Miguel Conde Lobato
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | publicitario |
Miguel Conde-Lobato, nado en Caracas en 1963[1], é un publicista galego,comunicador, creador, escritor e emprendedor galego. Acadou sona pola súa participación como creativo na exitosa campaña de Gadis Vivamos como Galegos!. Trátase da campaña máis descargada en Internet da historia da publicidade española (INFOADEX).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo de pais galegos e residente en Galicia.
É un dos pioneiros en España do modelo emocional-cultural en comunicación, realizando grandes achegas á construción de marcas a través do que el denomina a persuasión emocional.
Ademais, leva a cabo diferentes iniciativas sociais sen ánimo de lucro, concentradas dende o 2016 na Fundación Knowcosters que tomou o nome do libro que publicou no 2010 "Knowcosters, cuando el low cost es el mal".. No libro senta as bases da trazabilidade do consumo e de como este determina o modelo social, chegando a consideralo máis importante que o voto (cando consomes votas). Así mesmo, no libro analízase como chegamos ata aquí e como podemos saír desta tormenta perfecta, poñendo énfase na información -de aí o nome Knowcost- asumindo que coa debida información o consumidor cambia a súa conduta.[3]
Entre as iniciativas de Knowcosters está a Tripla Marcaxe (engadir xunto ó PVP , o prezo do planeta e o prezo do estado de benestar), outra das súas propostas é a Pegada Fiscal, un distintivo que informa do país onde pagan os seus impostos os comercios online.
Por outra banda, Conde fomenta un movemento a favor da "persuasión boa" na que se respecte ao máximo a liberdade de elección do consumidor polo que se mostra crítico con iniciativas de condicionamento como o Neuromarketing e o Big Data non regulado, que poden supor un menoscabo da privacidade e do ámbito de liberdade do individuo.[4]
Nos seus máis de 30 anos de carreira ten creado e rodado decenas de historias a través de Congo Produccciones.
Autor tamén do suspense Los lobos no piden perdón, a súa primeira novela, publicada en Ediciones B (Penguin Random House) o 6 de xuño de 2019.
Obra
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- Los lobos no piden perdón (2019). Edicines B. 425 páxs. ISBN 978-84-666-6533-9. Thriller social.
- La congregación (2021). Ediciones B. 447 páxs. ISBN 978-84-666-6946-7. "Y si asesinar a un inocente fuera la mejor opción". Thriller social.
- Palabras malditas (2023). Ediciones B. 432 páxs. ISBN 978-84-666-7647-2. Thriller social. "En este pueblo de Galicia nada volverá a ser como antes".[5] [6]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Target: Manual de instrucciones (2007). Netbiblo. 157 páxs. ISBN 9788497450362.
- Knowcosters, cuando el Low Cost es el mal (2012). Netbiblo. ISBN 9788497458948.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pousa, Luis (29 de novembro de 2007). "Miguel Conde, empresario". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ lecturalia.com. "Miguel Conde-Lobato: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2024-07-08.
- ↑ "BriefingGalego.com Miguel Conde". BriefingGalego.com (en castelán). 2020-02-14. Consultado o 2024-07-08.
- ↑ Región, La (2024-01-31). "Miguel Conde-Lobato: "En publicidad es esencial observar para sorprender"". La Región (en castelán). Consultado o 2024-07-08.
- ↑ "Miguel Conde-Lobato: «Fundamentalmente mis libros son para entretener»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-10-26. Consultado o 2024-07-08.
- ↑ "Miguel Conde-Lobato: «Fundamentalmente mis libros son para entretener»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-10-26. Consultado o 2024-07-08.