[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mikhail Glinka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMikhail Glinka

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1804 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Novospasskoye, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de febreiro de 1857 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Tikhvin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ4264365 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÓpera, sinfonía, Romanticismo, romance, música sinfónica e Música de cámara Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera, romance, música sinfónica e Música de cámara Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSiegfried Wilhelm Dehn (pt) Traducir, John Field (pt) Traducir, Francesco Basili (pt) Traducir e Charles Meyer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHouse of Glinka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Petrovna Ivanova Editar o valor en Wikidata
PaisIvan Nikolaevič Glinka Editar o valor en Wikidata  e Evgenia Andreevna Glinka-Zemelka Editar o valor en Wikidata
IrmánsLyudmila Shestakova Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0322883 Allmovie: p404386
BNE: XX897649 Spotify: 1GEuHbNwTRj4QPyoythtBh Musicbrainz: e539699a-5cb3-4f73-b60f-691b1499d0af Discogs: 835128 IMSLP: Category:Glinka,_Mikhail Allmusic: mn0001189348 Find a Grave: 19370885 Editar o valor en Wikidata

Mikhail Ivanovich Glinka (en ruso: Михаил Иванович Глинка), nado en Novospasskoie (Óblast de Smolensk) o 2 de xuño de 1804 e finado en Berlín o 15 de febreiro de 1857, foi un compositor ruso, considerado o pai do nacionalismo musical ruso.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A formación musical de Glinka foi bastante irregular, e só pasou a ser sistematizada a partir de 1828, cando viaxou a Italia por motivos de saúde. Durante os tres anos que pasou alí, madurou o seu antigo proxecto de crear unha música nacional rusa. De paso por Berlín foi fortemente estimulado polo exemplo de Carl Maria von Weber, que compuxera unha ópera caracteristicamente alemá.

De volta a Rusia, compuxo en pouco tempo a ópera Zizn te tsaria (Unha vida polo tsar, 1836), cun argumento ambientado durante a guerra ruso-polaca de 1635. A ópera obtivo un éxito triunfal. Os seus coros e danzas, autenticamente populares, e o patriotismo do libreto sinalan o comezo dunha escola musical xenuinamente rusa. Animado polo éxito, Glinka escribiu outra ópera Ruslan i Ludmila (Ruslan e Ludmila, 1842), baseada no poema homónimo de Aleksandr Pushkin. Desta vez utilizou o orientalismo procedente das rexións do Imperio Ruso en Asia. A pesar do interese exótico e da estrutura operística máis sólida, a obra foi menos aplaudida que Unha vida polo tsar.

En 1884, Glinka marchou a París e, posteriormente, a España, onde permaneceu dous anos convivindo con músicos populares. Froito desa convivencia son as pezas sinfónicas Jota aragonesa (1845) e Unha noite de verán en Madrid' (1848). Son obras que reflicten o interese do compositor pola música española, así como outro traballo sinfónico titulado Kamarinskaja, que é o reflexo de pescuds sobre a música ucraína. Dende a composición das súas dúas óperas, Glinka volvera á vella música litúrxica eslava, xa que se convencera de que deixara vestixios na música popular rusa. Tamén escribiu numerosos Lieder.

Música orquestral

[editar | editar a fonte]
  • Capricho brillante sobre a Jota aragonesa - Abertura española n.° 1 (1845)
  • Noite de verán en Madrid - Abertura española n.° 2 (1851)
  • Polka para orquestra en Si b (1852)
  • Valse-Fantasía para orquestra (1856)

Música de cámara

[editar | editar a fonte]
  • Septeto en Mi b (1823)
  • Serenata sobre un tema de ‘Anna Bolena’ de Donizetti (1832)
  • Trío patético (1832)
  • Divertimento brillante sobre un tema de ‘La Sonnambula’ de Bellini (1832)
  • Gran Sexteto en Mi b (1832)
  • Sonata para viola en re menor

Música vocal

[editar | editar a fonte]
  • Canto de despedida (1840)
  • Tarantela para coro e orquestra (1841)
  1. Castro Lobo, Manuel R. (2003). "Música Para Todos: Una Introducción Al Estudio de la Música" (en castelán). Editorial Universidad de Costa Rica. p. 222. ISBN 9789977677231. Consultado o 2 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Azcárate Ristori, J. M.ª e outros, Historia del Arte, Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]