Ángel Rodal Blanco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1916 Cangas, España |
Morte | 5 de abril de 1937 (20/21 anos) Xinzo, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Pai | José Rodal Lanzós |
Ángel Rodal Blanco, nado en Cangas cara 1916 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 5 de abril de 1937, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Rodal Lanzós. Estaba facendo o servizo militar na zona republicana. Acolleuse a unhas supostas medidas de graza dictadas polos franquistas, entregouse, e ingresou na prisión de Vigo. Aos poucos días, o 5 de abril de 1937 foi asasinado polos falanxistas no Pinal do Foxo (Xinzo, Ponteareas) con Manuel Cividanes, Manuel Álvarez Pereira, Serafín Chaves Bispo, Perfecto Méndez Pastoriza, Clemente Calvar Solla, Manuel Quintas Figueroa e Francisco Aldao Gallego. O cura negouse a enterrar o cadáver, tendo que ser trasladado a Cangas para ser soterrado alí,
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nores Soliño, Antonio; Santos Castroviejo, Iago (2005). Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, ed. Mortos, presos, fuxidos e desertores en Cangas (Pontevedra) na retagarda in A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria (PDF). Culleredo. pp. 679–731. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2014. Arquivado 22 de marzo de 2014 en Wayback Machine.