James Johnston
Aparencia
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1980 (44 anos) Kilmarnock, Reino Unido (pt) |
Educación | Stow College (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor de cancións, cantante |
Período de actividade | 1995 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Selo discográfico | Beggars Banquet Records |
Familia | |
Irmáns | Ben Johnston |
Sitio web | biffyclyro.com |
James Roberto Johnston (nado o 25 de abril de 1980 en Kilmarnock, East Ayrshire) é un baixista, vocalista e compositor escocés coñecido polo seu traballo coa banda de rock alternativo Biffy Clyro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Johnston naceu e medrou en Kilmarnock co seu irmán xemelgo Ben (batería de Biffy Clyro), e o seu irmán máis novo Adam Johnston (tecnico de batería da banda).
Comezou a tocar o baixo co seu amigo do colexio Simon Neil e o seu irmán Ben nunha banda chamada Screwfish en 1995. A banda acabaríase convertendo en Biffy Clyro e Simon mudouse a Glasgow mentres Ben e James quedaron en Ayrshire. Ao pouco tempo foron descubertos polo representante Dee Bahl e asinaron coa discográfica Beggar's Banquet no ano 2001.