[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua tz’utujil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tz’utujil
Outros nomes:Tzutujil
Falado en: Guatemala
Rexións: Terras altas occidentais
Total de falantes: 60 000 (2002)
Familia: Maia
 Quicheanano–Mameano
  Gran quicheano
   Quicheano
    Tz’utujil
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Guatemala (lingua nacional)[1]
Regulado por: Academia de Linguas Maias de Guatemala
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tzj
Mapa
Status

O tz’utujil está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O tz’utujil é unha lingua maia falada polo pobo tz’utujil na rexión do sur do lago de Atitlán, en Guatemala. O tz'utujil está está estreitamente relacionado coas linguas veciñas kaqchikel e kʼicheʼ. Segundo o censo de 2002, máis de 60 000 persoas falan tz'utujil como a súa lingua nai. Ten dous dialectos, o oriental e o occidental.

A maioría do pobo tz’utujil ten o castelán como segunda lingua, aínda que moita da poboación máis vella non é quen de falalo. Moitos nenos non aprenden o castelán até que van á escola, ós cinco anos. No ano 2012, a Biblioteca Comunitaria Rija'tzuul Na'ooj de San Juan La Laguna ten actividades de contacontos para nenos en tz'utujil, e existen edicións de libros nesa lingua.[3]

  1. Proyecto de Reformas a la Constitución Política
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Rising Voices, ed. (31 de outubro de 2012). "Library as a Starting Point to Revitalize Tz’utujil Language". Consultado o 17 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dayley, Jon P. (1985). Tzutujil Grammar. Berkeley, California: University of California Press. ISBN 0-520-09962-1.