[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Matsuo Basho

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaMatsuo Basho

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 松尾芭蕉 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 金作 Editar o valor en Wikidata
1644 Editar o valor en Wikidata
Bashō's birth house (Shogunato Tokugawa) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de novembro de 1694 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Midōsuji (Shogunato Tokugawa) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGichū-ji (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSekiguchi Bashōan (en) Traducir
Genjū-an (en) Traducir
Bashō's birth house (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Edo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSengin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoHaikai Editar o valor en Wikidata
MovementoShōfū haikai (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresKitamura Kigin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosTakarai Kikaku../... 25+ (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literario甚七郎
甚四郎
俳聖 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteLarousse Encyclopedia online (pt) Traducir
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir
Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1143814 Musicbrainz: 97894d11-10c1-41b4-9026-1b49f5dc17c5 IMSLP: Category:Matsuo,_Bashō Find a Grave: 201274929 Editar o valor en Wikidata

Matsuo Bashō (松尾 芭蕉?), nado como Matsuo Kinsaku (松尾 金作?) preto da vila de Ueno (actual cidade de Iga), na provincia de Iga (actual prefectura de Mie) en 1644 e finado en Osaka o 28 de novembro de 1694, foi un poeta xaponés do período Edo, coñecido principalmente polo xénero de poemas curtos chamados haiku. Tamén é coñecido como Matsuo Chūemon Munefusa (松尾 忠右衛門 宗房?).[1][2]

Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa haikai no renga; hoxe, é considerado un gran mestre do haiku (daquela chamado hokku). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no renku. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”[3]

Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de Edo (moderna Toquio), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Suposto lugar de nacemento de Bashō, na Provincia de Iga.

Bashō naceu en 1644, preto de Ueno, na Provincia de Iga.[4]. O seu pai era un samurai de baixo rango, que lle asegurou a Bashō un porvir no mundo militar, pero non a oportunidade dunha vida notable. Os biógrafos din que traballou nas cociñas.[5] Aínda neno (9 anos), Bashō converteuse en servente de Tōdō Yoshitada (藤堂 良忠?), con quen compartía o amor polo haikai no renga, unha forma de composición poética colaborativa.[6] En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.

En 1666, coa morte do xove amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entre tanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual Toquio), en 1672, Bashō edita unha antoloxía, Kai Ooi, que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).

Bashō, após a publicación de Minashiguri, antoloxía de versos publicada en 1684, realiza a primeira das súas catro viaxes polo Xapón. É desa época (1685) o seu haiku mais célebre, No vello tanque, e tamén o seu libro mais famoso, Sendas de Oku.[7]

Xaponés Transliteración Tradución[8]
古池や
蛙飛びこむ
水の音
Furu ike ya  
kawazu tobikomu  
Mizu no oto  
Nun vello tanque  
Salta unha rá  
Ruído da auga  

Na súa última viaxe, Bashō adoece antes de chegar ao local destinado, (Kiushu). O seu último haiku fala da súa xornada poética:

Xaponés Transliteración Tradución
旅に病で
夢は枯野を
かけ廻る
tabi ni yande  
yume wa kareno wo  
kakemeguru  
Doente na viaxe  
paséome en soños  
por campos murchos  

Os círculos literarios de Nihonbashi rapidamente recoñeceron o valor da poesía de Bashō polo seu estilo sinxelo e natural. En 1674 pasou a formar parte do círculo interno de profesionais do Haikai e, secretamente, recibiu ensinanzas de Kitamura Kigin (1624-1705).[9] Naquela época escribio este hokku en homenaxe ó shōgun Tokugawa:

kabitan mo / tsukubawasekeri / kimi ga haru(1678)
Os holandeses, tamén, / axeonllados ante o seu señor / Primavera ó seu reinado.
Un bananeiro, en xaponés Bashō, planta que amaba e inspirou o seu último tengo, o nome artístico do poeta .

Adoptou un novo tengo, Tosei, e no 1680 xa se adicaba ó oficio de poeta a tempo completo, sendo mestre de vinte discípulos, entre os que destaca Naitō Jōsō. O mesmo ano publicouse Tosei-Montei Dokugin-Nijukasen(桃青门弟独吟二十歌仙), unha obra cos mellores poemas de Tosei e dos seus vinte discípulos, que amosaba o talento do artista. No inverno de 1680, tomou a sorprendente decisión de pasar ó outro lado do río, en Fukagawa, lonxe da xente e escollendo unha vida máis solitaria.[10] Os seus discípulos construíronlle unha cabana rústica e plantáronlle un bananeiro (芭蕉, bashō) no patio, dando un novo tengo ó poeta que a partir dese momento chamaríase Bashō, e o seu primeiro fogar permanente. Amaba moito á planta, e molestáballe moito ver medrar plantas do xénero Miscanthus , unha Poaceae típica de Fukagawa, ó redor do seu bananeiro. Escribiu:

Bashō UETE / Mazuria nikumu ogi no / Futaba kana(1680)
Pola miña nova planta de bananeiro / O primeiro sinal dunha cousa que detesto / un gromo de eulalia!

A pesar do seu éxito, vivía insatisfeito e solitario. Comezou a practicar a meditación zen, pero non parece que lograra recuperar a tranquilidade de espírito.[11] No inverno de 1682 incendiouse a súa cabana e, pouco despois, a comezos de 1683, a súa nai morreu. Con todos estes acontecementos, viaxou a Yamura para quedar en casa dun amigo. O inverno de 1683 os seus discípulos regaláronlle unha segunda cabana en Edo, pero o seu estado de ánimo non mellorou. En 1684, o seu discípulo Takarai Kikaku publicou unha recompilación de poemas seus e outros poetas, Minashiguri(虚栗), Castañas arrugadas.[12] Máis tarde, ese mesmo ano, deixou Edo para realizar o primeiro dos seus catro grandes viaxes.[13]

Bashō non se limitou ás fórmulas tradicionais do xénero, relativas á representación das estacións (kigo) se non que tiña un estilo mais realista e emotivo.[14]

"古人の跡を求めず、古人の求めたるの所を求めよ"

"Non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron"[15]

Xa en vida foi un autor moi popular e o seu prestixio foi aumentando co tempo (no 1793 foi deificado) non sendo até o século XIX que comezaron a aparecer algunhas críticas ao seu estilo.

Monumento cun poema de Bashō, en Yokkaichi (Mie).
  • Kaio (1672)
  • Minashiguri (1683)
  • Nozarashi Kiko (1684)
  • Fuyu no Hi (1684)
  • Haru no Hi (1686)
  • Kashima Kiko (1687)
  • No Kobumi de Verdad, ou Utatsu Kiko (1688)
  • Kiko Sarashina (1688)
  • Arano (1689)
  • Hisago (1689)
  • Sarumino (1689)
  • Saga Nikki (1691)
  • Basho no Utsusu kotoba (1691)
  • Heiko no Setsu (1692)
  • Sumidawara (1694)
  • Betsuzashiki (1694)
  • Oku no Hosomichi (1694)
  • Zoku Sarumino (1698)

Oku no hosomichi (Sendas de Oku) é un libro de viaxes, que en cada páxina contén un pequeno relato en prosa e un haiku inspirado por el. Algúns dos seus haikus foron traducidos ao galego na recompilación 77 haikus, de Consuelo García Devesa.

  1. "松尾芭蕉" (en xaponés). The Asahi Shimbun Company. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  2. "芭蕉と伊賀上野". 芭蕉と伊賀 Igaueno Cable Television. Consultado o 22 de novembro de 2010. (en xaponés)
  3. Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in Journal of Renga & Renku, Issue 2, 2012. p7
  4. Kokusai 1948, p. 246
  5. Carter 1997, p. 62
  6. Ueda 1982, p.20
  7. Publicado en 1702, o libro describe una viaxe realizada por Bashō durante a primavera e o outono de 1689, de Edo á rexión de Oku. A viaxe durou 156 días, percorridos a pé.
  8. Existen moitas traducións amplamente diferentes deste poema, o significado literal é o que se transcribe, a segunda palabra, ike, pode tamén traducirse por pequeno lago, poza [1]
  9. Carter 1997, p. 62.
  10. Carter 1997, p. 57
  11. Ueda 1982, p. 25.
  12. Kokusai 1948, p. 247
  13. Ueda 1992, p. 95.
  14. Ueda, Makoto (1970). Matsuo Bashō. Tokyo: Twayne Publishers. Páxina 50
  15. "Words by a Brushwood Gate" (柴門の辭)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]