[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Merdeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Merdeiro no Museo Galego do Entroido.

O merdeiro é unha personaxe do entroido vigués de carácter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mencionalo atacaban a súa figura.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. O seu obxectivo era incomodar a xente na época do entroido, refregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes podrecidos. O motivo da creación desta figura foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos. A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para cuitar as súas veigas, esaxerando os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol.

O merdeiro na tradición escrita

[editar | editar a fonte]

A súa existencia queda reflectida na prensa de finais do século XIX e comezos do XX, e tamén por estudosos do folclore coma Vicente Risco ou Xaquín Lorenzo[Cómpre referencia]. No entroido de 2006 procurouse sentar a base teórica dun proxecto de recuperación desta figura, coa publicación dun libro sobre a súa figura e coa primeira saída á rúa dun grupo de merdeiros despois de máis de 80 anos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Xerardo F. Santomé (2006): O Merdeiro: un persoaxe do entroido vigués (Apuntamentos para a súa recuperación). Vigo: Asociación Cultural A Revolta e Asociación de Veciños do Casco Vello.