Nelumbo
Nelumbo | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nelumbo nucifera | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase o texto |
Nelumbo é o único xénero representante da familia das Nelumbonaceae, plantas coñecidas tamén como lotos,[1] malia que é un nome xenérico que se aplica tamén en varias outras plantas e grupos de plantas, como o xénero non relacionado Lotus. O vocábulo "nelumbo" deriva do cingalés: නෙළුම් neḷum, o nome para o loto Nelumbo nucifera.[2]
Só existen dúas especies vivas deste xénero. A Nelumbo nucifera é nativa de Asia e é amplamente cultivada. Pódese comer e é empregada na medicina tradicional chinesa. Esta especie é o símbolo floral da India e de Vietnam. A outra especie é Nelumbo lutea e é nativa de América do Norte e o Caribe.
Unha terceira especie é a extinta Nelumbo aureavallis, coñecida por fósiles do Eoceno atopados en Dacota do Norte, nos Estados Unidos de América.
Especies
[editar | editar a fonte]Este xénero só conta con dúas especies:
- Nelumbo lutea Willd. — Loto americano ou loto amarelo
- Nelumbo nucifera Gaertn. — Loto da India ou loto sagrado
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para loto.
- ↑ Hyam, R. & Pankhurst, R.J. (1995). Oxford University Press, ed. Plants and their names : a concise dictionary. Oxford. ISBN 978-0-19-866189-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nelumbo |