[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Javier Tebas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Tebas

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Xavier Tebas Medrano Editar o valor en Wikidata
31 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
San Xosé (Costa Rica) Editar o valor en Wikidata
Presidente Liga Nacional de Fútbol Profesional
26 de abril de 2013 –
← José Luis Astiazarán
Presidente
1993 – 1998
← Sociedad Deportiva Huesca Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Zaragoza - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, dirixente deportivo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFuerza Nueva Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6298474 Twitter: Tebasjavier Instagram: javier.tebas BNE: XX5435109 Editar o valor en Wikidata

Xavier Tebas Medrano[1], máis coñecido como Javier Tebas, nado en San Xosé (Costa Rica) o 31 de xullo de 1962, é un avogado e directivo español procedente de Huesca, considerado un dos dirixentes máis influentes do fútbol mundial.[2][3] Desde 2013 é o presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional (tamén coñecida como LFP ou LaLiga) tras ser reelixido en decembro de 2023 para un cuarto mandato ata 2027​.[4][5] Tebas prometeu que este será o seu último mandato.[6]

Durante o Foro de La Vanguardia «Defensa del ecosistema futbolístico europeo» en marzo de 2023, o moderador do debate preguntoulle a Javier Tebas se o seu nome real e oficial é «Xavier» en catalán, ao que Tebas respondeu que si. Dixo que toda a súa familia lle chamaba «Xavi» e que na escola tamén lle chamaban así.[7][1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza, foi delegado provincial en Huesca das mocidades de Fuerza Nueva.[8] A súa conexión co fútbol comeza cando é elixido presidente da Sociedad Deportiva Huesca en 1993, cargo que abandonou en 1998.[9] A súa xestión destacou polo ascenso a Segunda División B e a profesionalización das estruturas do club.

A través do seu despacho asesorou en 1998 ao carismático presentador arxentino Marcelo Tinelli na compra do Club Deportivo Badajoz.[10] Cando Tinelli abandonou o proxecto no ano 2000, quedou á fronte da institución pacense durante dous anos ata vendela en 2002 ao empresario portugués Antonio Barradas.[11]

Foi elixido por primeira vez vicepresidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional no ano 2001, como representante do Badajoz. A pesar de ser señalado por algúns como responsable da desaparición do club, a mesma produciuse dez anos despois da súa saída e durante a súa xestión non aumentaron as débedas contraídas.[12][11]

En 2003 foi elixido representante do G-30,[13] grupo que engloba a trinta clubs de Primeira e Segunda División para a negociación conxunta dos seus dereitos audiovisuais en busca dunha repartición máis equitativa.

Nos anos sucesivos asesorou a diversos clubs de fútbol como Mallorca, Betis, Xerez CD (que o demandou pola xestión da súa concurso de acredores[14] e cuxa querela foi desestimada e arquivada definitivamente[15]), Rayo Vallecano, Granada, Real Valladolid e Huesca.[16] Tamén defendeu como avogado ao polémico empresario ucraíno Dmitry Piterman, propietario do Alavés.[17]

O 15 de febreiro de 2013 anunciou que se presentaría ás eleccións á presidencia da Liga convocadas para o 27 de abril,[18] sendo proclamado presidente o 26 de abril, ao ser o único candidato avalado por 32 dos 42 clubs con dereito a voto.[19] O 11 de outubro de 2016 foi reelixido co aval de 37 dos 42 clubs con dereito a voto para un segundo mandato.[20]

En 2014 publicou xunto a Pedro Torrens a súa primeira novela titulada "El fútbol no es así", unha ficción que foi levada á pantalla por Directv en formato de serie.[21]

No mes de xaneiro do 2018 a Serie A italiana realizou unha oferta a Javier Tebas para asumir a dirección da mesma, co obxectivo de aplicar os coñecementos do directivo e investir a tendencia decrecente do fútbol italiano no contexto mundial. Os clubs de LaLiga reaccionaron aprobando por 35 votos dos 42 posibles unha mellora salarial vinculada a unha cláusula de non competencia que impida a fichaxe de Tebas por calquera outra liga do mundo.[22]

En decembro de 2019 foi reelixido para un terceiro mandato ata 2024.[23] En decembro de 2023 foi reelexido para un cuarto mandato ata 2027. E Tebas prometeu que este será o seu último mandato.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Javier Tebas é pai de catro fillos e está casado coa economista Marta Coiduras, que ademais é socia do seu despacho profesional.[24]

  1. 1,0 1,1 ¡Tebas desvela que su nombre real es Xavi!
  2. "Guardiola y Tebas, únicos españoles entre los más influyentes en el fútbol". As. 31 de marzo de 2017. 
  3. "Javier Tebas legisla, ejecuta y juzga en el fútbol español". mallorcadiario.com. 31 de decembro de 2012. 
  4. "LaLiga reelige a Javier Tebas como presidente para su cuarto mandato". Libertad Digital (en castelán). 2023-12-12. Consultado o 2024-02-25. 
  5. "Tebas es reelegido como presidente de LaLiga de forma definitiva". As.com (en castelán). 2023-12-12. Consultado o 2024-02-25. 
  6. "Los objetivos de Javier Tebas en su último mandato al frente de LaLiga". Marca.com (en castelán). 2023-12-14. Consultado o 2024-02-25. 
  7. La intervención completa de Javier Tebas en el Foros de Vanguardia
  8. "Presentación de candidatos y programa electoral de Fuerza Nueva". El Periódico de Huesca. 10 de outubro de 1982. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2020. 
  9. Ferrer, Jaime (20 de maio de 1996). "El Terrassa se queda sin playoff" (PDF). Mundo Deportivo: 39. Al final del choque, el presidente del Huesca, Javier Tebas, anunció su dimisión, aduciendo razones de “cansancio” 
  10. "Tinelli y la aventura argenta". Los Andes. 27 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  11. 11,0 11,1 Axencia EFE (17 de outubro de 2001). "Marcelo Tinelli vendió el Badajoz a un portugués". Terra Networks. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2017. Consultado o 17 de xuño de 2020. 
  12. Clemente Simón, Jeremías (15 de agosto de 1998). "El Badajoz busca una estrella". El País. 
  13. Sanz, Óscar (22 de agosto de 2003). "El G-30 insiste en su plante". El País. 
  14. "Javier Tebas, imputado". Diario de Jerez. 16 de outubro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  15. eldesmarque.com "Desestimada la querella del Xerez contra Tebas", 22/09/2015
  16. Hernández, Javier (28 de xullo de 2012). "Javier Tebas, el hombre de las mil y una caras". AS. 
  17. Ruiz de Equisde, F. (21 de maio de 2012). "Piterman recurre la sentencia que le condena a pagar 6,8 millones al Alavés". El Correo. 
  18. Axencia EFE (15 de febreiro de 2013). "Javier Tebas se presentará a la presidencia de la Liga de Fútbol Profesional". Sport. 
  19. "Javier Tebas, proclamado definitivamente como nuevo presidente de la Liga". Libertad Digital. 26 de abril de 2013. 
  20. "Tebas, reelegido presidente de laLiga: del salvavidas de los clubes de fútbol...". BOLSAMANIA. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  21. ""El fútbol no es así", novela de Javier Tebas, da el salto a la televisión". Mundo Deportivo. Consultado o 17 de octubre de 2018. 
  22. "Aprobado el sueldo de 1,2M€ a Tebas con Real Madrid, Athletic, Celta y dos segundas en contra". Diario As. 13 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  23. "Liga | Javier Tebas, reelegido presidente de LaLiga por tercera vez". RTVE.es (en castelán). 23 de decembro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  24. "Tebas Coiduras | Estudio Legal y Tributario". Consultado o 17 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Luis Astiazarán
 
Presidente de LaLiga
 
2013 - actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Néstor Gavín
 
Presidente da SD Huesca
 
1993 - 1998
Sucesor:
Jesús Viñuales