[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Megasoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Megasoma

Megasoma elephas, o escaravello elefante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Scarabaeiformia
Superfamilia: Scarabaeoidea
Familia: Scarabaeidae
Subfamilia: Dynastinae
Tribo: Dynastini
Xénero: Megasoma
Kirby, 1825
Especie tipo
Megasoma actaeon
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
  • Megalosoma Burmeister, 1847
  • Megasominus Casey, 1915
  • Lycophontes Bruch, 1910

Megasoma é un xénero de escaravellos rinoceronte, que comprende os chamados escaravellos elefante. As especies deste xénero viven desde a metade sur de América do Norte ata a maior parte de América do Sur.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os Megasoma son xeralmente de gran tamaño (como indica o seu nome científico, 'corpo grande' en grego). Como grupo o xénero contén algunhas das especies de escaravellos máis grandes coñecidas. Porén, tamén hai neste xénero algunhas especies pequenas. A máis grande mide ata 135 mm de longo, mentres que a máis pequena, Megasoma punctulatum, só mide uns 20 mm.

Moitas especies de Megasoma (Megasoma elephas, Megasoma thersites, Megasoma gyas, Megasoma cedrosa, Megasoma anubis, Megasoma occidentale, Megasoma joergenseni, Megasoma vogti) teñen pelos (setas) microscópicas que cobren todo o corpo, o que lles dá unha aparencia de ser claras ou laranxas.

Os machos da maioría das especies teñen grandes cornos que usan para loitar con outros machos. As femias carecen deles.

As larvas aliméntanse nas raíces de arbustos e árbores. Os adultos beben os zumes internos das árbores ou lamben zumes de froitas.

Comportamento e hábitat

[editar | editar a fonte]

Os adultos de Megasoma son nocturnos, son ataídos pola luz e a miúdo poden verse descansando en árbores.

Lista de especies

[editar | editar a fonte]
  1. M. Prandi, P. Grossi, F. Vaz-de-Mello (2020) Revision of the Megasoma (Megasoma) gyas (Jablonsky in Herbst, 1785) species group (Coleoptera, Scarabaeidae, Dynastinae). ZooKeys 999:109-145. DOI: 10.3897/zookeys.999.53130
  2. Hielkema, Auke J., Hielkema, Meindert A. (2019): An annotated checklist of the Scarabaeoidea (Insecta: Coleoptera) of the Guianas. Insecta Mundi 732 (732): 1-306, DOI: http://doi.org/10.5281/zenodo.3678492

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kirby, W. 1825. A description of such genera and species of insects, as alluded to in the "Introduction to Entomology" of Messrs. Kirby and Spence, as appear not to have been before sufficiently noticed or described. Transactions of the Linnean Society of London, 14: 563–572. Internet Archive [original description: p. 566]
  • Schoolmeesters P. 2017. Scarabs: World Scarabaeidae Database (versión xullo de 2016). In: Roskov Y., Abucay L., Orrell T., Nicolson D., Bailly N., Kirk P., Bourgoin T., DeWalt R.E., Decock W., De Wever A., Nieukerken E. van, Zarucchi J., Penev L., eds. 2017. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life, 30 de xaneiro de 2017. Digital resource at www.catalogueoflife.org/col. Species 2000: Naturalis, Leiden, the Netherlands. ISSN 2405-8858. Reference page.
  • 2019 winter Bekuwa No.70 Megasoma group

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.