai dous tipos de contaxios frecuentes: as infeccións nosocomiais, isto é, as contraídas en hospitais, e as contraídas en contornos naturais, fundamentalmente a través do contaxio cutáneo en ximnasios e a través da práctica sexual. Dentro das infeccións nosocomiais, a máis grave é a pneumonía que vai asociada á inserción dun tubo ventilador no corpo do paciente. O 20% dos contaxios afectan a poboación que consome drogas por vía intravenosa.

Infección e contaxio

[editar | editar a fonte]

Aparentemente, e cando menos nos Estados Unidos, o contaxio por SARM vai en aumento. Un estudo de 2007 sinalaba que os casos de infección por SARM dobraron neste país en seis anos, dos 127.000 de 1999 aos 278.000 de 2005, do mesmo xeito que as mortes asociadas aumentaban, se ben non na mesma proporción (de 11.000 a 17.000, respectivamente).[1]. Outro estudo estimou que a SARM foi responsable en 2005 de 94.360 casos de infeccións serias e de 18.650 mortes relacionadas con estadías en hospitais[2][3]. Conforme estes datos, a SARM provocaría máis mortes anuais nos Estados Unidossida.

En xaneiro de 2008 fixéronse públicos uns datos sobre a existencia dun gromo de SARM entre poboación nos hospitalizada en San Francisco. A cepa USA300 sería a responsábel de contaxios moi graves a uns 4.000 pacientes na cidade, que se terían infectado a través de contacto cutáneo e/ou sexual[4].

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Aínda que resistente aos antibióticos comúns, existen produtos de elevado custo, como a vancomicina e o linezolide, que axudan a combater a infección.

  1. Klein E, Smith DL, Laxminarayan R, Hospitalizations and Deaths Caused by Methicillin-Resistant Staphylococcus aureus, United States, 1999–2005, Emerg Infect Dis, 13, 12, 1840-1846, 2007
  2. Klevens et al (2007), "Invasive Methicillin-Resistant Staphylococcus aureus Infections in the United States". JAMA.
  3. Centers for Disease Control and Prevention (October 17, 2007), "MRSA: Methicillin-resistant Staphylococcus aureus in Healthcare Settings
  4. Deadly new form of MRSA emerges, BBC News, 15.01.08

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]