[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cum laude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cum laude é unha locución latina que significa 'con loanza', formada pola preposición cum mais o ablativo singular de laus, laudis. Emprégase para resaltar certas cualificacións académicas, normalmente o doutoramento (apto cum laude).

En España dende 1998 (R.D 778/1998) pode acompañar a cualificación de sobresaliente para amosar a nota máxima na cualificación académica e, polo tanto, preferencia para premio extraordinario. Pero polo xeral, como se fai nos Estados Unidos e noutros lugares de Europa e do mundo, todas as universidades utilizan frases latinas para sinalar o nivel de distinción académica con que o alumnado cursara un grao académico. Normalmente existen tres graos de honra: cum laude ('con loanza'), magna cum laude ('con grandes loanzas') e summa cum laude ('con máximas loanzas').