[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua chuj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chuj
Pronuncia:[tʃuːx]
Falado en: Guatemala e México
Rexións: Huehuetenango e Chiapas
Total de falantes: 43 000 (1991–2000)
Familia: Maia
 Q’anjob’al
  Chujeana
   Chuj
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Guatemala (lingua nacional)[1]
Regulado por: Academia de Lenguas Mayas de Guatemala
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cac
Mapa
Status

O chuj está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O chuj é unha lingua maia falada por preto de 40 000 membros do pobo chuj en Guatemala e arredor de 10 000 en México. O chuj é un membro da póla q’anjob’al xunto coas linguas tojolab'al, q'anjob'al, acateca, jacalteca e mocho’. A familia chujeana xurdiu hai aproximadamente 2 000 anos.[3] En Guatemala, os falantes de chuj residen principalmente nos concellos de San Mateo Ixtatán, San Sebastián Coatán e Nentón, no departamento de Huehuetenango. Algunhas comunidades en Barillas e Ixcán tamén falan chuj. Os dous dialectos principais de chuj son o de San Mateo Ixtatán e o de San Sebastián Coatán.[4]

  1. Proyecto de Reformas a la Constitución Política
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Stzolalil Stz'ib'chaj Ti' Chuj, ALMG, 2007, p.34
  4. Robertson, John S. (1992). A history of tense/aspect/mood/voice in the Mayan verbal complex. Austin, Texas: University of Texas press.