Lynx issiodorensis
Lynx issiodorensis Lince de Issoire Rango fósil: plioceno - plistoceno | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Restos fósiles de Lynx issiodorensis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Lynx issiodorensis Croizet & Jobert, 1828 |
Lynx issiodorensis, coñecido na bibliografía polo nome vulgar de lince de Issoire,[1] é unha especie extinta de lince aparecido a finais do plioceno e que habitou en Europa e en gran parte do globo, desde África do Sur até Norteamérica no plistoceno.[2]
Probablemente extinto durante o final do último período glacial, pénsase que foi o antepasado do lince ibérico e dos demais linces hoxe vivos.
Características
[editar | editar a fonte]Cunha área de dispersión moi ampla, Lynx issiodorensis presentaba unha morfoloxía próxima á dos felinos tendo as características dos linces:[3] unha cola curta e a dentición de 28 dentes.
Antepasado dos linces
[editar | editar a fonte]Propuxéronse varias hipóteses sobre as "aparicións" dos linces modernos a través da forma intermedia do lince de Issoire. Unha primeira hipótese suxire unha diverxencia en tres liñas distintas: L. pardinus, L. lynx, e L. rufus; nesta primeira hipótese, o L. canadensis descendería de L. lynx.[4]
O lince de Issoire migraría a Norteamérica polo estreito de Bering durante a glaciación do plistoceno, hai de 5 a 10 millóns de anos. Probas da súa presenza hai de 2,5 a 2,4 millóns de anos descubríronse en Texas. O lince de Issoire enseguida evolucionaría a unha forma intermedia Lynx issiodorensis kurteni, e despois cara ao actual Lynx rufus.[5]
As primeiras formas de Lynx pardinus poderían derivar de fósiles atribuídos ao Lynx issiodorensis do plistoceno medio, segundo Argant (1996), Lynx pardinus speleus[6] ou Lynx spelea,[7] cuxos restos se descubriron en grutas do Observatorio de Mónaco e de Balzi Rossi, de Grimaldi, en Italia, que posuía características intermedias entre o Lynx lynx e o Lynx pardinus.
É posíbel que o lince de Issoire evolucionara cara ao lince das cavernas que, a continuación evolucionaría cara ao lince ibérico.[6] Estudos sobre a morfoloxía e sobre o esqueleto do lince ibérico puxeron en evidencia a simpatría entre o lince ibérico e o lince boreal no suroeste de Europa durante o plistoceno. As dúas especies son hoxe considradas como alopátricas.[8]
O lince común, Lynx lynx, está máis afastado do Lynx issiodorensis que o lince ibérico. A dentición desta especie é diferente da dos outros linces e tamén é máis grande que as outras especies; unha hipótese propón que o lince común, orixinario de Asia, desprazaría ao Lynx pardinus á Península Ibérica. O Lynx canadensis e o lince común terían o mesmo antepasado común asiático.[9] Despois da primeira colonización que dera lugar ao Lynx rufus, outra forma de lince de Issoire faría unha nova colonización de América desde Asia que daría orixe ao Lynx canadensis moderno.[10][11]
Galería de especies descendentes de Lynx issiodorensis
[editar | editar a fonte]-
Lince común
(Lynx lynx) -
Lince ibérico
(Lynx pardinus)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Issoire é unha comuna francesa do departamento do Puy-de-Dôme, na rexión de Auvernia.
- ↑ Sunquist, Mel & Sunquist, Fiona (2001): Wild cats of the World. Chicago, Illinois, USA: University of Chicago Press |lugar= Chicago. ISBN 0-226-77999-8, p. 153.
- ↑ C. Kempf et al. (1979): Chez nous Le Lynx? Mythes et réalité, pp. 83-120.
- ↑ Raydelet, Patrice, Le lynx boréal.
- ↑ Kevin Hansen (2007): Bobcat: master of survival p. 16.
- ↑ 6,0 6,1 Les lynx, essai de paléontologie et formes actuelles en FERUS (en francés)
- ↑ Raydelet, Patrice, Op. cit.
- ↑ Rosa Garcia-Perea, "Phylogeny and Conservation of Iberian Lynxes", CAT NEWS, outono de 1997, nº 27 [1] Arquivado 19 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Clément Fortin et Josée Tardif (xaneiro 2005). Direction du développement de la faune, ed. "Situation du Lynx du Canada (Lynx canadensis) au Québec" (PDF). fapaq.gouv.qc.ca. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2014. (en francés)
- ↑ William J. Zielinski, Thomas E. Kuceradate (1998). DIANE Publishing, ed. "American Marten, Fisher, Lynx, and Wolverine: Survey Methods for Their Detection": 77–78. ISBN 0788136283. (en inglés)
- ↑ Carron Meaney, Gary P. Beauvais (2004). United States Department of the Interior, Bureau of Land Management, ed. "Species Assessment for Canada lynx (Lynx Canadensis) in Wyoming" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2014. (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lynx issiodorensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lynx issiodorensis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Argant A. (1996): "Sous-famille des Felinae". En: C. Guérin & M. Patou-Mathis (eds) Les grands mammifères plio-pléistocènes d'Europe. París, Francia: Masson. Collection Préhistoire.
- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins: toutes les espèces du monde. París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. ISBN 2-603-01019-0.
- Kempf, C., A. Balestri, U. Wotschikowsky e M. Fernex(1979): Chez nous Le Lynx? Mythes et réalité. Les guides Gesta. ISBN 2-903191-01-8
- Kevin Hansen (2007): Bobcat: master of survival, Oxford University Press US, ISBN 0-19-518303-7
- Marion, Rémy (dir.), Cécile Callou, Julie Delfour, Andy Jennings, Catherine Marion & Géraldine Véron (2005): Larousse des félins. París: Larousse ISBN 2-03-560453-2
- Raydelet, Patrice: Le lynx boréal, Les sentiers du naturaliste. ISBN 2-603-01467-6
- Vigne J.-D. & Pascal M. (2003): "Le Lynx pardelle: Lynx pardinus (Temminck, 1827)". En: M. Pascal, O. Lorvelec, J.-D. Vigne, P. Keith & P. Clergeau (coord.) Évolution holocène de la faune de Vertébrés de France: invasions et disparitions París, Francia: Institut National de la Recherche Agronomique. Centre National de la Recherche Scientifique. Muséum National d'Histoire Naturelle.