Música de cámara
Música de cámara é aquela composta para un reducido grupo de instrumentos no cal cada intérprete toca unha parte diferente, en contraposición á música orquestal. O nome fai alusión aos lugares nos que ensaiaban pequenos grupos de músicos durante a Idade Media e o Renacemento, pequenas habitacións chamadas cámaras[1], polo que a intimidade é outra das características deste tipo de música. Non se adoita incluír a música vocal, nin obras para un só instrumento.[2]
Os músicos adoitan disporse de xeito que poidan mirarse entre si, para unha mellor coordinación, dado que tampouco se precisa un director na maioría dos casos. O número de instrumentos pode variar entre dous e non máis de vinte.
O poeta alemán Goethe describiu a música de cámara (en concreto os cuartetos de corda) como "catro persoas racionais conversando"[3], en referencia á forma en que un instrumento presenta unha melodía ou motivo, que é respondido con motivos similares polo resto de instrumentos, outra das características das obras camerísticas.
A maioría dos modernos auditorios contan con espazos específicos para concertos de música de cámara, máis reducidos que a sala principal, adicada ás grandes orquestras e espectáculos doutra índole.
Historia
[editar | editar a fonte]O auxe da música instrumental xorde no Renacemento, á medida que a música culta sae do ámbito exclusivamente aristocrático e comeza a interesar a unha burguesía en crecemento. A época barroca caracterízase pola aparición dun novo instrumento, o violín, así como a nova forma da sonata; os compositores máis destacados son Corelli, Telemann e Bach. O período clásico caracterizouse novamente polo desenvolvemento doutro instrumento que adquire protagonismo, o pianoforte, precursor do actual piano, ademais de polos cuartetos de corda (dous violíns, viola e violoncello). Destacan as obras camerísticas de Haydn, Mozart ou Beethoven. A música de cámara sofre certo esquecemento durante o romanticismo, para volver rexurdir no século XX con compositores como Schönberg, Shostakovich ou Stravisnkii.
Agrupacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha lista parcial das agrupacions ou "ensambles" máis comúns na música de cámara.
N.º de músicos | Nome | Agrupacións comúns | Instrumentación | Comentarios |
2 | Dúo | Dúo de pianos | 2 pno | Sonata KV 448 de Mozart; Variacións sobre un tema de Haydn, Op. 56b de Johannes Brahms; etc. Mentres que o piano a catro mans pode ser unha forma apta para afeccionados, aquí esíxese ter dous teclados, algo que só está ao alcance de músicos profesionais. |
Dúo instrumental | calquera instrumento + pno | Atópase especialmente como sonatas instrumentais (por exemplo, sonatas para Vln, Vc, Vla, Cor, Fg, Cl, Fl). | ||
Dueto | Dueto de piano | 1 pno a 4 mans | Mozart, Beethoven, Schubert e Brahms (pezas orixinais e moitas transcricions das súas propias obras); durante moito tempo foi a forma musical preferida para executar música en familia, cun extensísimo repertorio de todos os tipos de transcricions doutros xéneros (óperas, sinfonías, concertos, etc.) | |
Dueto vocal | voz, pno | Usado comunmente nas cancións ou lieder. | ||
Dueto instrumental | 2 instrumentos calquera, iguais ou non | Dúos de Mozart para vn e va; dúo de Beethoven para va e vc; dúos de Béla Bartók para 2 vn. | ||
3 | Trío | Trío de cordas | Vln, Vla, Vc | Un exemplo destacado é o Divertimento KV 563 de Mozart; as obras de Beethoven chámanse tríos ou serenatas. |
Trío de piano | Vln, Vc, Pno | É un dos xéneros máis importantes de toda a música de cámara: Haydn, Mozart, Beethoven, Schumann, Brahms e moitos outros. | ||
Voz, viola e piano | sop, vla, pno | O Trío de William Bolcom Let Evening Come para soprano, viola e piano, e de Brahms Zwei Gesänge für eine Altstimme mit Bratsche und Pianoforte, Op. 91, para contralto, viola e piano. | ||
Clarinete, viola e piano | cl, vla, pno | KV 498, de Mozart e outras obras de Robert Schumann e Max Bruch | ||
Clarinete, violoncello e piano | cl, vc, pno | Trío Op. 11 de Beethoven, así como a súa propia transcrición, Op. 38, do Septeto, Op. 20; o trío Op. 114 de Brahms, e o Op. 3 de Alexander von Zemlinsky. | ||
Voz, clarinete e piano | voz, cl, pno | Der Hirt auf dem Felsen de Franz Schubert, D965 e Schon lacht der holde Frühling, KV 580 de Wolfgang Amadeus Mozart | ||
Frauta, viola e Arpa | fl, vla, hrp | Obras famosas de Debussy e Arnold Bax | ||
Clarinete, Violín e Piano | cl, vln, pno | É unha invención do século XX, pero aumenta en popularidade; ademais da suite da Historia do Soldado de Stravinskii, hai composicións famosas de Bartók (Contrastes, que Bartók mesmo gravou con Josef Szigety e Benny Goodman), Milhaud e Khachaturian. | ||
Trío para trompa | cor, vl, pno | Obras do século XIX; especificamente o Trío en Mib Op. 40 de Brahms. | ||
Soprano, trompa e piano | sop, cor, pno | Auf dem Strom de Franz Schubert. | ||
Trío de canas | Ob, Cl, Fg | Compositores do século XX e transcricións de obras máis antigas, por exemplo os divertimentos de Mozart para 3 corni di bassetto. | ||
4 | Cuarteto | Cuarteto de corda | 2 Vln, Vla, Vc | É a forma máis consagrada da música de cámara; numerosos exemplos de Haydn, o seu creador, e logo de Mozart e Beethoven; Schubert, Schumann, Brahms e moitísimos mais |
Cuarteto con piano | Vln, Vla, Vc, Pno | Aquí todo o espectro sonoro do piano está equilibrado polos tres instrumentos de corda. Exemplos: os dous Cuartetos de Mozart, KV 478 e 493; os Cuartetos xuvenís de Beethoven; o Cuarteto de Schumann, os Cuartetos de Brahms | ||
Vln, Cl, Vc, Pno | É difícil de atopar; un exemplo famoso é Quatuor pour la fin du temps (‘Cuarteto para o fin dos tempos’, de Olivier Messiaen; menos famoso: Paul Hindemith (1938), Walter Rabl (Op. 1, de 1896). | |||
Cuarteto para instrumento de vento e trío de cordas | Fl, Ob, Cl o Fg; Vln, Vla, Vc | Xénero moi popular, sobre todo entre fins do século XVIII e principios do XIX. Exemplos de Mozart (4 para fl, 1 para Ob); de Devienne (para Fg); de Krommer (varios para Cl). O cuarteto con Cl de Penderecki debe ser considerado (segundo o propio compositor) como un cuarteto de cordas onde o 2º violín está substituído por un clarinete | ||
5 | Quinteto | Quinteto con piano | 2 Vln, Vla, Vc, Pno | Exemplos importantes son os de Schumann, Brahms, Bartók e Shostakovich |
Vln, Vla, Vc, Cb, Pno | Unha instrumentación rara, utilizada por Franz Schubert no seu quinteto A Troita. | |||
Quinteto de ventos | Fl, Cl, Ob, Fg, Cor | É unha creación do século XIX, sobre todo de Antonín Reicha e de Franz Danzi. | ||
Quinteto de cordas | 2 Vln, Vla, Vc (con Vla o Vc adicional) | En Mozart, Beethoven, Brahms e Bruckner atópase a variedade con 2ª Vla; en Boccherini e Schubert, con 2º violoncello; noutros casos agregase un cb. | ||
Quinteto de metal | 2 Trp, Cor, Trb, Tuba | Creación do século XX; recorre moitísimo a transcricións de todos os tipos de obras de todas as épocas. | ||
Quinteto con clarinete | Cl, 2 Vln, Vla, Vc | Importantísimos os de Mozart, KV 581, de Weber, Op. 34 e de Brahms, Op. 115. No Quinteto de Hindemith, o solista debe alternar entre un cl en Sib e outro en Mib. Numerosos exemplos. | ||
6 | Sexteto | Sexteto de cordas | 2 Vln, 2 Vla, 2 Vc | Sextetos op. 18 e op. 36 de Brahms e a versión orixinal de Verklärte Nacht, Op. 4 de Schoenberg |
Sexteto con piano | 2 Vln, Vla, Vc, Cb, Pno | Hai un exemplo de Mendelssohn. | ||
Sexteto de ventos | 2 Ob, 2 Cor, 2 Fg o 2 Cl, 2 Cor, 2 Fg | Mozart empregou a forma con Ob nas súas composicións para Salzburgo e a segunda para a versión primitiva da Serenata KV 375; Beethoven utilizou a forma con Cl; hai abundantes exemplos entre ca. 1780 e 1820. | ||
Piano e quinteto de ventos | Fl, Ob, Cl, Fg, Cor, Pno | Sexteto de Francis Poulenc. | ||
Cl, 2 Vln, Vla, Vc, Pno | Un exemplo da Abertura dos Temas hebreos op. 34, de Serguéi Prokófiev. | |||
7 | Septimino | Septeto para ventos e cordas | Cl, Cor, Fg, Vln, Vla, Vc, Cb | Popularizado polo Septimino op. 20 de Beethoven, con outros exemplos como Berwald, etc. |
8 | Octeto | Octeto para ventos e cordas | Cl, Cor, Fg, 2 Vln, Vla, Vc, Cb | Popularizado polo Octeto D. 803 de Schubert, inspirado polo Septeto de Beethoven. |
Octeto de cordas | 4 Vln, 2 Vla, 2 Vc | Popularizado polo Octeto de cordas op. 20, de Felix Mendelssohn. | ||
Cuarteto dobre | 4 Vln, 2 Vla, 2 Vc | Dous cuartetos de cordas arranxados antifonicamente. O Octeto, Op. 291, de Milhaud está formado por dous cuartetos (os números 14 e 15 do seu autor), que se executan simultaneamente. | ||
Octeto de ventos | 2 Ob, 2 Cl, 2 Cor, 2 Fg (na maioría dos casos); Fl, Cl, 2 Fg, 2 Trp, Trb, Trb baixo (Stravinsky) | Numerosos exemplos dos séculos XVIII e XIX, época na que moitas óperas famosas foron obxecto de transcrición; ademais das obras orixinais, que compuxieron, entre outros, Johann Sebastian Bach, Mozart (Serenatas KV 375 e 388), Beethoven (Op. 103), Krommer e Shigeru Kan-no. O octeto de Stravinsky, estrenado en 1923, destaca pola súa rarísima instrumentación (nin as trompetas nin os trombóns son habituais na música de cámara). |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2016-12-03.
- ↑ Ainsley, Robert (2002) [1995]. Enciclopedia de la música clásica (en castelan). Barcelona: Parramón Ediciones S.A. pp. 152–163. ISBN 84-342-2427-5.
- ↑ Christina Bashford, "The string quartet and society" in Stowell (2003), p 4. The quote was from a letter to C.F. Zelter, November 9, 1829.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ainsley, Robert (2002) [1995]. Enciclopedia de la música clásica (en castelan). Barcelona: Parramón Ediciones S.A. pp. 152–163. ISBN 84-342-2427-5.