[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Moodle

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Logo de Moodle

Moodle é un sistema de xestión de cursos de libre distribución (course management system CMS) que axuda aos educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña.

Moodle foi creado por Martin Dougiamas, quen foi administrador de WebCT na Universidade Tecnolóxica de Curtin. Baseou o seu deseño nas ideas do construtivismo en pedagoxía que afirman que o coñecemento se constrúe na mente do estudantado en troques de ser transmitido sen cambios a partir de libros ou ensinos e na aprendizaxe colaborativa. O profesorado que opera desde este punto de vista crea un ambiente centrado no estudante que lle axuda a construír ese coñecemento con base nas súas habilidades e coñecementos propios no canto de simplemente publicar e transmitir a información que se considera que os estudantes deben coñecer.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]