[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lu Xun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLu Xun

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 魯迅 Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoZhou Shuren
25 de setembro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Shaoxing, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Shanghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
ResidenciaShanghai (1933–1936) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tohoku (pt) Traducir
Kobun Institute (en) Traducir
Sendai Medical College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónensaísta, novelista, crítico, escritor, tradutor, crítico literario, esperantista, poeta, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Beijing Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio e conto Editar o valor en Wikidata
MovementoNew Culture Movement (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioLu Xun
豫山
豫才
豫亭 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeZhu An (1906–1936)
Xu Guangping Editar o valor en Wikidata
ParellaXu Guangping (1927–1936) Editar o valor en Wikidata
FillosZhou Haiying
 () Xu Guangping Editar o valor en Wikidata
PaiZhou Boyi Editar o valor en Wikidata
IrmánsZhou Zuoren
Zhou Jianren Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лу Синь)
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0523770 BNE: XX1104836 Last fm: 魯迅 Musicbrainz: 60fb92ed-fc59-476e-8683-b205f471b0b2 WikiTree: 周-21 Editar o valor en Wikidata

Lu Xun (chinés tradicional: 魯迅; chinés simplificado: 鲁迅; pinyin: Lǔ Xùn; Wade-Giles: Lu3 Hsün4), pseudónimo de Zhou Shuren (chinés tradicional: 周樹人; chinés simplificado: 周树人; pinyin: Zhōu Shùrén; Wade-Giles: Chou1 Shu4-jen2), nado en Shaoxing (provincia de Zhejiang) o 25 de setembro de 1881 e finado en Shanghai o 19 de outubro de 1936, foi un escritor chinés. Está considerado o fundador da literatura chinesa moderna debido á súa innovación temática –narrativa de contido realista e social– e ao uso do chinés vernáculo (白话, báihuà, lit. "lingua transparente") en substitución da lingua clásica literaria (文言, wényán, "lingua da cultura").

A súa obra exerceu grande influencia no Movemento do Catro de Maio e fai parte do panteón literario da República Popular da China, malia que nunca chegou a ser membro do Partido Comunista Chinés. Formou parte da Liga de Escritores de Esquerdas, fundada en 1930, na que se propugnaba a idea de que a literatura tiña que servir aos intereses da revolución. El mesmo renunciou á literatura como creación porque entendía que arte e política son incompatíbeis, e tras escribir varias escolmas de relatos e o libro de poemas en prosa Yecao 野草 ("Mala herba"), dedicouse exclusivamente ao ensaio político.

As súas obras "O diario dun tolo" e "Unha nube de vran" foron publicadas en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro nome foi Zhou Zhangshu máis tarde modificado para Shuren; foi o máis vello de catro irmáns, o máis novo Zhou Zuoren foi tamén un coñecido escritor. A dos Zhou era unha familia de funcionarios e letrados aínda que vinda a menos pola acusación sobre o seu avó de subornar nos exames imperiais. En 1899 ingresou na Academia Naval en Nanjing e despois pasou á Escola de Enxeñería Ferroviaria e de Minas. En 1902 obtivo unha bolsa de estudos do goberno para estudar no Xapón, e estudou Medicina en Sendai, carreira que deixou tras un suceso que ía ser fundamental na súa vida: un profesor puxéralle unha placa nunha lanterna de proxección sobre a execución dun chinés acusado de ser espía en Manchuria coa indiferenza dos espectadores chineses que vían a execución con indolencia, como un espectáculo. Lu Xun sentiu que tiña que facer mudar de espírito ao pobo chinés e a literatura podería ser o medio. Marchou a Toquio, alí quixo editar sen éxito unha revista e publicou algúns ensaios, aínda en wenyan (chinés literario clásico), nos que chamaba aos seus compatriotas ao heroísmo, e traduciu algúns contos rusos. En 1910 volveu a China, atopou traballo como profesor de bioloxía en Hangzhou e despois no de Shaoxing. Trala fin da monarquía traballou no Ministerio de Educación en Nanjing e logo en Beijing.

As obras de Lu Xun versan sobre temáticas moi diferentes, son diversas e versátiles na forma, e contan cun estilo distintivo e único. Ao longo da súa vida, cultivou multitude de xéneros literarios, entre os que destacan a novela, o ensaio, a prosa curta ou a poesía. As súas obras completas, editadas en vinte volumes, teñen unha extensión de máis de dez millóns de caracteres. O seu traballo tivo unha profunda influencia no desenvolvemento da lingua e a literatura chinesa modernas.

Lu Xun comezou a súa carreira coa novela O diario dun tolo, publicada en 1918 pola revista literaria Xin qingnian 新青年 ("A nova mocidade"). Trátase da primeira obra moderna en baihua, e tería unha enorme influencia na literatura posterior. Máis adiante, saíron do prelo varios relatos curtos, así como a novela curta A Q zhengzhuan 阿Q正传 ("A auténtica historia de A Q", 1921).

Textos académicos

[editar | editar a fonte]

Lu Xun tamén fixo achegas aos estudos literarios, entre as que destacan Zhongguo xiaoshuo shi lüe (chinés: 中国小说史略, "Breve historia da novela chinesa") e mais Han wenxueshi ganyao (chinés: 汉文学史纲要, "Rudimentos de historia da literatura chinesa").

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. "Fernando Pérez-Barreiro Nolla - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • 鲁迅 (La literatura china traducida en España)