Jet Time
Jet Time | ||
---|---|---|
IATA JO | OACI JTG | Indicativo JET TIME |
Fundación | setembro de 2006 | |
Frota | 10 | |
Destinos | 53 | |
Páxina web: http://www.jet-time.dk/ |
Jet Time A/S é unha aeroliña danesa que opera voos regulares e chárter. Ten a súa sede en Kastrup, no municipio de Tårnby,[1] e a súa base principal está no aeroporto de Copenhague-Kastrup.
A aeroliña fundouna un grupo de investidores daneses e realizou o seu primeiro voo o 19 de setembro de 2006
Operacións
[editar | editar a fonte]Jet Time opera voos de pasaxeiros e de carga por toda Europa e chárter alugados para aeroliñas regulares (Air Greenland, Scandinavian Airlines ou Norwegian Air Shuttle entro outras). Tamén realiza chárters VIP para clientes como Volkswagen, Mercedes-Benz, FC Copenhagen, Rosenborg BK ou Malmö FF.
En decembro de 2016 anunciouse que Jet Time e Scandinavian Airlines remataban o seu contrato para operar oito ATR 72-600 a comezos de 2017 xa que SAS quería concentrarse en avións máis grandes.[2] Polo tanto os avións, relativamente novos, foron retirados por Jet Time.
Frota
[editar | editar a fonte]En agosto de 2017 a frota de Jet Time estaba formada polos seguintes avións:
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |
---|---|---|---|---|---|
Boeing 737-300 | 3 | — | 148 | ||
Boeing 737-700 | 4 | — | 148 | ||
Frota de Jet Time Cargo | |||||
Boeing 737-400F | 3 | — | Carga | ||
Total | 10 | — |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jet Time (ed.). "Contact". Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ SVD (ed.). "Jettime skär ned – SAS-linjer stängs". Consultado o 10 de novembro de 2017.