[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Simon Neil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSimon Neil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Irvine, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Prestwick
Queen Margaret University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, cantautor, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBeggars Banquet Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webbiffyclyro.com Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: d534289a-b068-485c-adfc-86f9763a5b6a Discogs: 366661 Allmusic: mn0000728743 Editar o valor en Wikidata

Simon Alexander Neil (nado o 31 de agosto de 1979 en Irvine, North Ayrshire) é un guitarrista e vocalista escocés coñecido polo seu traballo nas bandas Biffy Clyro e Marmaduke Duke.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Simon Neil formou Biffy Clyro en 1995 aos 15 anos de idade recrutando a Ben Johnston e a un batería chamado Barry, facéndose chamar Screwfish. Barry foi substituído ao pouco tempo por James Johnston, o irmán xemelgo de Ben, completándose a formación actual de Biffy Clyro. En 1996, o trío trasladouse a Glasgow, onde Neil estudaba electrónica musical na universidade. Tamén estudou cine e televisión durante un ano antes de adicarse enteiramente á música. No ano 2000, foi vista no escenario de bandas sen selo do festival T in the Park por un representante de Beggars Banquet, e pouco despois acabarían asinando un contrato co selo.

Biffy Clyro leva editados dende entón cinco álbums, asinou cunha grande discográfica, e xirou sen descanso. Neil afirmou que as letras de Biffy Clyro adoitan a saír de frases que escribe nun caderno que ten na súa cama.

Neil tamén toca con JP Reid da banda de Ayrshire Sucioperro en Marmaduke Duke, baixo o seudónimo "The Atmosphere", editando o seu primeiro álbum, The Magnificent Duke, no ano 2005.

O 11 de maio do ano 2009 o dúo editou o seu segundo álbum de estudio, Duke Pandemonium, e na actualidade están traballando na súa continuación (que tamén será o final dunha triloxía), chamado The Death of the Duke.