LATAM Colombia
Aparencia
LATAM Airlines Colombia | ||
---|---|---|
IATA 4C | OACI ARE | Indicativo LATAM COLOMBIA |
Fundación | 20 de febreiro de 1981 (como AIRES) | |
Aeroporto principal | aeroporto El Dorado | |
Plan de voo frecuente | LATAM Pass | |
Frota | 23 | |
Destinos | 31 | |
Holding | LATAM Airlines Group | |
Páxina web: https://www.latam.com |
LATAM Airlines Colombia, primeiro coñecida como Aerovías de Integración Regional S.A. (AIRES) e despois como LAN Colombia, é unha aeroliña colombiana. Trátase da segunda aeroliña máis grande de Colombia tras Avianca.
A compañía opera voos regulares domésticos e internacionais de pasaxeiros, ademais de servizos domésticos de carga. A súa base principal está no aeroporto El Dorado, en Bogotá.
O 28 de outubro de 2010 anunciouse que o 98% das accións de AIRES foran mercadas pola aeroliña chilena LATAM Airlines. O 3 de decembro de 2011 comezou a operar como LAN Colombia. Converteuse nun membro afiliado da alianza Oneworld o 1 de outubro de 2013.[1]
Frota
[editar | editar a fonte]En agosto de 2017 LATAM Colombia estaba formada polos seguines avións:[2]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A319-100 | 10 | — | 144 | |
Airbus A320-200 | 13 | — | 174 | |
Total | 23 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Air Transport World (ed.). "LAN Colombia to join oneworld Oct. 1". Consultado o 12 de maio de 2018.
- ↑ "Global Airline Guide 2017 (Part One)". Airliner World (Outubro de 2017): 12.