Manuel Quintas Figueroa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Teis, España |
Morte | 5 de abril de 1937 (39/40 anos) Xinzo, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | José Luís Quintas Figueroa |
Manuel Enrique Quintas Figueroa, nado en Teis (Vigo) cara a 1897 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 5 de abril de 1937, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de José Luís Quintas Figueroa. O 5 de abril de 1937 foi asasinado polos falanxistas no Pinal do Foxo (Xinzo, Ponteareas) con Manuel Cividanes, Manuel Álvarez Pereira, Serafín Chaves Bispo, Perfecto Méndez Pastoriza, Clemente Calvar Solla, Ángel Rodal Blanco e Francisco Aldao Gallego.