[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cuencas Mineras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCuencas Mineras

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°50′N 0°48′O / 40.83, -0.8
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Teruel Editar o valor en Wikidata
CapitalUtrillas Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.407,6 km² Editar o valor en Wikidata

As Cuencas Mineras é unha comarca de Aragón, en España, situada no norte da provincia de Teruel. A súa capital administrativa é Utrillas e a histórico-cultural é Montalbán.

Municipios

[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Alcaine, Aliaga, Anadón, Blesa, Cañizar del Olivar, Castel de Cabra, Cortes de Aragón, Cuevas de Almudén, Escucha, Fuenferrada, Hinojosa de Jarque, La Hoz de la Vieja, Huesa del Común, Jarque de la Val, Josa, Maicas, Martín del Río, Mezquita de Jarque, Montalbán, Muniesa, Obón, Palomar de Arroyos, Plou, Salcedillo, Segura de los Baños, Torre de las Arcas, Utrillas, Villanueva del Rebollar de la Sierra, Vivel del Río Martín e La Zoma.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

As Cuencas Mineras sitúanse na área central-norte da provincia turolense. Limita ao norte co Campo de Belchite, ao oeste con Jiloca, ao sur co Maestrazgo e a Comunidade de Teruel e ao leste co Bajo Martín, Andorra-Sierra de Arcos e o Bajo Aragón. Tres ríos regan o territorio: Aguasvivas, Martín e Guadalope, todos eles afluentes do Ebro.

A bisbarra posúe un clima mediterráneo continentalizado característico do Bajo Aragón e das serras ibéricas. Deste xeito, a zona presenta unha temperatura media anual de 15 °C, sendo os invernos bastantes rigorosos -entre 5 °C e 1 °C- e os veráns bastantes secos. As precipitacións, escasas, concéntranse durante a primavera e o outono.

Rúas da histórica vila de Montalbán.

As manifestacións prehistóricas máis notables son as pinturas rupestres que se concentran no tramo do río Martín entre as localidades de Alcaine e Obón, declarados Patrimonio da Humanidade en 1998. Da época ibérica sobresae o depósito de La Muela de Hinojosa de Jarque, ás veces identificado coa situación da antiga cidade de Damaniu (citada por Plinio o Vello e Claudio Tolomeo), que chegou a acuñar moeda.

De tempos medievais, a toponimia desvela o paso por estes lares dun dos personaxes máis ilustres, o Cid Campeador, quen estableceu o seu campamento fortificado na Pena do Cid, a metade de camiño entre La Hoz de la Vieja e Montalbán. Tras a Reconquista, a rexión foi cedida en gran parte ás ordes militares, sendo os seus castelos de Montalbán e Aliaga baluartes fundamentais.

Non obstante, sería na idade contemporánea cando as Cuencas Mineras adquiren a súa verdadeira identidade, consecuencia dunha economía baseada na extracción mineral para a industria.

Economía

[editar | editar a fonte]

Como indica o seu nome, a bisbarra é tradicionalmente mineira, con minas de carbón (na súa variedade coñecida como lignito), ferro, xeso, chumbo e sal.

Dende que a principios do século XX comezase o desenvolvemento do sector mineiro, a actividade económica en torno á minería foi o motor económico.

O peche da última mina en 2003 forzou unha reconversión industrial. A instalación de varias empresas no polígono industrial Cuencas Mineras en Montalbán (entre elas Casting Ros, encargada de fabricar pezas de automoción) conseguiu reactivar a economía comarcal.

En canto á agricultura, as temperaturas extremas e a pouca profundidade dos solos dificultan o desenvolvemento deste sector, condicionando os distintos cultivos, na súa maioría de secaño. Por iso, este territorio nunca se caracterizou polo seu desenvolvemento agrícola, actividade marxinal fronte á minería.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]