Nimbos
Aparencia
Nimbos | |
---|---|
Título orixinal | Nimbos |
Autor/a | Xosé María Díaz Castro |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Poesía |
Data de pub. | 1961 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nimbos é un libro de poemas do guitiricense Xosé María Díaz Castro, publicado o 5 de xullo de 1961 por Editorial Galaxia.
Índice de Nimbos:
PÓRTICO Coma ventos fuxidos Nimbos Coma brasas NOITE Borrallo Alfa i omega Noite do mundo Coma un anxo airado O verme i a estrela LUS Esmeralda Veleiquí os homes No novo ceo A noite é necesaria ESPRANZA Terra sucada Penélope Quezais Terra do tempo MILAGRE Polpa dorida Remuíño Cova alumada Trasfiguración Vísperas O berro das pedras SOÑO A cerna Coma un río No resplandor do día FERIDA Cortina Ai, capitán Terra achaiada Coma unha escada Monumento á ausencia Coma unha insua Coma unha espada. |
Descrición
[editar | editar a fonte]Foi a única obra bibliográfica do autor editada en vida, homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2014. Constituída por trinta e dúas composicións, divididas en sete epígrafes,[1] está considerado como unha obra de alta poesía universal. Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.
O título (do latín nimbus) fai referencia aos halos, o círculo dourado que nas representacións gráficas do cristianismo aparece arredor da cabeza de Xesús Cristo, a Virxe María e os santos.
A beleza feriume para sempre. Derradeiro verso de "Coma unha espada", que pecha o poemario.
Edicións e traducións
[editar | editar a fonte]- 1961, Editorial Galaxia, Vigo, 74 páx., ISBN 978-84-7154-075-1.[2]
- 1982, Editorial Nacional, Madrid, 72 páx., ISBN 978-84-276-0612-8, en galego e castelán, con presentación de Carballo Calero.
- 1989, Editorial Galaxia, Vigo, 96 páx., ISBN 978-84-7154-659-3.
- 1997, Nimbes (en valenciano), t. de Vicent Berenguer, Denes, 86 p., ISBN 84-88578-38-5, inclúe texto orixinal e versión en castelán do autor.[3]
- 2002, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia/Galaxia, 96 p., ISBN 84-9757-017-0 e ISBN 84-8288-516-2.
- 2006, Editorial Galaxia, Vigo, 96 páx., ISBN 978-84-8288-965-8.
- 2014, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Cultura, ISBN-13: 978-84-453-5174-1. Inclúe o texto orixinal e a tradución ao éuscaro de Gerardo Markuleta, cun prólogo de Xesús Alonso Montero[4].
- 2014, Small Stations Press, Col. Galician Classics, ISBN 978-954-384-032-8, tradución ao inglés de John Rutherford[5].
- 2014, Centro de Estudos Galegos San Petesburgo. Inclúe o texto galego e a tradución ao ruso de Elena Zernova[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo Nimbos da Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo.
- ↑ Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
- ↑ "Ficha do libro na páxina da Editorial Denes". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 18 de maio de 2014.
- ↑ Ficha Arquivado 20 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 20 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 20 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco García, Carmen, "Díaz Castro e as mulleres da Terra: as metamorfoses da grande Nai en Nimbos", en Nais, damas, prostitutas e feirantas, Xerais, Vigo, 1995, páx. 247-276, ISBN 84-7507-910-5
- Pérez López, Segundo Leonardo; A ferida da beleza en Nimbos, Instituto Teolóxico Compostelán, 2014, ISBN 978-84-942402-3-2.
- Requeixo, Armando; Unha aproximación a Nimbos de Xosé María Díaz Castro, Revista Galega do Ensino, nº 12, maio de 1996, páx. 101-120 (en Dialnet).
- Requeixo, Armando; Xosé María Díaz Castro, Nimbos, Unidade didáctica para o bacharelato 2008, 20 páx.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vista previa de Nimbos (ed. 2006) en Google Books.
- Proxecto Nimbos