Jacob Gijsbertus Samuël van Breda
Jacob Gijsbertus Samuël van Breda, coñecido como Jakob van Breda, nado en Delft o 24 de outubro de 1788 e finado en Haarlem o 2 de setembro de 1867, foi un biólogo, naturalista e xeólogo neerlaandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jacob era fillo de Jacob van Breda, un médico, físico e político, e de Anna Elsenera van Campen, que faleceu cando Jakob tiña dous anos.
Estudou medicina e física na universidade de Leiden, obteniendo os graos en medicina e en filosofía en 1811. A continuación marchou a París.
A partir de 1816 e até os primeiro anos da seguinte década, foi profesor de botánica, química e farmacia na universidade de Franeker. En Franeker faise íntimo amigo do influente avogado, administrador e político neerlandés Adriaan Gillis Camper, que era fillo do profesor de anatomía Petrus Camper.
En 1821 casou en Klein Lankum coa terceira filla de Camper, Frederika Theodora Ernestina Camper (1799-1834), que era unha apaixonada científica afeccionada que o acompañou nas súas expedicións con Georges Cuvier en Francia, e con Humphry Davy en Inglaterra; ela ilustraba os espécimes.
A partir de 1822, van Breda foi profesor de botánica, zooloxía e anatomía comparada na universidade de Gante. Alí sería director do Xardín botánico e, en 1825, dá comeno á súa maior obra botánica: Genera et Species Orchidearum et Asclepiadearum, en quince volumes nos que describiu os xéneros das plantas das Indias Orientais Neerlandesas que lle remitían desde a súa capital Batavia )(hoxe Iacarta). Pero debe abandonar este proxecto e o seu cargo en 1830 debido á Revolución belga. En 1825 escribe unha biografía do seu defunto sogro: Levens-schets van Adriaan Gilles Camper.
En 1831 van Breda foi profesor extraordinario de zooloxía e xeoloxía en Leiden. Despois da morte da súa muller o 15 de abril de 1834, volve a casar en 1836 con C. M. Veeren. Como xeólogo, van Breda foi un seguidor do uniformismo.
En 1839 vai a Haarlem onde é designado secretario de Hollandsche Maatschappij der Wetenschappen (Sociedade Holandesa de Ciencias) e director dos gabinetes Palaeontolóxico e Mineralóxico e Físico do Teylers Museum. Nesta última función investigou no campo do magnetismo e da electricidade, e tamén estudou moitos fósiles, entre eles o espécime de Haarlem do Archaeopteryx.
De 1852 a 1855, ás ordes de Thorbecke foi presidente dunha comisión preparatoria da creación da primeira carta xeológica dos Países Baixos. Xa entre 1826 e 1830 tivera algunha experiencia nese campo, cando realizou un mapa xeolóxico dos Países Baixos Austríacos (o que despois serían Bélxica e Luxemburgo). Porén, este último proxecto fracasou.
En 1857 retírase do seu cargo en Leiden e en 1864 das súas funcións en Haarlem, falecendo nesta última cidade, dun infarto, en 1867.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Breda emprégase para indicar a Jacob Gijsbertus Samuël van Breda como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
- A abreviatura Breda emprégase para indicar a Jacob Gijsbertus Samuël van Breda como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Jacob Gijsbertus Samuël van Breda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Matthes, C. J. (1867): "Levensberigt van J. G. S. van Breda", Jaarboek van de Koninklijke Akademie van wetenschappen: 22-32.Ver en liña
- Withers, T. H. (1935): "Catalogue of Fossil Cirripedia in the Department of Geology". Vol. II. Cretaceous, v. 2. – Br. Mus. (Nat. Hist.) Londres: 1-535.
- Bruijn, G. J. de (1969): "J. G. S. van Breda (1788-1867), een vroeg Nederlands geoloog." Grondboor & Hamer, 23, 2: 74-77.
- Leloux, Jacob (2002): "Type specimens of Maastrichtian fossils in the National Museum of Natural History, Leiden." NNM Tech. Bull., 4: 1-40, 4 pls, 1 fig., 1 táboa.