[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Leo Nucci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeo Nucci

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Castiglione dei Pepoli, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0637715 BNE: XX1673413 Musicbrainz: 5ffa9e63-8ebe-49eb-8999-aa28d090a3d9 Songkick: 169210 Discogs: 1080247 Allmusic: mn0002203097 Editar o valor en Wikidata

Leo Nucci, nado en Castiglione dei Pepoli (Boloña) o 16 de abril de 1942, é un barítono italiano especialmente recoñecido no repertorio verdiano e verista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Leo Nucci comezou os seus estudos de canto con Mario Bigazzi, proseguíndoos con Giuseppe Marchesi en Boloña durante os anos 1959-68. En 1967 gañou o concurso de canto de Spoleto sendo aínda alumno de Marchesi. Foi daquela cando debutou en escena, no papel de Fígaro, na ópera de Rossini Il barbiere di Siviglia. Porén, Nucci non comezou como solista, senón que formou parte do coro do Teatro alla Scala de Milán. Proseguiu os seus estudos con Ottoviano Bizzani en Milán e en 1973 gañou o Concours de Vercelli e volveu debutar como solista, desta vez co papel titular da ópera Rigoletto de Verdi.

En 1976 fixo o seu debut en La Scala cun grande éxito, novamente no papel de Fígaro. Nos seguintes anos debutou nos principais teatros de ópera do mundo, incluíndo a Royal Opera House, Covent Garden en Londres, onde acudiu en 1978, na ópera Luisa Miller de Verdi; a Wiener Staatsoper de Viena, a Metropolitan Opera de Nova York, onde debutou en 1980 no papel de Renato en Un ballo in maschera, e Salzburgo en 1989 baixo a dirección de Herbert von Karajan.

De 1991 a 2008 actuou no Arena di Verona, principalmente nos roles de Nabucco e Rigoletto.[1] Nos últimos anos ten sido particularmente intensa a súa relación co Festival Verdi e co Teatro Regio di Parma.

En 2008 cantou no Teatro alla Scala en Gianni Schicchi e Macbeth. No 2011 interpretou a Nabucco no Teatro dell'Opera de Roma con motivo do 150 aniversario da Unificación de Italia.[2] Esta representación foi retransmitida pola canle de televisión franco-alemá de servizo público Arte.

É recoñecido particularmente no repertorio verdiano (Rigoletto, Amonasro en Aida, Giorgio Germont en La traviata, o Conde de Luna en Il trovatore, Macbeth, Yago en Otello, Nabucco, Carlos V en Ernani, Miller en Luisa Miller, Guido di Monforte en Les vêpres siciliennes, Rodrigo en Don Carlos, Renato en Un ballo in maschera) e pucciniano (Scarpia en Tosca, Gianni Schicchi en Gianni Schicchi). Tamén ten afrontado papeis en óperas de Mozart, Donizetti, Giordano ou Cilea.

En xaneiro de 2016 cantou como Rigoletto na obra Rigoletto no Teatro alla Scala de Milán, a carón de Nadine Sierra como Gilda.[3]

Os papeis que máis veces ten interpretado son os de Fígaro e Rigoletto, este último interpretado en máis de 400 ocasións. Ten colaborado con practicamente tódolos directores de orquestra destacados.

Voz e repertorio

[editar | editar a fonte]

A súa voz é un firme instrumento capaz dunha salientable proxección dramática. É forte, de timbre escuro, e grande expresión, o que ten determinado que destaque sobre todo nos grandes papeis de Verdi para barítono. O efecto das súas interpretacións sobre o escenario vénse reforzados pola súa inmensa presenza escénica e credibilidade interpretativa.

O seu repertorio alcanza máis de 45 papeis, incluíndo a meirande parte dos roles de barítono de Donizetti e Verdi. Os seus papeis máis destacados son o de Rigoletto, Fígaro en Il barbiere di Siviglia, Doutor Malatesta en Don Pasquale de Donizetti, o conde de Luna en Il Trovatore de Verdi, Yago en Otello de Verdi. Tamén ten interpretado óperas de Bellini e de compositores veristas.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Leo Nucci ten recibido, ao longo da súa carreira, un gran número de condecoracións e premios, sendo os máis importantes:

Discografía (seleccionada)

[editar | editar a fonte]
  • Leo Nucci-Verdi Arias (1983)
  • Leo Nucci-Belcanto Arias (1988)
  • Leo Nucci-Parlami d'amore (1990)
  • Leo Nucci-Opera Arias (1997)
  • Leo Nucci-Parlami d'amore (1999)
  • As gravacións destacadas pola Guía Penguin, nas que ten participado Leo Nucci, son:
    • Rossini: Il viaggio a Reims, con Ricciarelli, Terrani, Cuberli, Gasdia, Araiza, Giménez, Raimondi, Dara, Coro Filharmónico de Praga, Orquestra de Cámara de Europa, dirixidos por Claudio Abbado, DG.
    • Verdi: La Traviata, con Gheorghiu, Lopardo, Coro e Orquestra da Royal Opera House, Covent Garden, dirixidos por Georg Solti, Londres.
  • Gravacións dos seus roles destacados:
    • Donizetti: Doutor Malatesta en Don Pasquale, gravación dirigida por Riccardo Muti, con S. Bruscantini, M. Freni, G. Winbergh, Coro Ambrosian Opera, Orquestra Philharmonia (EMI, 1983).
    • Rossini: Fígaro en Il barbiere di Siviglia, gravado dúas veces, destacando a dirixida por G. Patanè, con W. Matteuzzi, Cecilia Bartoli, Paata Burchuladze, E. Fissore, Orquestra e coro do Teatro Comunales di Bologna (Decca, 1989).
    • Verdi: Rigoletto, gravación dirixida por Riccardo Chailly, con Luciano Pavarotti, June Anderson, Nicolai Ghiaurov, Shirley Verrett, Vitalba Mosca, Natale de Carolis, Roberto Scaltriti, Piero de Palma, Carlo de Bortoli, Anna Caterina Antonacci, Marilena Laurenza, Orazio Mori, Coro e Orquestra do Teatro Comunal de Boloña (London/Decca, 1989).
    • Verdi: o conde de Luna en Il Trovatore, dirixido por R. Muti, con Savatore Licitra, Barbara Frittolo, Violetta Urmana, Giorgio Giuseppini, Ernesto Gavazzi, Tiziana Tramonti, Francesco Biasi e Ernesto Panariello, Coro e Orquestra do Teatro alla Scala (Sony Classical, 2002).
    • Verdi: Yago en Otello, dirixido por Sir Georg Solti, con Luciano Pavarotti, Dame Kiri Te Kanawa, Anthony Rolfe Johnson, Dimitri Kavrakos, Alan Opie, Elzbieta Ardam, John Keyes, Richard Cohn, Coro e Orquestra Sinfónicos de Chicago (London/Decca, 1991).
  • Outras gravacións:
    • Donizetti: Belcore en L'Elisir d'Amore, gravado en tres ocasións: unha con dirección de James Levine, con Kathleen Battle, Luciano Pavarotti, E. Dara, Orquestra e Coro do Metropolitan de Nova York (DG, 1989); outra dirixida por Claudio Scimone, con Katia Ricciarelli, José Carreras, D. Trimarchi, Orquestra e Coro da RAI de Turín (Philips, 1984); e unha máis baixo a dirección de Alfred Eschwé, acompañado por Rolando Villazón, Anna Netrebko, Ildebrando d'Arcangelo e a Orchester der Wiener Staatsoper (Virgin Classics, 2005-2006).
    • Umberto Giordano: Gérard en Andrea Chénier, con dirección de R. Chailly, con Luciano Pavarotti, Montserrat Caballé, K. Kuhlmann, Christa Ludwig, T. Krause, Coro da Welsh Nacional Opera, National Philharmonic Orchestra (Decca, 1984).
    • Verdi: Macbeth, rol titular na gravación dirixida por R. Chailly, con S. Verrett, V. Lucchetti, Samuel Ramey, Orquestra do Teatro Comunales de Boloña (Decca, 1986).
    • Verdi: Rodrigo en Don Carlos, na gravación dirixida por C. Abbado, con Plácido Domingo, Katia Ricciarelli, Ruggiero Raimondi, L. Valentín-Terrani, N. Ghiaurov, Orquestra e Coro do Teatro alla Scala de Milán, versión en francés en cinco actos (DG, 1984).
    • Verdi: Carlos en Ernani, na gravación dirixida por Richard Bonynge, con Luciano Pavarotti, Dame Joan Sutherland, Paata Burchuladze, Linda McLeod, Richard Morton e Alastair Miles, co Coro e Orquestra da Welsh National Opera (London/Decca, 1998).
  • Gravacións audiovisuais:
  1. Recite all'Arena di Verona:
  2. Un Nabucco chargé d'électricité, Christian Merlin, Le Figaro (14 de marzo de 2011
  3. «La «deb» e il fuori classe.»
  4. http://elpais.com/diario/2009/06/24/cultura/1245794403_850215.html?sa=X&ved=0CCwQ9QEwC2oVChMIoMzC7fLwxgIVyLsUCh3DYQea

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blyth, A., Notas ao CD “Ten top baritones & Basses”, Decca, 1993.
  • Alier, R., Heilbron, M. e Sans Rivière, F., La discoteca ideal de la ópera, Planeta, Barcelona, 1995. ISBN 84-08-01285-1
  • Greenfield, E., e outros, The New Penguin Guide to Compact Discs, Penguin Group, 1988,

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]