Nahum
Nahum,[1][2][3] en hebreo: נחום (finais do s. VIII a C - comezos do s. VII a C), foi un profeta menor orixinario de Galilea que escribiu o Libro de Nahum, un dos libros do Antigo Testamento, onde, en oráculos, anunciou a fin do Imperio Asirio e a destrución de Nínive, a capital. É o sétimo profeta segundo a lista tradicional de doce profetas menores.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]O seu nome provén do hebreo נָחוּם [Nājjūm], que significa "cheo de consolación".[5] Con todo, pouco se sabe deste Najum. No propio Libro de Nahum di que era un «elkesita» ou «elkoshita». O esexeta bíblico Xerome de Estridón, no seu comentario respecto deste libro, nota erroneamente que «eljoshita» é unha indicación patronímica: "fillo de Elqosh". Con todo, trátase dun xentilicio: o profeta naceu en Eljosh.
A teoría máis aceptada respecto de sitio provén de Vidas dos profetas, obra que se adoita atribuír a san Epifanio: «Elqosh queda máis aló de Beth-Gabre, na tribo de Simeón».[6]
Beth-Gabre (Beit Jibrín) sería a antiga Eleuterópolis, na fronteira de Xudá con Simeón. Esta postura foi adoptada polo martiroloxio romano: o 1 de decembro celébrase Begabar (que posiblemente sexa derivación de Beth Gabre).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nahum". Diccionario enciclopédico galego universal 44. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 19. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Nahum". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1437–1438.
- ↑ "Nahum". Enciclopedia Galega Universal 12. Ir Indo. 1999-2002. p. 321. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Libro de Nahum en ABibliaGalega.com
- ↑ O nome podería representar un epíteto de Yahveh, quen é consolador e confortador de aqueles que sofren.
- ↑ Patrologia Greca, 43.409.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nahum |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nahum". Diccionario enciclopédico galego universal 44. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 19. ISBN 84-7680-429-6.
- "Nahum". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1437–1438.
- "Nahum". Enciclopedia Galega Universal 12. Ir Indo. 1999-2002. p. 321. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «El profeta Nahún» Erain Ikastetxea. Grupo Educativo COAS (Opus Dei).
- «El Antiguo Testamento: Los Profetas Menores. Nahún» (en castelán).