Leon Festinger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1919 Manhattan, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de febreiro de 1989 (69 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Iowa - Psicoloxía do desenvolvemento (–1942) Universidade de Iowa - Mestrado (–1940) City College de Nova York - psicoloxía (–1939) Boys High School |
Director de tese | Kurt Lewin |
Actividade | |
Campo de traballo | Psicoloxía social e dissonância cognitiva (pt) |
Ocupación | psicólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Míchigan Universidade de Minnesota (pt) |
Membro de | |
Interesado en | Psicoloxía social |
Alumnos | Elliot Aronson (pt) , Philip Zimbardo (pt) e Stanley Schachter |
Obra | |
Doutorando | Stanley Schachter, Elliot Aronson (pt) , Harold B. Gerard (en) , Bertram Raven (pt) e Judson Ridgway Mills (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Pedagogues and Psychologists of the World (en) , |
Leon Festinger, nado en Nova York o 8 de maio de 1919 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 1989, foi un psicólogo social estadounidense, coñecido pola disonancia cognitiva e teoría da comparación social.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Festinger naceu en Brooklyn en 1919 fos inmigrantes rusos xudeus Alex Festinger e Sara Solomon Festinger. Festinger asistiu á Boys’ High School de Brooklyn, e obtivo o grao BS en psicoloxía pola City College of New York en 1939.[1]
A continuación estudou con Kurt Lewin na Universidade de Iowa, onde recibiu o seu MA en 1940 e o PhD en 1942 na área do comportamento infantil.[2] Segundo as súas propias palabras, non estaba interesado na psicoloxía social cando chegou a Iowa, e non se matriculou en curso ningún nesta materia durante o seu tempo aló; pola contra, interesábase nos primeiros traballos de Lewin sobre sistemas de tensión, pero o centro de Lewin mudara á psicoloxía social cando Festinger chegou a Iowa.[3] Non obstante, Festinger continuou a seguir os seus intereses orixinais, estudando niveis de aspiración,[4] traballando en estatística,[5][6] desenvolvendo un modelo cuantitativo da toma de decisións[7] e mesmo publicando un estudo sobre ratas de laboratorio.[8] Para explicar a súa falta de interese na psicoloxía social nese momento, afirmou: "a metodoloxía dos estudos de psicoloxía social, e a vaguidade da relación dos datos cos conceptos e teorías de Lewin, parecíanme pouco atractivas na miña xuvenil inclinación ao rigor".[9]
Tras graduarse, Festinger traballou como investigador asociado en Iowa entre 1941 e 1943, e logo como estatístico para o comité de selección e adestramento de pilotos aéreos na Universidade de Rochester entre 1943 e 1945 durante a segunda guerra mundial. en 1943, Festinger casou con Mary Oliver Ballou, pianista,[10] coa que tivo tres fillos, Catherine, Richard e Kurt.[11] Festinger e Ballou divorciáronse posteriormente e Festinger casou con Trudy Bradley, profesora de traballo social na Universidade de Nova York[12] en 1968.[13]
Festinger foi autor de A Theory of Cognitive Dissonance[14] ("Teoría da disonancia cognitiva", 1957), obra na que expón a súa teoría da disonancia cognitiva, que revolucionou o campo da psicoloxía social, e que tivo múltiples aplicacións en áreas tales como a motivación, a dinámica de grupos, o estudo do cambio de actitudes e a toma de decisións.[15] Na súa teoría, sinala que na mente dos suxeitos se poden distinguir unha serie de coñecementos ou elementos (cognicións) «... é dicir todo o que unha persoa sabe sobre si mesma, da súa conduta e das súas circunstancias» e que algúns destes coñecementos poden ser contraditorios, non só dende o punto de vista lóxico, senón tamén dende o psicolóxico, entre si, por exemplo, a idea de que o código da circulación ha ser respectado pode estar en contradición co coñecemento de que neste momento estou a saltarme un semáforo vermello.
Esta contradición é o que o autor denomina disonancia cognitiva. Cando hai disonancia cognitiva, o suxeito vese motivado a reducila.
Para iso ten que cambiar a súa conduta, se iso é posible, e se non o é, o cal ocorre en moitos casos (por exemplo ao avaliar un feito xa acontecido, pola incapacidade de actuar sobre o pasado), entón tratará de cambiar as súas cognicións ou a valoración das mesmas.
Obra
[editar | editar a fonte]- Allyn, J., & Festinger, L. (1961). Effectiveness of Unanticipated Persuasive Communications. Journal of Abnormal and Social Psychology, 62(1), 35–40.
- Back, K., Festinger, L., Hymovitch, B., Kelley, H., Schachter, S., & Thibaut, J. (1950). The methodology of studying rumor transmission. Human Relations, 3(3), 307–312.
- Brehm, J., & Festinger, L. (1957). Pressures toward uniformity of performance in groups. Human Relations, 10(1), 85–91.
- Cartwright, D., & Festinger, L. (1943). A quantitative theory of decision. Psychological Review, 50, 595–621.
- Coren, S., & Festinger, L. (1967). Alternative view of the "Gibson normalization effect". Perception & Psychophysics, 2(12), 621–626.
- Festinger, L. (1942a). A theoretical interpretation of shifts in level of aspiration. Psychological Review, 49, 235–250.
- Festinger, L. (1942b). Wish, expectation, and group standards as factors influencing level of aspiration. Journal of Abnormal and Social Psychology, 37, 184–200.
- Festinger, L. (1943a). Development of differential appetite in the rat. Journal of Experimental Psychology, 32(3), 226–234.
- Festinger, L. (1943b). An exact test of significance for means of samples drawn from populations with an exponential frequency distribution. Psychometrika, 8, 153–160.
- Festinger, L. (1943c). A statistical test for means of samples from skew populations. Psychometrika, 8, 205–210.
- Festinger, L. (1943d). Studies in decision: I. Decision-time, relative frequency of judgment and subjective confidence as related to physical stimulus difference. Journal of Experimental Psychology, 32(4), 291–306.
- Festinger, L. (1943e). Studies in decision: II. An empirical test of a quantitative theory of decision. Journal of Experimental Psychology, 32(5), 411–423.
- Festinger, L. (1946). The significance of difference between means without reference to the frequency distribution function. Psychometrika, 11(2), 97–105.
- Festinger, L. (1947a). The role of group belongingness in a voting situation. Human Relations, 1(2), 154–180.
- Festinger, L. (1947b). The treatment of qualitative data by scale analysis. Psychological Bulletin, 44(2), 149–161.
- Festinger, L. (1949). The analysis of sociograms using matrix algebra. Human Relations, 2(2), 153–158.
- Festinger, L. (1950). Informal social communication. Psychological Review, 57(5), 271–282.
- Festinger, L. (1950b). Psychological Statistics. Psychometrika, 15(2), 209–213.
- Festinger, L. (1951). Architecture and group membership. Journal of Social Issues, 7(1–2), 152–163.
- Festinger, L. (1952). Some consequences of de-individuation in a group. Journal of Abnormal and Social Psychology, 47(2), 382–389.
- Festinger, L. (1954). A theory of social comparison processes. Human Relations, 7, 117–140.
- Festinger, L. (1955a). Handbook of social psychology, vol 1, Theory and method, vol 2, Special fields and applications. Journal of Applied Psychology, 39(5), 384–385.
- Festinger, L. (1955b). Social psychology and group processes. Annual Review of Psychology, 6, 187–216.
- Festinger, L. (1957). A Theory of Cognitive Dissonance. Stanford, CA: Stanford University Press.
- Festinger, L. (1959a). Sampling and related problems in research methodology. American Journal of Mental Deficiency, 64(2), 358–369.
- Festinger, L. (1959b). Some attitudinal consequences of forced decisions. Acta Psychologica, 15, 389–390.
- Festinger, L. (1961). The psychological effects of insufficient rewards. American Psychologist, 16(1), 1–11.
- Festinger, L. (1962). Cognitive dissonance. Scientific American, 207(4), 93–107.
- Festinger, L. (1964). Behavioral support for opinion change. Public Opinion Quarterly, 28(3), 404–417.
- Festinger, L. (Ed.). (1980). Retrospections on Social Psychology. Oxford: Oxford University Press.
- Festinger, L. (1983). The Human Legacy. Nova York: Columbia University Press.
- Festinger, L. (1981). Human nature and human competence. Social Research, 48(2), 306–321.
- Festinger, L., & Canon, L. K. (1965). Information about spatial location based on knowledge about efference. Psychological Review, 72(5), 373–384.
- Festinger, L., & Carlsmith, J. M. (1959). Cognitive consequences of forced compliance. The Journal of Abnormal and Social Psychology, 58(2), 203–210.
- Festinger, L., Cartwright, D., Barber, K., Fleischl, J., Gottsdanker, J., Keysen, A., & Leavitt, G. (1948). A study of rumor transition: Its origin and spread. Human Relations, 1(4), 464–486.
- Festinger, L., Gerard, H., Hymovitch, B., Kelley, H. H., & Raven, B. (1952). The influence process in the presence of extreme deviates. Human Relations, 5(4), 327–346.
- Festinger, L., & Holtzman, J. D. (1978). Retinal image smear as a source of information about magnitude of eye-movement. Journal of Experimental Psychology-Human Perception and Performance, 4(4), 573–585.
- Festinger, L., & Hutte, H. A. (1954). An experimental investigation of the effect of unstable interpersonal relations in a group. Journal of Abnormal and Social Psychology, 49(4), 513–522.
- Festinger, L., & Katz, D. (Eds.). (1953). Research methods in the behavioral sciences. Nova York, NY: Dryden.
- Festinger, L., & Maccoby, N. (1964). On resistance to persuasive communications. Journal of Abnormal and Social Psychology, 68(4), 359–366.
- Festinger, L., Riecken, H. W., & Schachter, S. (1956). When Prophecy Fails. Minneapolis, MN: University of Minnesota Press.
- Festinger, L., Schachter, S., & Back, K. (1950). Social Pressures in Informal Groups: A Study of Human Factors in Housing. Stanford, CA: Stanford University Press.
- Festinger, L., Sedgwick, H. A., & Holtzman, J. D. (1976). Visual-perception during smooth pursuit eye-movements. Vision Research, 16(12), 1377–1386.
- Festinger, L., & Thibaut, J. (1951). Interpersonal communication in small groups. Journal of Abnormal and Social Psychology, 46(1), 92–99.
- Festinger, L., Torrey, J., & Willerman, B. (1954). Self-evaluation as a function of attraction to the group. Human Relations, 7(2), 161–174.
- Hertzman, M., & Festinger, L. (1940). Shifts in explicit goals in a level of aspiration experiment. Journal of Experimental Psychology, 27(4), 439–452.
- Hochberg, J., & Festinger, L. (1979). Is there curvature adaptation not attributable to purely intravisual phenomena. Behavioral and Brain Sciences, 2(1), 71–71.
- Hoffman, P. J., Festinger, L., & Lawrence, D. H. (1954). Tendencies toward group comparability in competitive bargaining. Human Relations, 7(2), 141–159.
- Holtzman, J. D., Sedgwick, H. A., & Festinger, L. (1978). Interaction of perceptually monitored and unmonitored efferent commands for smooth pursuit eye movements. Vision Research, 18(11), 1545–1555.
- Komoda, M. K., Festinger, L., & Sherry, J. (1977). The accuracy of two-dimensional saccades in the absence of continuing retinal stimulation. Vision Research, 17(10), 1231–1232.
- Miller, J., & Festinger, L. (1977). Impact of oculomotor retraining on visual-perception of curvature. Journal of Experimental Psychology-Human Perception and Performance, 3(2), 187–200.
- Schachter, S., Festinger, L., Willerman, B., & Hyman, R. (1961). Emotional disruption and industrial productivity. Journal of Applied Psychology, 45(4), 201–213.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schacter, 1994, páx. 100
- ↑ American, 1959, páx. 784
- ↑ Festinger, 1980, páx. 237
- ↑ Festinger, 1942
- ↑ Festinger, 1943a
- ↑ Festinger, 1943b
- ↑ Carlsmith & Festinger, 1943
- ↑ Festinger, 1943c
- ↑ Festinger, 1980, páx. 237
- ↑ "Deaths: Mary Ballou Festinger," 2006
- ↑ Schachter & Gazzaniga, 1989, páx. 545
- ↑ Faculty Profile, n.d.
- ↑ Schachter & Gazzaniga, 1989, páx. 545
- ↑ Festinger, Leon (1 de xaneiro de 1962). A Theory of Cognitive Dissonance (en inglés). Stanford University Press. ISBN 9780804709118. Consultado o 30 de decembro de 2016.
- ↑ ISBN 13: 978-84-259-0430-1, 1975, Editorial: Centro de Estudos Políticos e Constitucionais.