[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Manuela López Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuela López Suárez
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1903 Editar o valor en Wikidata
Probaos, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1948 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Probaos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesManuela Sánchez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata

Manuela López Suárez, que pasou á historia como Manuela Sánchez, nada en Probaos (Carres, Oza-Cesuras) o 8 de xuño de 1903 e finada no mesmo lugar o 4 de marzo de 1948, foi unha guerrilleira antifascista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era a segunda das seis fillas de Joaquín López Sánchez e Francisca Suárez Iglesias, veciños de Probaos coñecidos como "Os Chintos". Na casa familiar acubillábanse membros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, dos destacamentos dirixidos por Manuel Ponte e Manuel Pena Camino. Logo do seu matrimonio con Adolfo Cadaveira, Manuela vivía na casa paterna. Na noite do 3 de marzo de 1948 pernoctaban na casa os guerrilleiros Antonio Nouche Costa e José Blanco Núñez, e sendo coñecedora a Garda Civil deste feito, montou un dispositivo ao mando do capitán José Méndez Villar para capturalos. Despois do mediodía do día seguinte a Garda Civil rodeou a casa, na que xa só estaban Manuela e o seu pai, e oculto no primeiro piso Antonio Nouche; José Blanco fuxira antes de comezar o rexistro. No tiroteo foron abatidos Manuela e o seu pai, o guerrilleiro Antonio Nouche, e tamén resultaron mortos os gardas civís Blas Sánchez e José Cano. Esa mesma noite foron asasinados en aplicación da "lei de fugas" a irmá de Manuela, María López Sánchez e o seu xenro Manuel Mosquera Moar, que vivían nunha casa próxima, tamén enlaces da guerrilla.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A súa figura, produto dun proceso de ficcionalización a partir da historia real, foi popularizada pola prensa comunista como arquetipo da guerrilleira antifranquista.[1] Francisco Rey Balbís, Jesús Izcaray, Lorenzo Varela, Luís Seoane, Rafael Alberti e Juan Miguel Romá dedicáronlle textos e poemas panexíricos, nos que sempre aparece como Manuela Sánchez.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Adolfo Cadaveira Pernas, e foi nai de José Cadaveira López.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]