[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Arcadio López-Casanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArcadio López-Casanova

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1942 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de abril de 2022 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, catedrático, docente, crítico literario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diciopedia do século 21 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX992128 Bitraga: 3660 BUSC: lopez-casanova-arcadio-1942 Dialnet: 3562113

Arcadio López-Casanova, nado en Lugo o 5 de marzo de 1942[1] e finado en Valencia o 11 de abril de 2022[2], foi un escritor e crítico literario galego. Máis coñecido como poeta, foi tamén profesor de Literatura, crítico literario e cultivou ademais o teatro e a literatura infantil. Os seus primeiros libros de poesía reflicten unha preocupación obsesiva por recuperar a infancia e a inocencia perdida. Estas arelas están mesturadas cun dramatismo que expón unha visión desesperada do mundo, na liña intimista e angustiada da poesía da tebra. En Mesteres, que supón unha renovación da súa poesía, mostra maior preocupación formal. Emprega versos de longa andaina entroncados nas formas rapsódicas da lírica tradicional. Liturxia do corpo contén meditacións íntimas sobre a morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Malia nacer en Lugo, pasou a infancia na casa da avoa paterna, no Páramo. Regresou a Lugo para cursar o bacharelato no Instituto Masculino e, neste tempo, trabou amizade con Manuel María e coa súa compañeira, Saleta Goi, persoas decisivas na súa formación.[3] Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Ramón Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell.[4] El mesmo lembrou[5]:

... o meu primeiro tempo de estancia en Compostela, onde fixen dous grandísimos achádegos: dunha banda tomei conciencia viva e rexa da nosa lingua, de Galicia e ademirei a leición ética i o que siñifica fidelidade á Terra no home que considero o meu mestre: Ramón Piñeiro; de outra, o vencellamento fondo cos compoñentes da miña xeración, -Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña, Xavier Carro, Carlos Casares- unidos todos, como tiña que ser, por unha íntima identidade de problemas e máis tamén de visión da nosa razón de ser nista hora galega e do mundo...

Membro da asociación cultural O Galo, formou parte do círculo máis próximo de Ramón Piñeiro, que resultou decisivo na súa formación e o acompañou na evolución literaria. Participou no Consello da Mocedade, organización clandestina da mocidade nacionalista entre 1963 e 1964.[3]

Doutorouse en Filoloxía.[6] Colaborou asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia. En 1961 editou o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Recibiu numerosos premios nas Festas Minervais e noutros certames literarios.[7]

Xa de volta na súa cidade natal, continuou coa actividade cultural. Organizou e dirixiu o primeiro Curso de galego (1965) e unha homenaxe a Luís Pimentel. Asistiu ao faladoiro lugués de Celestino Fernández de la Vega, colaborou na prensa con artigos de temática literaria e fundou a colección "Ronsel" de poesía. Comezou a impartir docencia no Colexio Fingoi, baixo a dirección do profesor Ricardo Carvalho Calero e como compañeiro de Xosé Luís Méndez Ferrín, e pasou logo ao instituo masculino (actual Lucus Augusti), onde coincidiu cos catedráticos Xesús Alonso Montero e Amable Veiga.[7]

En 1968 trasladouse a Valencia para ocupar unha cátedra de Lingua e Literatura Españolas no Instituto Mariano Benlliure. Desde 1986 foi profesor titular do Departamento de Filoloxía Española da Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia, rematando de profesor emérito.[8] Impartiu materias relacionadas coa poesía e a novela españolas do século XX, así como a análise e a composición de textos poéticos.[7][9]

Foi profesor convidado nas Universidades de Roma, Boloña e Milán.[6]

En 2012 foi elixido membro de honra da Real Academia Galega, o seu discurso foi A modernidade poética de Rosalía: unha interpretación, respondido por Xesús Alonso Montero o 9 de novembro de 2013.[10]

Traxectoria literaria

[editar | editar a fonte]

Segundo o Diccionario da literatura galega'[11]:

Foi considerado xunto con Méndez Ferrín e Manuel Vilanova un dos autores que marcan a fronteira entre a poesía social e a xeración dos oitenta co seu poemario Mesteres... Xa desde os seus primeiros libros se nota o interese de López-Casanova por investigar todas as posibilidades expresivas e estéticas da palabra, mesmo naqueles textos de carácter existencial, metafísico ou social, e, de feito, este interese levouno tanto ó terreo da creación como ó da investigación. As recorrencias textuais, en calquera dos graos e manifestacións posibles chámanlle poderosamente a atención. Este interese é o que o leva a emprender a técnica do collage, quer dicir, a incluír textos doutros autores nos seus propios, sendo esta unha das marcas máis claras do culturalismo que a partir de 1976 vai triunfar na poesía galega.

Sinala, ademais, o DdLG, dúas etapas na súa obra. Nos primeiros textos a preocupación formal vai da man do lirismo e o canto civil. A segunda, desde 1972, está dominada pola preocupación formal.[11]

Pode encadrarse entre os Novísimos do 68 na literatura galega. Son escritores españois da súa xeración Manuel Vázquez Montalbán, Antonio Martínez Sarrión, José María Álvarez, Félix de Azúa, Pere Gimferrer, Vicente Molina Foix, Guillermo Carnero, Ana María Moix e Leopoldo María Panero.[12]

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

En galego

[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • O bosque de Ouriol (1973). Vigo: Galaxia. 52 páxs. ISBN 978-8471541734. Debuxos de Mina.
  • Cancioneiriño (Do tempo e a paisaxe, dos traballos e das festas). Versos para xente nova. (2016). Santiago: Follas Novas. 100 paxs. ISBN 978-84-608-8264-0.
  • Orestes (1963). Revista Grial. Finalista do I Certame Galaico-Portugués do Miño, celebrado en Lugo en 1960.[18][19]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Tío Mingos: cuentos de Galicia (1958). Lugo: Imprenta Palacios.
  • Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea (1979). Universidade de Valencia, Facultade de Filosofía e Letras. 1942 páxs.
  • Estructuras correlativas y función estilística (1989).
  • Lenguaje de la poesía y figuras gramaticales (1991). Publicacions de la Universitat Jaume I. 180 páxs. ISBN 978-8480210003.
  • La poesía romántica (1991). Anaya Infantil y Juvenil. 96 páxs. ISBN 978-8420740300.
  • Miguel Hernández, pasión y elegía (1993). Anaya Infantil y Juvenil. 96 páxs. ISBN 978-8420749228.
  • El texto poético. Teoría y metodología (1994). Salamanca: Colegio de España. 180 páxs. ISBN 978-8486408350.
  • El relato fantástico: historia y sistema (1998). Salamanca: Colegio de España. Con Antón Risco e Ignacio Soldevila (eds.).
  • Macrotexto poético y estructuras de sentido: análisis de modelos líricos modernos (2007). Tirant lo Blanch. ISBN 9788484569947.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Con Eduardo Alonso
[editar | editar a fonte]
  • Lenguaje, expresión literaria y lingüística española (1971). Valencia: Bello.
  • El análisis estilístico (poesía/novela) (1975). Valencia: Bello.
  • Teoría, método de análisis y práctica textual (1982)

Castelán

[editar | editar a fonte]
  • Premio Adonais no 1978, por La oscura potestad.
  • Gañador do Premio Internacional Ciudad de Melilla no 1991, por Razón de iniquidad.
  • Premio Tiflos no 1997, por Asedio de sombra.
  1. "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 11/4/2022. 
  2. Arsenio Coto (11/4/2022). "El mundo de las letras gallegas llora la muerte de Arcadio López Casanova". El Progreso. 
  3. 3,0 3,1 "Pesar polo falecemento de Arcadio López Casanova". Nós Diario. Consultado o 11/4/2022. 
  4. "López Casanova , Arcadio". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-04-12. 
  5. López-Casanova, Arcadio (1967). Palabra de honor. Salnés 21. Vigo: Galaxia. 
  6. 6,0 6,1 "Arcadio López - Casanova Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 11/4/2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "López-Casanova, Arcadio". Edicións Xerais de Galicia. Consultado o 11/4/2022. 
  8. "Datos personales". uv.es. Consultado o 11/4/2022. 
  9. "Arcadio López-Casanova - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 11/4/2022. 
  10. López-Casanova, Arcadio; Montero, Xesús Alonso (2013-03-01). A modernidade poética de Rosalía. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-88-5. 
  11. 11,0 11,1 Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 345. ISBN 84-8288-019-5. 
  12. S. Zapata, André (12/3/2022). "Adeus a un escritor que deixou pegada na xeración dos Novísimos". La Voz de Galicia. 
  13. "Mesteres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27/5/2020. Consultado o 5/1//2019. 
  14. "Do tempo posuído [Poesía 1960-2000] Espiral Maior LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 11/4/2022. 
  15. crebas. "Recensión a Herdo do canto, de Arcadio López-Casanova en Grial 171 (2006) crebas.gal". Consultado o 11/4/2022. 
  16. García Negro, María Pilar. "As voces da máscara". Nós Diario. Consultado o 11/4/2022. 
  17. Seara, Teresa (Xaneiro-xuño, 2020). "Herdo do corazón". Grial. LVIII (225, 226): 78. ISSN 0017-4181. 
  18. "Orestes de Casanova" (PDF). anmal.uma.es. Consultado o 11/4/2022. 
  19. Xestoso, Manuel (15/4/2022). "O teatro esquecido de López-Casanova". Nós Diario. 
  20. "Arcadio López- Casanova, premio Voz de Liberdade 2015 do Pen Galicia". La Voz de Galicia. 29/10/2015. Consultado o 12/4/2022. 
  21. "Arcadio López Casanova, premio Otero Pedrayo 2015". Diputación de Lugo. Consultado o 11/4/2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]