[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jiloca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJiloca
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°51′N 1°18′O / 40.85, -1.3
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Teruel Editar o valor en Wikidata
CapitalCalamocha Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.932,1 km² Editar o valor en Wikidata

Jiloca é unha comarca de Aragón, en España, situada no noroeste da provincia de Teruel. Está no Sistema Ibérico, arredor do tramo medio do río Jiloca, do que recibe o seu nome. A súa capital administrativa é a vila de Calamocha e a de desenvolvemento agropecuario é a vila de Monreal del Campo.

Municipios

[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Allueva, Bádenas, Báguena, Bañón, Barrachina, Bea, Bello, Blancas, Bueña, Burbáguena, Calamocha, Caminreal, Castejón de Tornos, Cosa, Cucalón, Ferreruela de Huerva, Fonfría, Fuentes Claras, Lagueruela, Lanzuela, Loscos, Monforte de Moyuela, Monreal del Campo, Nogueras, Odón, Ojos Negros, Peracense, Pozuel del Campo, Rubielos de la Cérida, San Martín del Río, Santa Cruz de Nogueras, Singra, Tornos, Torralba de los Sisones, Torrecilla del Rebollar, Torre los Negros, Torrijo del Campo, Villafranca del Campo, Villahermosa del Campo e Villar del Salz.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co Campo de Daroca, ao oeste co Señorío de Molina-Alto Tajo (provincia de Guadalaxara), ao sur coa Comunidade de Teruel e a Sierra de Albarracín e ao leste coas Cuencas Mineras e o Campo de Belchite.

Economía

[editar | editar a fonte]

Na bisbarra do Jiloca os sectores económicos máis importantes foron historicamente a agricultura e a gandaría, como na maior parte do mundo rural español. Ademais podemos destacar a actividade mineira vinculada ao cobre e ferro. Non obstante, a partir do século XX, xurdiu na bisbarra unha incipiente industria relacionada coa transformación dos produtos agrícolas e gandeiros. Na actualidade, a industria é un sector importante na bisbarra. Ademais, nas capitais comarcais (Calamocha e Monreal del Campo) encontramos tamén numerosas actividades terciarias ou de servizos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]