[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Primeiro Imperio Francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Primeiro Imperio francés»)

Modelo:Xeografía políticaPrimeiro Imperio Francés
Empire français (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoChant du départ (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°51′44″N 2°19′57″L / 48.8622, 2.3325
CapitalParís Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación44.000.000 (1812) Editar o valor en Wikidata (20,95 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.100.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación18 de maio de 1804 Editar o valor en Wikidata
Disolución14 de abril de 1814 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRestauración Francesa e Moresnet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía dual Editar o valor en Wikidata
• Emperador Editar o valor en WikidataNapoleón I de Francia (1804–1814)
Napoleón I de Francia (1815–1815) Editar o valor en Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor en Wikidata

O Primeiro Imperio Francés (Premier Empire en francés) é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado (senadoconsulto) que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba). Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.

Baixo o primeiro imperio tiveron lugar en Europa as chamadas guerras revolucionarias, ou a segunda guerra dos Cen Anos segundo as fontes, guerras coñecidas baixo o nome de Guerras Napoleónicas. Grazas ás súas vitorias e alianzas militares Napoléon Bonaparte deu expandido o Imperio sobre a case totalidade da Europa continental. Así mesmo, o destino do Imperio estivo intimamente vinculado ao do seu exército.

Por outra banda, o Primeiro Imperio desenvolveuse nun período que deixou gran calado na historia das institucións francesas. Deste xeito, en 1801, foi asinado un primeiro concordato con Pío VII, en 1804 foi promulgado o Código Civil de Francia, tamén coñecido como Code Napoléon, e máis en 1808 foi creada a Universidade, unha institución dependente do Estado. Amais destes cambios na vida política francesa, tamén foron realizadas grandes obras públicas durante este periplo.

O Camiño ao Imperio

[editar | editar a fonte]
A Coroación de Napoleón

O camiño que conduciu a Napoleón até o trono imperial comezou coa famosa xornada do 18 de Brumario (9 de novembro) e a nova Constitución do Ano VIII (1799), que convertía ao xeneral Bonaparte en Primeiro Cónsul tras o seu retorno da campaña de Exipto, e despois da emenda de 1802, a cal, fundamentada no sufraxio efectivo do pobo francés con máis do 99% das voces a favor, volvía este cargo vitalicio con facultade de designar ao seu sucesor.

Paulatinamente, o Primeiro Cónsul gañou apoios para o seu proxecto de goberno e comezou a reconstrución dunha Francia arrasada e por anos de guerras internas e externas. Gradualmente, o Primeiro Cónsul foi diluíndo ás faccións revolucionarias, estabelecendo unha sólida administración, vías constitucionais e múltiples institucións civís. A decisión do Senado o 24 de maio de 1804, outorgáballe o título de "Emperador dos franceses", como unha maneira fortificar e perpetuar o novo sistema ante a forte ameaza dunha restauración borbónica. En efecto, as agresións da aristocracia oligárquica de Inglaterra, que rompera unilateralmente o tratado de Paz de Amiens, non cesara nos seus esforzos por destruír o novo réxime e os principios de igualdade civil e tolerancia relixiosa nos que se baseaba, en completa oposición cos valores feudais defendidos polas monarquías de dereito divino.

Napoleón defendeu o dereito de propiedade, promulgou a lei de perdón aos emigrados, creou e promoveu a laicidade brindando a liberdade de culto a todos os credos, restablecendo o catolicismo en Francia, dando un estatuto legal aos protestantes, liberando aos xudeus dos guetos e dándolles un estatuto civil que nunca tiveran. Máis tarde, aboliría a vasalaxe.

Napoleón gozaba dun grande ascendente sobre o exército francés. A prestixiosa Lexión de Honra, creada en 1802, recompensaba os méritos civís e militares de todo cidadán sen distinción de clase e, novidade sen precedentes na historia das condecoracións, era outorgada ao seu recipiendario así fose este nobre ou plebeo.

Esta fabulosa explosión política, industrial, agrícola e cultural non se detería durante todo o período imperial a pesar das permanentes guerras de coalición montadas por Inglaterra. Ao contrario, as constantes vitorias obtidas polos exércitos franceses, e a pesar de estar enfrascado nunha situación de defensa permanente pola guerra contra Inglaterra, a economía francesa sería a máis poderosa de Europa e a súa industria unha das máis activas do continente.

Porén, o apetito de conquista de Inglaterra, alimentado por unha propaganda anti-francesa, levou ás cámaras, medorentas ante a amenza dunha eliminación física do Primeiro Cónsul, constantemente exposto ás guerras e aos atentados terroristas, a conferir a Napoleón o título de "Emperador dos franceses", como unha maneira de defender as adquisicións revolucionarias e ancorar o novo réxime, perpetuándoo no tempo a través dunha cuarta dinastía: os Napoleónidas. A Consagración e Coroación do Emperador levaron a cabo o 2 de decembro de 1804, presididas polo Papa Pío VII en persoa, na catedral da nosa Señora de París.

Durante o período imperial sucedéronse varios cambios xurídicos transcendentais, materializados no Código Napoleónico (1804), a reforma aduaneira e agrícola, a división de poderes no estado etc. Durante o réxime napoleónico elaboráronse políticas de desenvolvemento e protección social (primeiro ensaio de seguridade social), de grandes reformas agrícolas, de melloras de saúde e obras públicas (primeiro servizo de ambulancia, escola veterinaria, fontes, pontes e canles etc.), de fomento industrial e artístico, e estendeuse o concepto do ensino público gratuíta.

Velaquí o que o Primeiro Cónsul Emperador dixo nunha ocasión ao Consello de Estado, rexistrado nos seus arquivos (4 de maio de 1802):

Francia non aceptará nunca o goberno do sabre. A longo prazo, o sabre sempre é vencido polo espírito (...) Non é como xeral como goberno, senón porque a nación cre que teño as calidades civís propias ao goberno

.

A Economía do Imperio

[editar | editar a fonte]

No ámbito económico, Francia enfrontábase a unha sangría económica polas continuas campañas bélicas contra Inglaterra. Nesas condicións, ademais do forte impulso dado á agricultura e á industria, a produción do Imperio centrábase igualmente no esforzo da produción de armamento. Doutra banda, o Bloqueo Continental imposto ao comercio cos ingleses disparou o contrabando, que escapaba do control da facenda pública, e que ao cabo terminaba introducindo os produtos británicos no continente a través de terceiros países.

O Bloqueo Continental

[editar | editar a fonte]
"O globo da coroación de Napoleón". Carta de colección con viñetas das vitorias napoleónicas.

O Bloqueo Continental foi un dos vértices na política exterior de Napoleón no seu intento de asfixiar a economía británica. A falta de recursos e de persoal cualificado fixo imposible facer fronte á Royal Navy. Os plans para iso frustráronse definitivamente coa Batalla de Trafalgar, en 1805. Napoleón supliu a imposibilidade de enfrontarse directamente a Gran Bretaña facéndolle a guerra comercial. Como resultado da Revolución Industrial, Gran Bretaña era unha potencia emerxente en Europa en fabricación manufactureira, e era por iso vulnerable a un embargo comercial.

En novembro de 1806, tras vencer aos exércitos estranxeiros e lograr vantaxosas alianzas coas maiores potencias da Europa Continental, Napoleón publicou o Decreto de Berlín, prohibindo aos seus aliados e ao resto de nacións conquistadas comerciar co Reino Unido. En 1807 tratou de fortalecer este bloqueo, nun esforzo de destruír o comercio inglés, publicando o Decreto de Milán.

En último termo, o embargo foi un fracaso, aínda cando Inglaterra estivo a piques de sucumbir á terrible presión económica pero tamén social, pois o gabinete de Londres mantiña ao pobo británico nun estado de sórdida pobreza e opresión constante, angustiado por terribles impostos e sometido por coerción grazas a un forte continxente militar, especialmente de unidades montadas, en servizo permanente. Pero a exclusividade napoleónica sobre os portos non podía deter o contrabando británico, especialmente pola xigantesca demanda de produtos coloniais e exóticos en Europa, e os mercantes británicos buscaron de forma agresiva outros mercados. Inglaterra, por medio das "Ordes en Consello" (Orders in Council) de 1807, prohibiu aos seus socios comerciais o comercio con Francia. O Congreso dos Estados Unidos decretou a Acta de Embargo de 1807, polo que os portos americanos quedaban pechados ao comercio británico, e estes feitos conduciulle á guerra con Gran Bretaña en 1812.

Portugal foi o único país europeo que rexeitou abertamente unirse ao Bloqueo Continental. Tras o Tratado de xullo de 1807, e despois de múltiples chamamentos que quedaron sen resposta, Napoleón tratou de capturar á frota portuguesa, así como ocupar os portos portugueses e expulsar aos ingleses de chan portugués. A reinante casa de Bragança fuxiu ao Brasil escoltada pola Royal Navy. Aínda así o proxecto napoleónico fracasou. A poboación portuguesa bulía en revoltas contra os invasores franceses, e o exército británico de Wellington interveu, dando inicio á Guerra Peninsular en 1808.

De feito, falto do tempo preciso ao seu éxito, o Bloqueo Continental causou a longo prazo máis danos colaterais ás nacións do Gran Imperio do que fixo en Gran Bretaña, xerando un descontento popular. Rusia, en particular, non podía soportar máis o embargo, e en 1812 reabriu o comercio con Inglaterra, violando abertamente o tratado de Tilsit. Tras múltiples esforzos e tentativas de negociacións vas para facer que Rusia respectase a palabra dada, e tras a ameaza dunha agresión rusa a Polonia, aliada de Francia, Napoleón vese na necesidade de intervir e prepara a Grande Armée, unha forza de máis de medio millón de homes de todas partes de Europa, e con este "Exército das Nacións" parte cara a Rusia.

Un Imperio á defensiva

[editar | editar a fonte]

O Primeiro Imperio Francés foi un réxime en permanente estado de defensa ante as inxerencias estranxeiras. Foi a constante presión exercida polas monarquías absolutistas o que finalmente lle cobrou ao emperador Napoleón o prezo de perder o seu trono. A longa e sanguenta retirada no duro inverno ruso e unha serie de derrotas en Leipzig e a campaña dos Seis Días tiveron o elevado custo de perder paulatinamente ao seu exército, precipitando a caída do Imperio.

Aproveitando o estado dunha Francia exhausta, e contando coa axuda de Talleyrand ou Fouché, os aliados entraron en París e, mediante o tratado de Fontainebleau, terminaron co dominio francés sobre Europa, exiliando ao Emperador na Illa de Elba. O regreso de Napoleón a Francia foi seguido polos Cen Días, un breve período de restauración imperial.

Durante estes Cen Días Napoleón ofreceu a paz ás potencias europeas. Estas apresuráronse a montar unha nova ofensiva contra Francia, o cal obrigou a Napoleón a pór en pé un novo exército, pero as súas forzas minguadas foron neutralizadas polas potencias aliadas durante a campaña de Bélxica de 1815, que se terminou coa histórica batalla de Waterloo. Restaurados no trono os Borbóns, desencadearían a onda de masacres punitivas coñecidas como "o Terror branco", ordenadas directamente por Lord Liverpool, primeiro ministro inglés.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]