[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Miguel Conde Lobato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Conde Lobato

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpublicitario Editar o valor en Wikidata

Miguel Conde-Lobato, nado en Caracas en 1963[1], é un publicista galego,comunicador, creador, escritor e emprendedor galego. Acadou sona pola súa participación como creativo na exitosa campaña de Gadis Vivamos como Galegos!. Trátase da campaña máis descargada en Internet da historia da publicidade española (INFOADEX).[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de pais galegos e residente en Galicia.

É un dos pioneiros en España do modelo emocional-cultural en comunicación, realizando grandes achegas á construción de marcas a través do que el denomina a persuasión emocional.

Ademais, leva a cabo diferentes iniciativas sociais sen ánimo de lucro, concentradas dende o 2016 na Fundación Knowcosters que tomou o nome do libro que publicou no 2010 "Knowcosters, cuando el low cost es el mal".. No libro senta as bases da trazabilidade do consumo e de como este determina o modelo social, chegando a consideralo máis importante que o voto (cando consomes votas). Así mesmo, no libro analízase como chegamos ata aquí e como podemos saír desta tormenta perfecta, poñendo énfase na información -de aí o nome Knowcost- asumindo que coa debida información o consumidor cambia a súa conduta.[3]

Entre as iniciativas de Knowcosters está a Tripla Marcaxe (engadir xunto ó PVP , o prezo do planeta e o prezo do estado de benestar), outra das súas propostas é a Pegada Fiscal, un distintivo que informa do país onde pagan os seus impostos os comercios online.

Por outra banda, Conde fomenta un movemento a favor da "persuasión boa" na que se respecte ao máximo a liberdade de elección do consumidor polo que se mostra crítico con iniciativas de condicionamento como o Neuromarketing e o Big Data non regulado, que poden supor un menoscabo da privacidade e do ámbito de liberdade do individuo.[4]

Nos seus máis de 30 anos de carreira ten creado e rodado decenas de historias a través de Congo Produccciones.

Autor tamén do suspense Los lobos no piden perdón, a súa primeira novela, publicada en Ediciones B (Penguin Random House) o 6 de xuño de 2019.

  1. Pousa, Luis (29 de novembro de 2007). "Miguel Conde, empresario". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  2. lecturalia.com. "Miguel Conde-Lobato: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2024-07-08. 
  3. "BriefingGalego.com Miguel Conde". BriefingGalego.com (en castelán). 2020-02-14. Consultado o 2024-07-08. 
  4. Región, La (2024-01-31). "Miguel Conde-Lobato: "En publicidad es esencial observar para sorprender"". La Región (en castelán). Consultado o 2024-07-08. 
  5. "Miguel Conde-Lobato: «Fundamentalmente mis libros son para entretener»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-10-26. Consultado o 2024-07-08. 
  6. "Miguel Conde-Lobato: «Fundamentalmente mis libros son para entretener»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-10-26. Consultado o 2024-07-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]