Nacionalismo iraniano
O nacionalismo iraniano (en persa: ملیگرایی ایرانی; Melli Garayi-e Irâni, e en kurdo: نەتەوە پەروەریی ئێرانی, Netewe Perwerî-ye îranî) é un movemento político nacionalista que defende os intereses dos pobos de Irán. O nacionalismo iraniano componse de movementos sociais e políticos motivados pola defensa da cultura iraniana, das linguas iranianas e da historia do país, así como por un sentido de orgullo de Irán. Aínda que a conciencia nacional en Irán pode remontarse séculos, o nacionalismo foi un determinante predominante das actitudes iranianas principalmente dende o século XX.[1] O nacionalismo iraniano moderno medrou durante a revolución constitucional. Alí comezou unha atmosfera refrescante de unidade e sentimentos patrióticos iranianos durante a era constitucional.
Durante a dinastía Pahlavi (1925–1979), o nacionalismo iraniano experimentou un rexurdimento por mor do reforzo do sentimento patriótico por parte do goberno de Pahlavi. Despois da Revolución iraniana, houbo un rexurdimento do nacionalismo dentro da República Islámica de Irán a raíz das protestas estudantís de xullo de 1999, e das políticas autocráticas levadas a cabo polo goberno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cottam, Richard W. (1979). Nationalism In Iran: Updated through 1978. Pittsburg: University of Pittsburgh Press. ISBN 0-8229-5299-8. Consultado o 2011-01-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fisher, William Bayne; Avery, P.; Hambly, G. R. G; Melville, C. (1991). The Cambridge History of Iran 7. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0521200954.
- Zia-Ebrahimi, Reza (2016). The Emergence of Iranian Nationalism: Race and the Politics of Dislocation. Columbia University Press. ISBN 978-0231175760.