Lucifer
Lucifer[1] (do latín lux [‘luz’] e fero [‘levar’]: 'portador da luz') é, na mitoloxía romana, o equivalente grego de Fósforo ou Eósforo (Έωσφόρος) o portador da Aurora que provén da antiga dama escura Luciferina.
Este concepto mantívose na antiga astroloxía romana na noción da stella matutina (o luceiro da alba) contraposto á stella vespertina ou o serán (o luceiro da tarde ou serán), nomes estes que remitían ó planeta Venus, que segundo a época do ano se pode ver preto do horizonte antes do amencer ou despois do atardecer.
Na tradición cristiá, Lucifer representa o anxo caído, exemplo da beleza e sabedoría a quen a soberbia levouno aos infernos, transformándose en Satanás.
Ocultismo
[editar | editar a fonte]O luciferismo é un sistema de crenzas que venera as características esenciais que se fixan a Lucifer. A tradición, influenciada polo gnosticismo, polo xeral venera a Lucifer non coma o diabo, senón coma un liberador, un titor ou guía espiritual[2] ou incluso o deus verdadeiro en oposición a Xehová.[3]
Na obra de Anton LaVey, The Satanic Bible, Lucifer é un dos catro príncipes herdeiros do inferno, sobre todo a do leste, o "señor do ar", e chámase o portador da luz, a estrela da mañá, o intelectualismo, e a ilustración.[4] O título de "señor do ar" baséase en Efesios 2:2, que emprega a frase "o príncipe da potestade do ar" para se referir ao deus pagán Zeus, mais esa frase serodiamente fusionouse con Satanás.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para luciferino.
- ↑ Michelle Belanger (2007). Vampires in Their Own Words: An Anthology of Vampire Voices. Llewellyn Worldwide. ISBN 0-73871220-5.
- ↑ Spence, L. (1993). An Encyclopedia of Occultism. Carol Publishing.
- ↑ LaVey, Anton Szandor (1969). The Satanic Bible. Avon. ISBN 978-038001539-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |