Mar Menor
Tipo | albufeira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Murcia, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Profundidade | 7 m | |||
Superficie | 303,1 km² | |||
Sitio Ramsar | ||||
Identificador | 706 | |||
O Mar Menor é unha lagoa de auga salgada de España, situada xunto ao mar Mediterráneo, na rexión de Murcia. Os seus especiais características ecolóxicas e naturais fan do Mar Menor unha paraxe natural única e o lago de auga salgada maior de Europa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]De forma semicircular, está separado do mar Mediterráneo por unha franxa de area de 22 km de lonxitude e de entre 100 e 1.200 m de anchura, denominada La Manga del Mar Menor. No seu perímetro litoral conta con 73 km de costa, na que se van sucedendo praias de augas transparentes e pouco profundas (a profundidade máxima non é superior a 7 m), e ten 170 km² de superficie.
No seu límite inferior de atopa cabo de Palos co seu característico faro. Na súa zona sur atópanse cinco illas ou illotes de orixe volcánica: tres son as chamadas illas maiores: illa Perdiguera, illa Mayor ou do Barón e illa do Ciervo; e dúas illas menores, illa Redonda e illa do Sujeto.
As costas que baña o Mar Menor pertencen aos municipios de San Javier (lugar de Santiago de la Ribera), San Pedro del Pinatar (lugar de Lo Pagán), Los Alcázares e Cartagena (lugares de Los Urrutias, Los Nietos e La Manga).
Convención de Ramsar
[editar | editar a fonte]A lagoa e as súas zonas húmidas periféricas, foron designadas polas Nacións Unidas como Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo (Convenio de Barcelona). Trátase da zona húmida RAMSAR número 706.
Espazos protexidos
[editar | editar a fonte]Na súa parte norte atópase o parque natural das Salinas e Arenais de San Pedro del Pinatar.
A paisaxe protexida denominada «Illas e espazos do Mar Menor» comprende as illas e varias áreas ribeiregas e zonas húmidas periféricas próximas, como a praia de la Hita, o saladar de Lo Poyo, a mariña del Carmolí, as salinas de Marchamalo e a praia de la Amoladera, ademais dos cabezos do Carmolí e San Ginés. Así mesmo, dentro da delimitación da Zona húmida Ramsar inclúe parte do Parque Rexional de Calblanque, Monte de las Cenizas e Peña del Águila, en concreto, a «Zona húmida das Salinas de Rasall ou Calblanque».