Mar ao norde
Mar ao norde | |
---|---|
Autor/a | Álvaro Cunqueiro |
Ilustrador/a | Luís Seoane |
Cuberta | Luís Seoane |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Nós |
Data de pub. | 1932 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mar ao norde é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1932 por Nós.[1] Foi reeditada pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[2].
Hai unha edición bilingüe con tradución ao castelán por Xavier Rodríguez Baixeras.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Mar ao norde (1932) un libro de iniciación, a súa primeira obra, cun sincretismo vangardista con algo de cubismo ou creacionismo, reaccionando contra o imaxinismo de moda e con aproximacións a Manuel Antonio (no que hai maior fondura no tratamento do tema común do mar). Son poemas breves e concisos nos que se opoñen o mar e a terra, e a illa é o centro na última parte. É unha poesía xeométrica e fría, desde unha postura de deshumanización da arte, con escasas concesións á sentimentalidade.
Segundo Xosé Ramón Pena:
"Mais estoutro mar de Cunqueiro resulta, polo contrario, un mar situado "Máis alá", un mar abstracto, despoboado de calquera referencia que permita establecer os fíos entre a experiencia e a propia experiencia metaforizada: Mentres en en Manuel Antonio o mar é suxeito da poesía (activo) ou subxectiva de quen poetiza, no de Mondoñedo, o mar é simplemente obxecto (pasivo) onde poetizar."[4]
Segundo o Diccionario da literatura galega:
"Obra ousada que cómpre adscribir a un deliberado sincretismo vangardista máis que ó cubismo ou ó creacionismo, malia deseñaren os breves poemas, case estampas, un simbólico itinerario que opón terra a mar, sendo a illa da terceira parte o eixo central, co que obtén, cunha grande economía de medios, un elevado rendemento poético. Trátase de compsocións case deshumanizadas, dun hermetismo consubstancial que intenta evita a imposición dun único sentido."[5]
Poemas
[editar | editar a fonte]-Porto
- Cinco fiestras colgadas
- Sin que naide o soupera (6 versos)
- Sombra en presencia pura (8 versos)
-Mar outa
- Illa: oco insumiso (7 versos)
- Este é o punto mesmo (13 versos)
- Unha, dúas, tres: a lancha (6 versos)
- Unha cóxega morna: así (7 versos)
- Tamén o mar, hoxe (10 versos)
- Coma un ollo: Todo o branco do serán (10 versos)
- Xa non hai aquela simple (7 versos)
- Nidia dede a note (4 versos)
- A vosa soedá óuvese (8 versos)
-Illa
- Xa teño a noite e o día (7 versos)
- E como doi a luz (11 versos)
- ROSAL (3 versos)
- Agora –van lendo- (5 versos)
- Eu nona ollei nascer. Déronma (12 versos)
- Lua mollada chegáballe do mar (9 versos)
- Move. Corre. É a hora enteira (6 versos)
-Terra adentro
- ¿Non coñeces o mar? ( 8versos)
- Non sei si a fiestra hoxe (10 versos)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iglesias, Xabier (venres, 2/9/2016). "Os libros de Ánxel Casal: Mar ao Norde". Os libros de Ánxel Casal. Consultado o 21/7/2019.
- ↑ Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3.
- ↑ "Mar ao Norde = Mar al Norte". Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 20/6/2019.
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. p. 266. ISBN 978-84-9121-107-5..
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 157. ISBN 84-8288-019-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 748–766. ISBN 84-7154-227-7.
- López-Casanova, A. (1994). Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética. Fundación Alfredo Brañas.