[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua tetum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tetum
Tetun, Lia-Tetun
Falado en: Timor Leste, Indonesia, Australia, Portugal, Reino Unido
Rexións: Sueste asiático
Total de falantes: 800 mil
Familia: Austronesia
 malaio-polinesia (MP)
  MP nuclear
   MP centro-oriental
    Timor-babar
     Timor nuclear ?
      Timor-Leste ?
       Tetúnica
        Tetum
Status oficial
Lingua oficial de: Timor Leste
Regulado por: Instituto Nacional de Linguística
Códigos de lingua
ISO 639-1: tet
ISO 639-2: tet
Mapa
Status

O tetum está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O tetum é unha lingua austronesia falada en Timor Leste. É a lingua nacional e co-oficial do país, e como a maioría das linguas autóctonas da illa, ten moitas palabras derivadas do portugués e do malaio.

O primeiro tetum, xa se estabelecera como lingua franca antes da chegada dos portugueses, aparentemente en consecuencia da conquista da parte oriental da illa polo imperio dos Belos e da necesidade dun instrumento de comunicación común para os trocos comerciais.

Coa chegada dos portugueses á illa, o tetum absorbe vocábulos portugueses e malaios e intégraos no seu léxico, tornándose unha lingua crioula e simplificada—nace así o tetún-praza.

Moi cedo, a finais do século XIX, os xesuítas de Soibada tiñan xa traducido ó tetum parte da Biblia e, en 1913, o gobernador da colonia tiña tentado introducir o tetum no sistema educativo timorense, é xa en 1981 a Igrexa Católica adopta esta lingua na liturxia.

Aínda que o portugués fose a lingua oficial do entón Timor Portugués, o tétum-praça serviu como lingua franca, collendo gran parte do seu vocabulario do portugués. Cando Indonesia invadiu e ocupou Timor Leste en 1975, declarandoo a vixésimo sétima provincia da República co nome Timor Timur, o uso do portugués foi prohibido. Mais a Igrexa Católica, en vez de adoptar a lingua indonesia como lingua litúrxica, adoptou o tetum, tornándoo nun piar da identidade cultural e nacional.

Actualmente, o tetum é a lingua con maior expresión en Timor Leste. A pesar de que o tétum-praça posúe variacións rexionais e sociais, hoxe o seu uso está estendido porque é comprendido por case toda a poboación timorense. E este tétum-praça é o que foi adoptado como "lingua oficial" coa designación de Tétum Oficial.

Gramática

[editar | editar a fonte]

A gramática do tetum é relativamente fácil, xa que non hai xéneros, nin conxugacións de verbos, nin artigos definidos. Entón feto pode traducirse por 'muller' ou 'a muller'. Da mesma maneira, non se usa o plural habitualmente para os nomes, aínda que sexa posible usar a palabra sira ('eles') para dar maior énfase.

  • feto - [a] muller
  • feto sira - [as] mulleres

No caso de palabras de orixe portuguesa úsase o plural distinto, co sufixo s:

  • Estadus Unidus - Estados Unidos (tamén Estadu Naklibur sira)
  • Nasoens Unidas - Nacións Unidas (tamén Nasaun Naklibur sira)

Non hai verbos como 'ser', 'estar' nin 'ficar', mas pódese usar a palabra la'ós (literalmente 'non é') para indicar o negativo.

  • Timoroan la'ós Indonézia-oan. - Os timorenses non son indonesios.
  • Lia-indonézia la'ós sira-nia lian. - O indonesio non é a lingua deles.

Da mesma maneira, maka (que se traduce aproximadamente como 'é que')

  • Xanana Gusmão maka ita-nia Prezidente. - É o Xanana Gusmão que é o noso Presidente.
  • João maka gosta serveja. - É o Xoán que lle gusta a cervexa.

O participio pasado non é usado habitualmente excepto para énfase, cando a palabra ona ('xa') se engade ao fin da frase.

  • Ha'u han. - Como.
  • Ha'u han etu. - Como/comín arroz.
  • Ha'u han etu ona. - Comín/teño comido arroz.
Tetum e portugués.

Como o malaio, o tetum usa dúas formas de 'nós': ami (equivalente a 'kami' en malaio) que é exclusivo, e ita (equivalente a 'kita' en malaio), que é inclusivo.

  • Ita-nia rai - O noso país. (O meu país e o teu.)
  • Ami-nia karreta - O noso carro. (O carro da nosa familia, non o teu).

Ortografía

[editar | editar a fonte]

As primeiras obras sobre ortografía do tetum son de orixe portuguesa. Data de 1889 a publicación do primeiro dicionario de tetum, o Diccionario de Portuguez-Tetum do padre Sebastião Maria Aparício da Silva. Xa no século XX, en 1907, da man de Rafael das Dores, publícase o Diccionario Teto-Portuguez. Manuel Patrício Mendes e Manuel Mendes Laranjeira colaboran nun novo Dicionário Tétum-Português, en 1935. Artur Basílio de Sá, en 1952, publica as súas Notas sobre linguística timorense: Sistema de representação fonética.

Sendo obras de portugueses, nunha época en que o único medio de instrución autorizado nas escolas timorenses era o portugués, o obxectivo dos autores residía en definir sistemas ortográficos de tipo fonético, para axudar ós estranxeiros a falaren tetum, e non tanto en dotar ós timorenses dun medio literario indíxena. Seguen ortografías algo conservadoras, por regra observando as convencións portuguesas. Porén, introducen tamén diversas innovacións, algunhas das cales foron gañando raíz nos hábitos locais de escrita que remataron por ser integradas na ortografía oficial actual.

As primeiras tentativas de creación dunha ortografía propia con vista a tornar o tetum nunha lingua nacional e oficial só chegaran coa época da descolonización, comezando coa campaña de alfabetización, desenvolvida polo curto goberno de Fretilin en 1975, coa publicación de Como vamos alfabetizar o nosso povo Mau Bere de Timor-Leste polo Comité da Fretilin para a Literacia.

En 1980, con Timor Leste transformado en Timor Timur e o portugués xa prohibido, a Comisión Litúrxica da Diocese de Díli edita diversos leccionarios e un Ordinário da Missa: Texto Oficial Tétum. Desde 1975 e ata 1996 un grupo de lingüistas internacionais e timorenses asentados en Australia, a Comisión Internacional para o Desenvolvemento de Timor Leste, prepara os Princípios de Ortografia Tétum: Sistema Fonémico e publica o Standard Tetum-English Dictionary do Dr. Geoffrey Hull.

Estes traballos foron completados entre 2001 e 2002 polo Instituto Nacional de Linguística (INL), autoridade lingüística do país, que publicou Matadalan Ortográfiku ba Tetun Nasionál e Hakerek Tetun Tuir Banati, estabelecendo unha ortografía normalizada, en parte baseada nas reformas ortográficas introducidas pola Fretilin.

Estes incluíran a simplificación de palabras portuguesas, por exemplo, a educação transliterada como edukasaun, a combinación de letras 'ch' é transliterada como 'x', por exemplo chá, é escrita como ; a eliminación das consoantes mudas en palabras herdadas do portugués, por exemplo, istória (historia), batizmu (bautismo), asaun (acción), projetu (proxecto) e a transliteración do 'lh' e do 'nh' en português para 'll' e 'ñ', consecuentemente, senhor en portugués tórnase señór en tetum e trabalhador tórnase en traballadór. Moitas desta solucións, como se ve, son compartidas co galego.

O uso dos dígrafos portugueses 'lh' e 'nh' constituía unha das maiores fraquezas dos sistemas ortográficos do tetum, debido á falta neste, ao contrario do portugués, dun 'h' aspirado. Pero alén diso, moitas linguas de Timor Leste teñen auténticas secuencias consonantais 'lh' e 'nh', en moitos casos como fonemas vulgares.

Como o obxectivo foi o de crear unha ortografa pan-timorense, que fose aplicable ás diversas linguas nacionais, era imperativo encontrar novos símbolos para substituír 'lh' e 'nh' de orixe portuguesa. Algúns lingüistas favoreceran 'ly' e 'ny', mas outros consideráranos demasiado próximos do indonesio. Propúxose a introdución dun diacrítico para distinguir 'l' e 'n' como fonemas independentes e polivalentes, especialmente colocando un mácron sobre o 'l' e o 'n' indicando que son consoantes longas. Con todo, tales símbolos non facilitaban o uso informático, polo que acabou por optarse polo 'ñ' e polo 'll', como en galego.

Comparación con outras linguas con vocabulario mixto

[editar | editar a fonte]

O tetum é comparable, pola forte compoñente lexical allea, a linguas como:

  • o filipino, ou máis precisamente o tagalo, outra lingua austronesia cunha forte compoñente lexical ibérica, castelá neste caso (ata 40%)
  • o chavacano de Zamboanga é unha lingua crioula de base castelá (80%)
  • o inglés, lingua xermánica cunha forte compoñente lexical franco-latina: francés 40%, latín 15%
  • o romanés, lingua romance cunha forte compoñente lexical eslava (25%).
  • o persa, lingua indoeuropea cunha forte compoñente lexical semítica (árabe) (25%).

Vocabulario

[editar | editar a fonte]

O nome en tetum de Timor Leste é Timór Lorosa'e, ou o 'país do sol nacente'.

  • loro - sol
  • loron - día
  • lorosa'e - nacer do sol ou 'leste'

Algunhas palabras (en tetum, portugués e galego, cando é diferente do portugués):

  • boot - grande
  • ki'ik - pequeno
  • mane - homem - home
  • feto - mulher - muller
  • foho - montanha - montaña
  • tasi - mar
  • malae - estrangeiro - estranxeiro
  • liafuan - palavra - palabra
  • rain - país
  • cuda - cavalo timorense - cabalo timorense
  • manu - frango - polo
  • bibi - cabrito
  • bibi-russa - veado
  • labaric - criança - neno

Palabras derivadas do portugués:

portugués e tetum
  • aprende - aprender
  • demais (tamén 'barakliu') - demais - de máis
  • entaun - então - entón
  • eskola - escola
  • igreja - igreja - igrexa
  • istória - história - historia
  • paun - pão- pan
  • povu - povo - pobo
  • relijiaun - religião - relixión
  • serveja - cerveja - cervexa
  • tenke - tem que - ten que
tetum e portugués

Palabras derivadas do malaio:

  • barak (de banyak) - muito - moito
  • bele (de boleh) - poder
  • uma (de rumah) - casa
  • dalan ' (de jalan) - estrada
  • karreta (de kereta) - automóvel - automóbil
  • lima (de limah) - cinco

As palabras malaias e portuguesas para os números son tamén usadas frecuentemente en tetún.

tetum, mambai e portugués
  • ida / ún - um - un
  • rua / dois - dois - dous
  • tolu / trés - três- tres
  • haat / kuatru - quatro - catro
  • lima / sinku - cinco
  • neen / seis - seis
  • hitu / seti - sete
  • ualu / oitu - oito
  • sia / novi - nove
  • sanulu / dés - dez
  • sanulu-resin-ida / onzi - onze - once
  • sanulu-resin-rua / dozi - doze - doce
  • sanulu-resin-tolu / trezi - treze - trece
  • sanulu-resin-haat / katorzi - catorze - catorce
  • sanulu-resin-lima / kinzi - quinze - quince
  • sanulu-resin-neen / dezaseis - dezasseis - dezaseis
  • sanulu-resin-hitu / dezaseti - dezassete - dezasete
  • sanulu-resin-walu / dezoitu - dezoito - dezaoito
  • sanulu-resin-sia / dezanovi - dezanove - dezanove
  • ruanulu / vinti - vinte
  • ruanulu-resin-ida / vinti e ún - vinte e um - vinte e un
  • tolunulu / trinta - trinta
  • haatnulu / kuarenta - quarenta - corenta
  • limanulu / sinkuenta - cinquenta - cincuenta
  • neennulu / sesenta - sessenta - sesenta
  • hitunulu / setenta - setenta
  • walunulu / oitenta - oitenta
  • sianulu / noventa - noventa
  • atus ida / sein - cem - cen
  • atus ida resin ida / sentu i ún - cento e um - cento e un

Algunhas frases

[editar | editar a fonte]
  • Bondia - Bom dia - Bo día.
  • Di'ak ka lae? (literalmente: 'ben ou non ben?) - Como estás?
  • Ha'u di'ak - Estou bem. - Estou ben.
  • Obrigadu - Obrigado - Grazas.
  • Ita bele ko'alia tetun? - Podes falar tétum? - Podes falar tetum?
  • Loos - Sim. - Si.
  • Lae - Não. - Non.
  • Ha'u komprende - Compreendo - Comprendo.
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Costa, Luís (2000). Dicionário de Tétum-Português. Lisboa: Colibri.
  • Comissão Litúrgica da Diocese de Díli (1980). Ordinário da Missa: Texto Oficial Tétum. Díli.
  • Dores, Raphael das (1907). Diccionario Teto-Portuguez. Lisboa: Imprensa Nacional.
  • Esperança, João Paulo T. (2001). Estudos de linguística timorense. Aveiro: SUL–Associação de Cooperação para o Desenvolvimento.
  • Fernandes, Abílio (1937). Método Prático para Aprender o Tétum. Macau
  • Comité de Alfabetização da Fretilin (1975). "Como vamos alfabetizar o nosso povo Mau Bere de Timor-Leste". Timor-Leste, No. 6, Suplementos 1,2,3.
  • Hull, Dr Geoffrey (1994) Instituto de Estudos Timorenses “Maria Mackillop” - Orientação para a Padronização da Língua Tetum. Baulkham Hills (Sydney).
  • Hull, Dr Geoffrey (1998) Mai Kolia Tetun. A Course in Tetum-Praça, Sydney, Australian Catholic Relief and the Australian Catholic Social Justice Council.
  • Hull, Dr Geoffrey (2001) Timór-Lorosa’e: Identidade, lian no polítika edukasionál (Timor-Leste: Identidade, Língua e Política Educacional). Lisboa: Ministério dos Negócios Estrangeiros/Instituto Camões.
  • Hull, Dr Geoffrey (2002) The Languages of East Timor. Some Basic Facts, Instituto Nacional de Linguística, Universidade Nacional de Timor Lorosa'e.
  • Hull, Dr Geoffrey (2002) Standard Tetum-English Dictionary, 2nd Ed, Allen & Unwin Publishers ISBN 978-1-86508-599-9
  • Hull, Dr Geoffrey (2005) (con Lance Eccles). Gramática da Língua Tétum. Lisboa: Lidel.
  • Instituto Nacional de Linguística (INL) (2002). Matadalan Ortográfiku ba Tetun Nasionál. INL: Díli.
  • Instituto Nacional de Linguística (INL) (2002). Hakerek Tetun Tuir Banati. INL: Díli.
  • International Academic Committee for the Development of East Timorese Languages (IACDETL) (1996). Princípios de Ortografia Tétum: Sistema Fonémico. Sydney: University of Western Sydney
  • Laranjeira, Manuel Mendes (1916). Cartilha Tétum. Díli: Imprensa Nacional; (1932) Macau.
  • Lencastre, J. Garcez de (1929). "Algumas regras gramaticais da língua tétum e vocabulário". Boletim da Agência Geral das Colónias, 5/54 (Dec.), pp. 82–92.
  • Martinho, José S. (1943). Quatro Séculos de Colonização Portuguesa. Porto: Livraria Progredior.
  • Mendes, Manuel Patrício e Laranjeira, Manuel Mendes (1935). Dicionário Tétum-Português. Macau: N.T. Fernandes & Filhos.
  • Sá, Artur Basílio de (1952). "Notas sobre linguística timorense: Sistema de representação fonética". Estudos Coloniais. Lisboa, 3 (1-2), pp. 39–60.
  • Silva, Sebastião Aparício da (1887). Diccionario de Portuguez-Tetum. Macau: Typographia do Seminario.
  • Tilman, Armindo (1996). Matadalan nosi tetun. Timór lian. Lisboa (edição privada).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]