[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lats letón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lats letón
Lats (plur. lati/latu) en letón
Código:LVL
Ámbito:Letonia Letonia
Símbolo:Ls
Fracción:Santims (100 santimu = 1 lats).
Moedas:1, 2, 5, 10, 20, 50 santimu.
1, 2 lati.
Billetes:1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares
Emisor:Banco de Letonia (Latvijas Banka).
Taxa de troco:
1-1-2014
1 EUR = 0,702804 LVL
Troco actual

O lats (plural en letón: lati / latu)[1] foi a unidade monetaria de Letonia desde entre 1922 e 1941, e novamente desde 1993 ata a súa substitución polo euro, o 1 de xaneiro de 2014.[2] A súa unidade divisionaria era o santims (plural santimi / santimu).[3][4]

O seu código ISO 4217 é LVL e o seu símbolo monetario é Ls.[5][6]

Primeiro lats (1922-1941)

[editar | editar a fonte]
A moeda de 5 lats de 1931, deseñada por Rihards Zariņš, foi un símbolo da independencia letoa na época soviética.[7]

O lats introduciuse como unidade monetaria letoa o 3 de agosto de 1922, en substitución do rublo letón, cunha paridade dun lats por cada 50 rublos.[8] Desde ese momento ata 1940, o lats estivo vinculado ao padrón ouro.[9]

O 17 de xuño de 1940, Letonia foi ocupada pola Unión Soviética. Logo do desmantelamento do Banco de Letonia e da súa substitución pola Oficina Republicana de Letonia do Gosbank (o banco estatal soviético) o 10 de outubro dese ano, o rublo soviético introduciuse o 25 de novembro para a súa circulación en Letonia paralelo ao lats. O valor de ambas as moedas igualouse, aínda que o valor real do rublo soviético era tres veces inferior, o que ocasionou que tanto os prezos como os salarios subisen progresivamente, coa conseguinte desvalorización do lats. Para atenuar o efecto do éxodo de mercadorías enviadas á URSS polos ocupantes aproveitando o novo tipo de cambio, introducíronse límites á adquisición de determinados bens.[10]

Aínda que inicialmente as autoridades soviéticas se comprometeran a non abolir o lats, esta moeda foi retirada da circulación sen previo aviso ás 13:05 horas do 25 de marzo de 1941, e nese mesmo instante nacionalizáronse todos os depósitos superiores a 1.000 lats. Unha parte das reservas de ouro, de prata e de divisas de Letonia fora xa enviada a Moscova ao inicio da ocupación.[11][12]

Moeda dun lats de 1924.

En 1922 puxéronse en circulación moedas de 1, 2 e 5 santims (bronce), e de 10, 20 e 50 santims (níquel). Nos anos seguintes completouse a serie coa introdución de moedas de prata de 835 milésimas con valores de 1 lats (1923), 2 lats (1925) e 5 lats (1929). As moedas de bronce e a de 5 lats foron deseñadas por Rihards Zariņš, e as de 1 e 2 lats son obra de Janis Tilbergs. A serie de cobre foi cuñada na ceca privada Huguenin Frères, de Le Locle (Suíza) e a de prata na Royal Mint, de Londres.[13]

Entre 1937 e 1939 cuñáronse novamente os valores de 1 e de 2 santims, con novos deseños de Ludolfs Liberts.[13]

Anverso do billete de 20 lats de 1935.[14]

O Banco de Letonia introduciu en distintas emisións, entre 1922 e 1939, papel moeda cos valores faciais de 20, 25, 50, 100 e 500 lats.[15] Pola súa banda, o Goberno letón puxo en circulación entre 1926 e 1927 unha serie de billetes de 5 e de 10 lats, e en 1940 unha nova serie composta polos valores de 5 e de 20 lats.[16]

Segundo lats (1993–2013)

[editar | editar a fonte]

Logo de restaurar a súa independencia en 1991, o lats foi reintroducido en Letonia o 5 de marzo de 1993, en substitución do rublo letón, que continuou circulando en paralelo e mantivo a súa validez ata o 30 de xuño de 1994, cunha equivalencia de 200 rublos por cada lats. O primeiro billete na nova denominación que se puxo en circulación foi o de 5 lats, e o derradeiro foi o de 500 lats, que non comezou a utilizarse ata o 20 de xullo de 1998.[17]

Finalmente, logo dun período de transición de dúas semanas de convivencia co euro, foi substituído pola moeda da Eurozona o 14 de xaneiro de 2014, cunha paridade dun lats por 1,4229 euros.[2]

Ata a fin da súa circulación, o lats era a cuarta unidade monetaria cun valor nominal máis alto, despois do dinar kuwaití, do dinar bahreiní e do rial omaní. O billete de 500 lats foi o terceiro máis valioso do mundo, despois do billete de 10.000 dólares de Singapur e do billete de 1.000 francos suízos.[18]

Ademais das moedas circulantes, tamén hai emisións conmemorativas en ouro e en prata destinadas ao coleccionismo e ao investimento, como esta de 100 lats de 1998, cuñada na Casa da Moeda de Finlandia.[19]

As moedas deste segundo lats cuñáronse cos valores faciais de 1, 2, 10, 20 e 50 santims, e de 1 e 2 lats. Paralelamente, comezaron a emitirse tamén outras series conmemorativas, dedicadas ao coleccionismo e ao investimento, en metais como o ouro e a prata.[20]

A moeda de 2 lats desa primeira serie circulante só se emitiu unha ocasión, en 1992; era de cuproníquel, pesaba 6 gramos e medía 24,35 mm de diámetro. A partir de 1999 foise substituíndo gradualmente na circulación por outra bimetálica, para dificultar a súa falsificación.[21]

A serie de moedas circulantes foi deñada por Gunars Lusis e Janis Strupulis, e as moedas foron cuñadas nas seguintes casas de moeda europeas: Bayerisches Hauptmünzamt (Alemaña), Staatliche Münzen Baden-Württemberg (Alemaña), Den Kongelige Mynt (Noruega), Monnaie de Paris (Francia), Suomen Rahapaja (Finlandia), Münze Österreich (Austria), Royal Mint (Reino Unido) e Real Casa de la Moneda - FNMT (España).[20]

Esta é a derradeira serie de moedas en circulación antes da substitución do lats polo euro en 2014.[20][22]

Imaxe Facial Datas Aliaxe Diámetro Peso Canto Descrición
Anverso Reverso
1 santims
1992-2008
Fe-Cu
15,65 mm
1,60 g
Liso
Escudo de Letonia.

LATVIJAS REPUBLIKA. Data.

Ornamentos.

Valor

2 santims
1992-2009
17,00 mm
1,90 g
5 santims
1992-2009
Lat-Ni
18,50 mm
2,50 g
10 santims
1992-2008
19,90 mm
3,25 g
20 santims
1992-2009
21,50 mm
4,00 g
50 santims
1992-2009
Cu-Ni
18,80 mm
3,50 g
Estriado
Póla de piñeiro.

Valor.

1 lats
1992-2008
21,75 mm
4,80 g
LATVIJAS BANKA ?
Salmón.

Valor

2 lats
1999-2009
Centro: Lat-Ni

Aro: Cu-Ni

26,30 mm
9,50 g
LATVIJAS BANKA ?
Vaca.

Valor.

Ademais desta serie regular, entre 2001 e 2013 fóronse producindo anualmente emisións conmemorativas de carácter circulante da moeda dun lats, coas mesmas características da moeda dese valor correspondente á serie regular:[23]

Moedas dun lats conmemorativas circulantes
2001
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013

As casas de moeda que produciron estas moedas conmemorativas foron: Suomen Rahapaja (Finalandia), Koninklijke Nederlandse Munt (Países Baixos), Royal Mint (Reino Unido), Münze Österreich (Austria), Staatliche Münze Berlin (Alemaña) e Staatliche Münze Baden-Württemberg (Alemaña).[20]

Esta é a derradeira serie de billetes en circulación antes da substitución do lats polo euro en 2014. Todos os billetes teñen as mesmas dimensións (130 × 65 mm) e foron deseñados por Imants Žodžiks e Valdis Ošinš, e producidos pola compañía alemá Giesecke & Devrient.[15][24]

Imaxe Facial Dimensións Cor Descrición
Anverso Reverso Anverso Reverso
5 lats 130 x 65 mm Verde Carballo Talla de madeira
10 lats 1992

2000

2008

Púrpura Río Dviná Broche letón (sakta)
20 lats 1992

2004

2007

2009

Marrón Casa tradicional Tecido de liño
50 lats 1992

2010

Azul Veleiro Chaves (selo de Riga)
100 lats 1992

2006

2007

Vermello Krišjanis Barons Cinto tradicional
500 lats 1992

2008

Gris Muller letoa Ornamentos de latón
  1. En letón, o plural de lats é lati para cantidades de 2 a 9 e latu para cantidades de 10 e máis (ex.: 3 lati, 18 latu). Neste artigo, en harmonía coas formas galegas do plural, úsase lats tanto para singular como para plural, do mesmo xeito que a forma santims.
  2. 2,0 2,1 "Letonia convértese no país número 18 da zona euro". La Voz de Galicia. 31 de decembro de 2013.
  3. "Lats". En Dicionário Estraviz .
  4. "[http://tesauros.mecd.es/te sauros/numismatica/1186855.html Lats]" e Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
  5. "World Currency Symbols". Xe.com
  6. "Códigos de divisas por países". Iban.com
  7. "5 Lati". Colnect.com
  8. Ducmane, K.; Ozolina, A. (2013). Páxina 147.
  9. Lucas, E. (2013). "Obituary: Lat it be". En The Economist. 18 de novembro.
  10. Ducmane, K. (2008). "Sava nauda sava Latvijas Banka IV". En LV (Lvportals.lv). 3 de novembro.
  11. "History of money in Latvia". Eiro.lv
  12. "History of the Bank of Latvia Arquivado 09 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Latvijas Banka.
  13. 13,0 13,1 "Latvia • Old lats (1922-1940)". Numista.com
  14. "Latvia. 20 Latu. Latvijas Valsts Kases". Banknote.ws
  15. 15,0 15,1 "Latvia. Latvijas Banka". Banknote.ws
  16. "Latvia: Latwijas Walsts / Latvijas Valsts". Banknote.ws
  17. Vecinš, E. et al. (2002). Páxinas 61, 79, 81.
  18. Karaian, J. (2013). "One of the most valuable banknotes in the world is about to vanish". En Quartz. 31 de decembro.
  19. "100 Latu". Numista.com
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 "Latvia • New lats (1993-2013)". Numista.com
  21. Zebris, O.; Galzons, E. (1999). "Divlatniekus ar govs attelu vairs nedod apgroziba". En Diena. 22 de xaneiro.
  22. Lata naudas zimes. Lats Coins and Notes. 1993-2013. Latvijas Banka. Páxinas 12-13.
  23. Lata naudas zimes. Lats Coins and Notes. 1993-2013. Latvijas Banka. Páxinas 14-15.
  24. Lata naudas zimes. Lats Coins and Notes. 1993-2013. Latvijas Banka. Páxinas 6-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]