María Luisa Sobrino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1943 (81 anos) [1] Vigo |
Profesora | |
Actividade | |
Ocupación | historiadora da arte |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Obra | |
Doutorando | Xosé Luís Mosquera Camba |
María Luisa Sobrino Manzanares Villanueva Correa,[2] nada en Vigo o 29 de xullo de 1943,[3] é unha historiadora da arte galega, especialista en arte galega contemporánea.[4] Reside en Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en 1973 coa tese Cuatro pintores gallegos contemporáneos: Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto y Laxeiro, cualificada con sobresaínte cum laude.[5] Foi profesora na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid e catedrática de arte contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela,[2] onde dirixiu "Quintana", publicación do departamento de historia da arte.[6]
Sobrino foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento,[1] do Consello da Cultura Galega[7] e do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.[8]
Obra
[editar | editar a fonte]- Cuatro pintores gallegos contemporáneos: Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto y Laxeiro, 1974.
- "Luis Seoane ou a integración das Artes", Grial 59, 1978.
- Colmeiro, 1981.
- Arturo Souto, 1984, Deputación de Pontevedra.
- El arte gallego contemporáneo.
- Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de La Coruña, 1991, Deputación da Coruña, ISBN 84-86040-51-5.
- El lenguaje silencioso de los objetos, 1995, Galería Alameda.
- O cartelismo en Galicia, desde as súas orixes ata 1936, 1993, Ediciós do Castro, ISBN 84-7492-637-8.[9]
- Escultura contemporánea en el espacio urbano: transformaciones, ubicaciones y recepción pública, 1999.
- Índice documental de escultores galegos do século XX, 2002 (CD-ROM), CCG, ISBN 84-95415-50-X.
- Valle; Carballo-Calero; Sobrino; Castro (2005). A arte galega na Colección Caixanova (en castelán). Faro de Vigo. VG-914/05.
- Creación artística e identidades culturais (coordinación), 2009, CCG.
- Arte + mulleres. Creadoras galegas (edición), 2015, CCG, ISBN 978-84-92923-65-6.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Sobrino Manzanares, María Luisa". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 353. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ 2,0 2,1 "Resolución do 5 de outubro de 1998 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de historia da arte…" DOG.
- ↑ "Sobrino Manzanares, María Luisa". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 247-248.
- ↑ "Sobrino Manzanares, Mª Luisa". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1948. ISBN 978-84-8288-942-9.
- ↑ "Sobrino Manzanares, María Luisa". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte (en castelán).
- ↑ María Luisa Sobrino na páxina web do CCG
- ↑ "Juan Casares entrega a la profesora María Luisa Sobrino la Insignia de Oro de la USC". La Voz de Galicia (en castelán). EFE. 25/4/2014.
- ↑ O cartelismo en Galicia. Imaxe da cuberta
- ↑ Arte + mulleres. Creadoras galegas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sobrino Manzanares, María Luisa". Diccionario enciclopédico galego universal 56. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 26. ISBN 84-7680-429-6.
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 296. ISBN 84-85311-96-5.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Sobrino Manzanares, Mª Luisa". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 548. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- María Luisa Sobrino no MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo).
- Pintores de Galicia (2013). TVG. Interveñen Díaz Pardo, Marisa Sobrino, Xosé Antón Castro, Carlos Bernárdez e Fernando Vilanova.